Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Co-financiado pola UE
Os servizos, departamentos, grupos de investigación ou outras unidades da USC poden admitir estudantes de Prácticas Erasmus+

O programa Erasmus+ permite a realización de prácticas en empresas ou institucións, coa finalidade de contribuír a que as persoas se adapten ás esixencias do mercado laboral a escala comunitaria, adquiran aptitudes específicas e melloren a súa comprensión da contorna económica e social do país en cuestión, ao mesmo tempo que adquiren experiencia laboral. 

A concesión das Prácticas Erasmus+ realízase na universidade de orixe e o estudantado beneficiario pode escoller o lugar onde facer as prácticas sen necesidade de que exista un convenio bilateral Erasmus+ coa institución de envío, polo que a USC pode recibir candidaturas directamente de estudantes nos seus distintos servizos e departamentos.

  •  

    • As candidaturas deben dirixirse directamente á unidade correspondente aínda que a Oficina de Mobilidade pode proporcionar orientación no funcionamento do programa.
    • Se estudante e centro de traballo están de acordo en realizar as prácticas, deben asinar a documentación de Prácticas Erasmus+ proporcionada pola Universidade de orixe. 
    • Se se enmarcan no ámbito da investigación, as persoas en prácticas terán que ser rexistradas no Rexistro de Investigadores Visitantes da USC. 
  •  

    O alumnado de universidades estranxeiras interesado en realizar prácticas na Oficina de Mobilidade pode contactarnos a través de erasmus.practicas@usc.gal por se existe algunha vacante aberta en algún dos nosos Campus.

     

     

  • Oficina de Mobilidade

    Oficina de Santiago

    Oficina de Mobilidade

    Oficina de Lugo