Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Desde 2013, as oficinas de igualdade de xénero das universidades galegas colaboramos para facer realidade a XUGeX, punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero.
VIII XUGeX

A oitava edición céntrase en reflexionar sobre a orixe e evolución da orde política patriarcal e o seu impacto na andamiaxe cultural, institucional e cognitiva da nosa sociedade e das nosas universidades.

Nestas xornadas preténdese reflexionar, dende unha mirada crítica feminista, sobre o actual contexto multicrise (guerra en Europa, crise medioambiental, feminización global da pobreza, crise financieira, etc) e o impacto que está a xerar na violencia de xénero e machista, na ciencia e na academia e tamén nos contidos docentes universitario.

 

  • Obxectivos:

    • Impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de calidade académica.
    • Intercambiar experiencias entre o persoal docente e investigador que xa integre a perspectiva de xénero na súa práctica docente e/ou investigadora e quen teña interese en incorporala.
    • Potenciar experiencias innovadoras que inclúan a perspectiva de xénero como un eixe de traballo.
    • Promover a creación de redes de colaboración multidisciplinares para integrar a perspectiva de xénero na actividade universitaria.

    Nesta edición centrámonos en visibilizar o impacto do actual escenario multicrise nos ámbitos da violencia de xénero e da traxectoria investigadora das mulleres; así como a importancia da aposta por unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.

    Áreas temáticas:

    • Violencias contra as mulleres.
    • Mulleres, ciencia e investigación.
    • Perspectiva de xénero na docencia universitaria.
  • 9 de xuño de 2023

    Universidade de Vigo. Edificio Redeiras. Campus de Vigo

    • Prazo límite para presentar propostas: ampliamos o prazo ata o 8 de maio.

    A presentación de propostas será a través do envío do formulario de comunicación aos seguintes enderezos electrónicos, dependendo da área temática:

    Inscrición gratuíta

    Entregarase diploma acreditativo de asistencia ás persoas inscritas. Será remitido por correo electrónico. 

    Fin de prazo de inscrición: 10 de maio de 2023

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.11.2023.