Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Mergullarémonos dun xeito práctico e cooperativo nunha ferramenta esencial para a difusión aberta da ciencia na USC como é o repositorio Minerva.
 A perspectiva de xénero na ciencia aberta

A Biblioteca Universitaria e a Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela crearon no 2023 a colección Oficina de Igualdade de Xénero no repositorio institucional da USC Minerva. Esta colección busca reunir traballos galardoados nos Premios de Perspectiva de Xénero na USC, teses, TFGs e TFMs sobre esta temática, e libros e artigos do persoal investigador da USC que traballa en moi diversos ámbitos do coñecemento. 

Adiantándonos á celebración do Día das Bibliotecas, que ten lugar todos os 24 de outubro, e tendo en conta que estamos no mes do acceso aberto, propoñemos unha xornada que terá como obxectivos dar a coñecer a colección e propoñer un exercicio colectivo de autoarquivo para enriquecela dun xeito lúdico e colaborativo. Aprenderemos sobre investigación con perspectiva de xénero e achegarémonos ás prácticas da ciencia aberta.

  • PROGRAMA

    Data: 19 de outubro de 2023, de 10:00 a 13:30

    Lugar:  Sala Luisa Cuesta da Biblioteca Concepción Arenal.

    10:00h – 11:10h.

    • Apertura e presentacións. Marta Pérez Pereiro (Delegada do Reitor para a Igualdade), Mabela Casal Reyes (Directora Biblioteca Universitaria)
    • Ciencia e perspectiva de xénero. Teresa Moure Pereiro (Directora do CIFEX).
    • Ciencia aberta e servizos da BUSC.  Lorena Gómez Méndez e Conchi Méndez García (Persoal técnico da Biblioteca Universitaria).

    11:10h.-11:30h.- PAUSA CAFÉ

    11:30h. -13:00h.

    • Mergullémonos en Minerva: obradoiro de autoarquivo. Lorena Gómez Méndez e Conchi Méndez García.

    13:00h.-13:30h.

    • As investigadoras preguntan. Rolda de preguntas e achegas das participantes no seminario. Moderan: Marta Pérez Pereiro, Mabela Casal Reyes
  •  

    Entregarase diploma acreditativo de asistencia. 

    Prazo de inscrición do 2 de outubro ao 10 de outubro.

    A admisión realizarase por orde de inscrición. As persoas admitidas recibirán un correo electrónico de confirmación.

Avaliación do III PEIOMH. 2022

Resultados da avaliación do ano 2022 do III Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC (2021-2024)

Avaliación do III PEIOMH. 2021

Resultados da avaliación do ano 2021 do III plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC (2021-2024)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.10.2023.