Ir o contido principal
VII Edición.
Cartel do VII certame

Co Certame de fotografía Ruth Matilda Anderson téntase promover a igualdade dentro e fóra da comunidade universitaria, sacando á luz o labor que desenvolven as mulleres na sociedade e que historicamente se veu invisibilizando e deconstruíndo, na medida do posible, os estereotipos de xénero respecto dos traballos que son propios de mulleres e os que o son de homes, ao mesmo tempo que se motiva a facer unha escolla da carreira profesional dun xeito máis libre e vocacional.

Coa elección de Ruth Matilda Anderson para dar nome a este proxecto lémbrase a unha muller que fixo un traballo importante nun campo tradicionalmente desenvolvido por homes e préstase atención á súa obra na que salientan os retratos que Anderson fixo das mulleres galegas dos anos 20 do pasado século.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2022.