Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Actividades do 11 de febreiro
Obradoiro Buscando estrelas. Unha enxeñeira ou científica en cada cole

Para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, promóvese un programa de actividades de sensibilización na USC

  • A Asemblea Xeral de Nacións Unidas decidiu proclamar, en 2015, o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e para lograr ademais a igualdade de xénero e o seu empoderamento.

  • Unha enxeñeira ou científica en cada cole. 8ª edición

    • Obxectivo: visibilizar referentes femininos nas disciplinas coñecidas como CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) mediante a realización de obradoiros.
    • Dirixido: alumnado de 4.º Primaria.
    • Data: ao longo dos meses de febreiro e marzo.
    • Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero, coa colaboración do concello de Santiago. 
    • Máis información: Unha enxeñeira ou científica en cada cole

    CientífiQas: ciencia feita por mulleres no CiQUS

    IV  Masterclass de Física de Partículas

    • Obxectivo: Promover o acceso e participación plena e equitativa das rapazas no ámbito científico. 
    • Dirixido: alumnas de 1.º de Bacharelato.
    • Data e lugar: 10 de febreiro de 2023 na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
    • Inscrición previa: Formulario de inscrición
    • Organiza: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).
    • Máis información: Masterclass de Física de Partículas 

    Simposio: o potencial das mulleres na investigación e na comunicación da ciencia para a vida cotiá coa orientación dos ODS

    • Obxectivo: conectar as boas prácticas de mulleres investigadoras e divulgadoras científicas da USC e Universidade de Aveiro.
    • Dirixido: alumnas dos IES Virxe do Mar de Noia, IES Poeta Añón de Outes e IES Xelmírez I de Santiago de Compostela.
    • Data e hora: 10 de febreiro a partir das 10.30 horas.
    • Lugar: Coliseo Noela, Noia.
    • Organiza: Proxecto Climántica. USC. Grupo SEPA-Interea; Fábrica Centro Ciencia Viva da Universidade de Aveiro, Portugal; coa colaboración do IES Virxe do Mar de Noia e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática (CITMaga).
    • Máis información

    Coloquio telemático sobre a carreira investigadora das mulleres

    • Obxectivo: coloquio telemático no que integrantes do grupo de innovación docente do Campus de Lugo de diferentes áreas de coñecemento e xeracións distintas achegan as súas experiencias a alumnado non universitario.
    • Dirixido: alumnado de infantil, primaria e secundaria de toda Galicia
    • Data: 10 de febreiro ás 12 horas a través da canle de YouTube de XuvenCiencia
    • Organiza: Grupo XuvenCiencia

    Realización de fotos

    • Obxectivo: visibilización das mulleres investigadoras da facultade (profesoras, bolseiras, etc.) nos seus laboratorios.
    • Datas: nas pantallas da Facultade dende o día 10 de febreiro.
    • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Ciencias.

    Nomeamento do aulario "María Teresa Villarino Valdivieso"

    • Acto de nomeamento do aulario "María Teresa Villarino Valdivieso", primeira Enxeñeira de Montes de Galicia. Amadriñado pola catedrática Mª Isabel Fernández García.
    • Data e lugar: 10 de febreiro. Aulario 1 da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE).
    • Organiza: Comisión de Igualdade da EPSE.

    Exposición “A Muller e a Nena na Enxeñaría e na Ciencia”

    • Datas e lugar: dende o 10 de febreiro. Pavillón 3 da  Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.
    • Organiza: Comisión de Igualdade da EPSE.

    Retratos 11F 'Campaña Somos Quen: Científicas preto de Ti'

    • Obxectivo: visibilizar o labor e a traxectoria das investigadoras do CiTIUS para compartir con elas a súa experiencia a través dunha serie de relatos de proximidade.
    • Data: dende o 11 de febreiro.
    • Organiza: CiTIUS

    Living Science - Investigadoras contra o cancro

    • Obxectivo: ofrecer á mocidade obradoiros de nutrición, extracción de ADN e ilusións sensoriais nos que poidan coñecer os conceptos básicos sobre a pirámide alimentaria, os compoñentes do sangue, como medir a temperatura corporal sen usar termómetro e realizar outros experimentos sobre coñecemento e memoria.
    • Día e hora: o luns, 13 de febreiro de 10.00 horas a 14.00 horas e de 15.30 horas a 17.00 horas no CiMUS
    • Organiza: CiMUS e Asociación Española contra o Cancro
    • Máis información na web do CiMUS

    ULTRAVIOLETAS II: Camiñando Xuntas cara a Igualdade na Academia

    • Obxectivo: afondar nos desafíos que as mulleres teñen que afrontar ao longo dunha carreira científica ou académica.
    • Dirixida: a toda a comunidade universitaria.
    • Día e lugar: 14 de febreiro de 19:00 a 21:00. Aula 1 da facultade de Filosofía.
    • Organiza: Grupo de divulgación Luzada da Facultade de Óptica e Optometría coa colaboración da Facultade de Filosofía da USC.
    • Máis información: @luzada_usc

    Relatorio "Perspectiva de Xénero na Ciencia"

    • No marco do ciclo de conferencias “Reactiva a túa Química”
    • Relatora:  Mª Encina Calvo Iglesias, profesora de Física Aplicada da USC.
    • Data e lugar: 15 de febreiro. Aula Magna da Facultade de Química.
    • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Química.

    Mesa redonda “Biólogas: tres experiencias no estudo da natureza”

    • Relatoras: Sara Vázquez Mera,  Carola Gómez Rodríguez e María Isabel Rodríguez-Moldes Rey.
    • Data e horario: 15 de febreiro ás 17:30h. Salón de Grados da Facultade de Bioloxía.
    • Organiza: Facultade de Bioloxía.

    Relatorio "O Telescopio Espacial James Webb: ollando cara atrás no tempo"

    • Relatora: Mª Begoña Vila Costas, enxeñeira de Sistemas de Instrumentación na NASA Goddard Space Flight Centre.
    • Datas e lugar:  16 de febreiro ás 12:15h. Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).
    • Organiza: Comisión de Igualdade da ETSE.
    • Inscrición: https://forms.office.com/e/ub0RHmsKb9

    Día 11F - Plan Complementario Biotecnología

    • Obxectivo: vídeos das investigadoras do Plan Complementario de Biotecnoloxía Aplicada á Saúde que comparten a súa experiencia para que as nenas e outras mulleres escollen tamén o camiño da ciencia.
    • Mabel Loza, catedrática de Farmacoloxía da USC: https://www.youtube.com/watch?v=ll8_OS0b4j4

    Difusión do vídeo de presentación do libro "Mulleres na Química"

    • Autoría: Sergio Menargues Irles, profesor de Química do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Alacante.
    • Vídeo: https://www.colquiga.org/libros
    • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Química.

    Obradoiro 'O uso do xogo e a arte para educar na enxeñaría dende a infancia'

    • Obxectivo: achegar a idea de enxeñaría ao alumnado de educación infantil e primeiros cursos de educación primaria, relacionando a súa vida e os seus xogos cotiás co mundo da enxeñaría desde una visión igualitaria, e sen utilizar, necesariamente, a tecnoloxía no proceso da aprendizaxe.
    • Dirixido: alumnado de educación infantil e primaria
    • Organiza: CiTIUS
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2023.