Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
O Centro de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC e o Concello de Santiago promoven os Cafés do CIFEX
Cafes do CIFEX

O obxectivo destas sesións divulgativas de periodicidade mensual é a coñecer en sociedade a vitalidade das investigacións en marcha, evitando o ensimesmamento do academicismo ao pór os resultados ao servizo da cidadanía e mostrando, ao tempo, que moitas investigadoras cuxo traballo é coñecido en circuítos especializados son descoñecidas aínda na sociedade galega, que procura referentes noutras xeografías.

 

 

  • Diríxense a un público amplo, que comprende desde profesorado e estudantado universitario galego (dentro e fora da USC) a profesorado de Ensino Medio ou Primario e a variados perfís profesionais de persoas interesadas na perspectiva de xénero e na súa implicación nos últimos avances de coñecemento, con especial atención ás posibilidades de participación dese público nas investigacións posteriores no que se chama ciencia cidadá.

    A actividade Cafés do CIFEX realízase os primeiro mércores de cada mes na Facultade de Filosofía.

     

  • Sesión con aixa permuy

    Profesora da Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e integrante do CIFEX

    • Data: 1 de febreiro das 14h ás 16h.
    • Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
    • Conferencia: Tempo-espazo para os afectos e os coidados na USC.

    Sesión con Manuela Palacios

    Profesora titular da Área de Filoloxía Inglesa da USC e integrante do CIFEX

    • Data: 1 de marzo das 14h ás 16h.
    • Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
    • Conferencia: A ler Virginia Woolf.

    Sesión con Sara Calvete

    Investigadora en Formación e Contratada Predoutoral no Grupo de Estudos Audiovisuais do Departamento de Comunicación da USC e integrante do CIFEX

    • Data: 12 de abril das 14h ás 16h.
    • Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
    • Conferencia: Metodoloxía para despezar os corpos femininos na pantalla de cinema.

    Sesión con Melania Domínguez Benítez

    Investigadora en Formación da Universidade das Palmas de Gran Canaria

    • Data: 3 de maio das 14h ás 16h
    • Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía
    • Conferencia: Vulnerabilidad LGBT: Repensar los cuidados frente a la necropolítica

    Sesión con María José Rodríguez Jaume

    Profesora da Universidade de Alacante

    • Data: 8 de xuño das 12h ás 14h.
    • Lugar: Aula 8 da Facultade de Filosofía
    • Conferencia: Innovación de xénero: da investigación e o coñecemento científico á igualdade de xénero

    Sesión con Saleta de Salvador Agra

    Profesora axudante doutora da Universidade Complutense de Madrid

    • Data: 5 de xullo das 12h ás 14h.
    • Lugar: Seminario Mead da Facultade de Filosofía
    • Conferencia: Bromas aparte: inxustizas performativas.

    Sesión con Victoria Aragón García

    Profesora axudante doutora da Universidade de Granada

    • Data: 13 de setembro das 18h ás 20h.
    • Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
    • Conferencia: Xénero e violencia nas relacións adolescentes.

    Sesión con Enrique Latorre

    Profesor da área de Lóxica e Filosofía da Ciencia e integrante do CIFEX

    • Data: 4 de outubro das 18h ás 20h.
    • Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
    • Conferencia: Os estudos feministas da ciencia e da tecnoloxía.

    Sesión con Pablo Soto

    Estudante do P.D. Marketing Político, Actores e Institucións nas Sociedades Contemporáneas

    • Data: 8 de novembro das 18h ás 20h.
    • Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
    • Conferencia: O proceso de incelificación na cultura.

    Sesión con Milena Villar

    Profesora da profesora da área de Didáctica e Organización Escolar  e  integrante do CIFEX

    • Data: Pendente
    • Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
    • Conferencia: Pedagoxías feministas ecoanimais, entre a teoría e a práctica.

     

     

     

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2023.