Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
microcredencial saúde relacional

Apreciadas as carencias en saúde relacional: vínculos amorosos e sexuais, desexo, voluntariedade, consentimento e comunicación,  estratexias e técnicas de seguranza en sexualidade non convencional e para prácticas corporais extremas, preténdese con este curso, constituir un espazo de reflexión colectiva sobre saúde relacional, presentándose ferramentas para o desenvolvemento dun pensamento crítico que reforce a adquisición de competencias para a toma de decisións conscientes, baseadas na voluntariedade e o desexo, e para un afrontamento satisfactorio da vida vincular e sexual.

  • Obxectivos 


    1. Colectivizar as ideas preconcibidas, os estereotipos e prexuízos, estimulando a súa análise e transformación, -persoal e grupalmente- 
    2. Apoderar á mocidade, buscando liberalxs de posibles restricións asociadas a calquera categoría social ou corporal encarnada: sexo-xénero, orientación sexual, orixe étnica, poder adquisitivo, aspecto... 
    3. Educar ás persoas na busca da liberdade, potenciando a conciencia, o pensamento crítico, a voluntariedade e o desexo, á vez que o sentimento de interdependencia e unha actitude coidadosa coas outras persoas 
    4. Contribuír ao desenvolvemento de competencias afectivas chave para a saúde relacional: a conciencia sensible, a regulación, a autonomía crítica, a comunicación -expresiva e receptiva- e a toma de decisións. 
    5. Previr as violencias sexuais, así como posibles condutas de risco, promovendo estratexias e técnicas de seguranza en prácticas sexuais alternativas.

    Contidos

    • Saúde relacional: vínculos amorosos e sexuais
    • Desexo, voluntariedade, consentimento e comunicación
    • Estratexias e técnicas de seguranza en sexualidade non convencional e para prácticas corporais extremas

    Metodoloxía


    Constituirase un espazo de reflexión colectiva sobre saúde relacional, centrado, máis concretamente, nos vínculos amorosos e sexuais, na sexualidade non convencional e nas prácticas corporais extremas. Tamén, presentaranse ferramentas para o desenvolvemento dun pensamento crítico que reforce a adquisición de competencias para a toma de decisións conscientes, baseadas na voluntariedade e o desexo, e para un afrontamento satisfactorio da vida vincular e sexual.
    Ao longo de 5 sesións -de 3 horas de duración cada unhalevaranse a cabo actividades e dinámicas moi diversas: de expresión verbal e non verbal, xogo grupal, análise de obxectos e prácticas culturais, debates, etc.; adaptándonos ás características, necesidades e intereses das persoas participantes, en consonancia cos obxectivos do obradoiro e desde unha perspectiva queer emancipadora e libertaria.
    Idioma: Galego.
    Titorías: Non se prevén.

    Docentes

    • Aixa Permuy: profesora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e membro do CIFEX.
    • Enrique Latorre; profesor e investigador da Universidade de Santiago de Compostela e membro do CIFEX.
    • Lorena Boquete: psicóloga, sexóloga e técnica en promoción de igualdade, traballa actualmente no centro de crises 24h de Ferrol para víctimas de violencia sexual.
       
  • Datas e horario:  2, 9, 22, 23 e 29 de abril, de 16:00 a 19:00 h

    Lugar: Aula 6-7 do módulo C2 da Facultade de Ciencias da Educación, Campus vida da USC

    Número de horas:  15 horas

    Prazas: 25

    Matrícula: do 21 ao 25 de marzo de 2025 na seguinte ligazón da usc virtual

    1. Na páxina principal no apartado de matrícula da columna esquerda, débese marcar a opción Matrícula
    2. Na seguinte pantalla, marcar  a OPCION   8 (alumnado que desexa facer a matrícula en estudos propios)
    3. A continuación,  aparecerá  o curso no que está admitido e deberá seguir os pasos que lle indica a aplicación ata terminar o proceso da matrícula. Lembre que o curso é gratuíto, polo que non debe facer ningún pagamento;  aínda que apareza a opción, poderá continuar co proceso sen realizar pago ningún. 
       
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.03.2025.