Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Programa de mobilidade para estudantes procedentes de universidades de países extracomunitarios cos que existen convenios bilaterais

 

Se desexas estudar na USC durante un ou dous semestres como estudante de intercambio por convenio bilateral é preciso que a túa universidade teña convenio connosco e teñas sido nomeado/a como candidato/a á mobilidade.

Enderezo electrónico de contacto: bilateral.exchange@usc.gal

  • Todo o proceso realízase por vía electrónica. A universidade de orixe presentará as súas candidaturas unicamente a través do correo electrónico antes do 15 de maio para o semestre de outono e do 15 de outubro para o de primavera. Na nomeación especificaranse os seguintes datos do estudantado:  

    • Nome completo segundo aparece no pasaporte ou documento de identidade
    • Enderezo de correo electrónico
    • Titulación de interese entre a nosa oferta de Grao
    • Período do intercambio.

    Cando teñamos rexistrado as candidaturas, os/as estudantes recibirán un e-mail co acceso á nosa plataforma online, para completar a inscrición seguindo as instrucións que se indican aquí: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional/mobilidade-estudantes/convenio-bilateral-entrantes-instrucions-inscricion

     Documentos requeridos

    • Acordo de estudos no que consten as materias que pretenden ser cursadas na USC na oferta de Grao e as equivalentes en orixe. É moi importante que se seleccionen as materias que se imparten no semestre do teu intercambio (1SG para estancias de setembro a xaneiro e 2SG de xaneiro a maio).
    • Certificación académica, no que consten as materias cursadas ata a actualidade en orixe e cualificacións
    • Carta de motivación que xustifique o interese en estudar na Universidade de Santiago de Compostela
    • Pasaporte 

    O prazo límite para rematar as candidaturas online é 31 de maio para o semestre de outono e 31 de outubro para o de primavera. A partir de entón analizaranse os documentos e, de estar todo correcto, xerarase una carta de aceptación dixital que permitirá ir preparando a viaxe.

    Campus en dúas cidades:: Santiago de Compostela e Lugo

    A Universidade de Santiago de Compostela conta con campus en dúas cidades diferentes: Santiago e Lugo, que ofrecen estudos de grao diferentes, como se menciona aquí. Non poden escollerse materias dos dous campus e, dado que as dúas cidades encóntranse a 100 km e non contan con comunicación moi fluída entre elas, tes que vivir na cidade na que estudes. 

  • Idioma de enseñanza
    En xeral as titulacións da USC impártense en español e galego 

    Requisitos lingüísticos

    • B1 de español (intermedio) para a maioría das titulacións
    • B2 para as titulacións da Facultade de Filoloxía e algúns mestrados
  • Oficina de Mobilidade

    Oficina de Santiago

    Oficina de Mobilidade

    Oficina de Lugo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2025.