Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Ten como obxectivo promover a elaboración de presentacións de calidade para a defensa de traballos académicos, TFG, TFM ou teses de doutoramento.

Módulo 2 do Curso 

Habilidades Comunicativas

  • Facilitar a presentación do teu TFG, TFM ou da túa tese. Ese é o obxectivo fundamental deste curso. 

     

    Recoñecemento

    1 ECTS por recoñecemento de competencias transversais (lingua) para todas as titulacións, que contabilizan entre os posibles 12 ECTS por competencias transversais que se poden recoñecer nos graos.

    A USC emitirá un diploma, no cal figurará o número de horas correspondente (25 horas), a aqueles estudantes que asistan con regularidade polo menos ao 80 % das horas.

    Contidos:

    Comunicar: en que consiste unha boa comunicación? Comunicar ciencia.

    Planificar a presentación: cales son os obxectivos, que recursos vou utilizar, en que lugar, cales son as condicións de luz, cales son os medios dispoñibles. 

    Estruturar: ordenar dun xeito coherente os contidos, cohesionar a presentación por medios formais.

    Deseñar: utilizar modelos axeitados, especialmente o da USC. Usar diapositivas que se vexan axeitadamente. A importancia das cores. A busca de bos cointrastes. Tamaño e tipo de letras. Imaxes adecuadas e inadecuadas.

    Falar: unha vez feita a presentación, toca falar diante dun público. Transmitir ciencia con rigor e tamén con paixón.

     

    Algúns exemplos do resultado do curso na xornada de avaliación

    Perspectiva de xénero no ocio nocturno
    María Álvarez Ozón

     

    Salmón Atlántico
    Francisco Gallástegui Baamonde

     

    Que é o tempo
    Xulián Traseira Freire

  • Duración

    25 horas (13 horas de traballo persoal e 12 horas de teledocencia na plataformaTeams). 

    Horario

    Quenda de mañá: Martes e xoves, de 09:00 a 11:00 horas

    Quenda de tarde: Martes e xoves, de 16:30 a 18:30 horas

    Días de clase

    Quenda de mañá: 13, 18, 20, 25 e 27 de marzo; 1 e 3 de abril (a última sesión dedicarase á avaliación)

    Quenda de tarde: 13, 18, 20, 25 e 27 de marzo; 1 e 3 de abril (a última sesión dedicarase á avaliación)

    Custo

    30 €

    Requisitos

    É imprescindible asistir polo menos ao 80 % das horas de teledocencia e cumprir de xeito satisfactorio e en prazo todas as tarefas propostas na plataforma virtual

    Para o aproveitamento do curso é recomendable unha competencia en lingua galega equivalente ao nivel Celga 4 dado que o galego será a lingua instrumental do módulo, tamén para o alumnado.

    Prazas

    25 prazas. O curso poderá ser suspendido de non se acadar un mínimo de 10 participantes.

    Profesorado

    Manuel Bermúdez Blanco

    Prazo de matrícula

    Dende o día 05 ao 11 de marzo

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2025.