USC Editora é un selo comercial da Universidade de Santiago de Compostela, creado en 2009 e rexistrado como Marca da Unión Europea, que, dentro do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, dá cabida a unha serie de edicións financiadas por este e, polo tanto, sometidas a un sistema propio de avaliación confidencial por pares externos á Universidade de Santiago de Compostela
O selo USC Editora está aberto a autores e investigadores de todas as universidades, aínda que, por razóns financieiras, dá prioridade a orixinais provenientes da Universidade de Santiago de Compostela.
USC editora é un selo certificado dende 2014 coa norma UNE-EN ISO 9001:2015 como Sistema de Xestión da Calidade - Quality Management System polo Rexistro de Empresa de AENOR e IQNet. No cadro das esixencias do sistema, auditado anualmente, establécense obxectivos de calidade que son revisados permanentemente e, coa implicación de todo o equipo de traballo do SPIC na súa consecución, perséguese mellorar de forma continua a eficacia e eficiencia dos procesos que rexen o selo.
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
- SPIC. Casa Grandín
- Campus Vida, 15782Santiago de Compostela
- 881 815 010