Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Ten como obxectivo mellorar a presentación oral dos traballos académicos, TFG, TFM e teses de doutoramento.

Módulo 3 do Curso 

Habilidades Comunicativas

  • O obxectivo deste módulo é mellorar a presentación oral dos traballos académicos, TFG, TFM e teses de doutoramento. 

    Recoñecemento

    1 ECTS por recoñecemento de competencias transversais (lingua) para todas as titulacións, que contabilizan entre os posibles 12 ECTS por competencias transversais que se poden recoñecer nos graos.

    A USC emitirá un diploma, no cal figurará o número de horas correspondente (25 horas), a aqueles estudantes que asistan con regularidade polo menos ao 80 % das horas.

    Contidos

    • Habilidades sociais e comunicativas (combater o medo a falar en público, dominar a linguaxe non verbal, a asertividade...)
    • Competencias discursivas orais (comprender os conceptos de adecuación, coherencia, cohesión aplicados á oralidade; argumentación, argumentación científica e falacia).
    • Competencias lingüísticas orais
      1. Comunicar, unha habilidade que se desenvolve. A captatio benevolentiae ou a arte de atraer a atención.
      2. Elementos para unha mensaxe eficiente: adecuación, coherencia, cohesión e gramaticalidade
      3. O discurso espontáneo: realidade ou mito?
        • A importancia da preparación.
        • A estrutura tipo.
        • O desenvolvemento do discurso. O tempo.
        • Da escrita á oralidade: a exposición do discurso.
        • O importante: crear o hábito.
      4. Falar a través do corpo: a linguaxe non verbal.
      5. Buscando aliados: a voz.
        • A entoación.
        • Os rexistros de voz.
        • O timbre.
        • Volume e velocidade.
      6. Tipos de discurso. Tipos de argumentacións. Argumentos. Responder con eficacia.
      7. Como expoñer e defender oralmente un traballo académico.
  • Duración

    25 horas 

    (13 horas de traballo persoal e 12 horas de teledocencia na plataforma Teams).

    Horario

    Quenda de maña: Martes e xoves, de 09:00 a 11:00 horas

    Quenda de tarde: Martes e xoves, de 16:30 a 18:30 horas

    Días de clase

     Quenda de mañá: 8, 10, 22, 24 e 29 de abril; 6 e 8 de mayo (a última sesión dedicarase á avaliación)

     Quenda de tarde: 8, 10, 22, 24 e 29 de abril; 6 e 8 de mayo (a última sesión dedicarase á avaliación)

    Custo

    30 €.

    Requisitos

    É imprescindible asistir polo menos ao 80% das horas de teledocencia e cumprir de xeito satisfactorio e en prazo todas as tarefas propostas na plataforma virtual.

    Para o aproveitamento do curso é recomendable unha competencia en lingua galega equivalente ao nivel Celga 4 dado que o galego será a lingua instrumental do módulo, tamén para o alumnado.

    Prazas

    25 prazas. O curso poderá ser suspendido de non se acadar un mínimo de 10 participantes

    Profesorado

    Noelia Amado Corbacho

    Prazo de matrícula

    Dende o 01 ao 04 de abril

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2025.