Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
IV edición.
Cartel do concurso de relatos

A Universidade de Santiago de Compostela, a través da Oficina de Igualdade de Xénero, convoca o IV Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero, financiado con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio de Igualdade).

    • Dirixido: a todo o alumnado das titulacións de grao, máster e doutoramento matriculado na USC no curso 2022-23.
    • Formato: Relatos curtos en galego e formato PDF, orixinais inéditos, cunha extensión máxima de 1000 palabras (incluído o título) e temática relacionada coa violencia contra as mulleres.
    • Prazo de presentación: ata o 15 de outubro de 2022.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.12.2022.