Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Actividades formativas en igualdade do Programa de Formación e Innovación Docente e do Programa de Formación para o PAS.
Cartel de Santiago

En 2016, a Universidade de Santiago de Compostela aprobou o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero. Esta actividade de formación pretende achegar o protocolo ao PDI e o PAS do Campus de Santiago.

  • Obxectivos

    • Comprender o concepto de acoso sexual, acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero e as súas principais características.
    • Coñecer e afondar no Protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC.
    • Descubrir a percepción social e a realidade do fenómeno no ámbito universitario.
    • Deseñar unha proposta de prevención.

    Contidos

    1. O acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero.

    • Concepto.
    • Delimitación lexislativa e modelos teóricos.
    • Tipoloxía.
    • Persoas involucradas.
    • Acoso na universidade.

    2. Protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC.

    • Obxectivos.
    • Conceptos.
    • Persoas destinatarias.
    • Órganos competentes.
    • Procedemento.
    • Comportamentos constitutivos de acoso na USC.

    3. Percepción e situación actual.

    Metodoloxía

    A metodoloxía será activa e participativa, combinando a exposición de contidos por parte da responsable da actividade co traballo das persoas asistentes á mesma, ben de maneira individual ou en pequeno grupo.

    Docentes

    Milena Villar Varela. Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.

    Colectivo ao que vai dirixido

    Persoal Docente e Investigador e Persoal de Administración e Servizos do Campus de Santiago.

    Duración

    A duración do proceso formativo será de 6 horas (4 presenciais e 2 non presenciais).

  • Datas de celebración e lugar de celebración

    • 20 de outubro de 2022 das 10:30 ás 13 h
    • 27 de outubro de 2022 das 10:30 ás 12 h.

    Aula 19. Facultade de Dereito.

    Matrícula

    • Programa de Formación e Innovación Docente Matrícula
    • Programa de formación para o PAS Solicitude
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2022.