Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Esta actividade de formación, reflexión e debate terá lugar os días 30 de setembro e 1 de outubro, en horario de tarde, no edificio Redeiras da Universidade de Vigo. Hai prazas limitadas que se asignarán por orde de inscrición.
Cartaz das xornadas

O obxectivo destas xornadas internacionais deseñadas e impulsadas desde os servizos de igualdade da Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a través dos fondos do Plan corresponsables, son as masculinidades coidadoras (caring masculinities), que poñen en valor o traballo dos coidados e tratan de crear as posibilidades para fomentar que os homes se impliquen activamente neles.

  • Datas: 30 de setembro e 1 de outubro do 2024

    Lugar: Edificio Redeiras da Universidade de Vigo

    Horario: das 16:00 ás 20:15 horas

    Inscricións nesta ligazón

    Máis información aquí

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.08.2024.