- Data de publicación
- Data de solicitude
- Prazo de resolución
A USC, para valorar e apoiar o traballo realizado polos estudantes que se incorporan dende os estudos de ensino secundario, conta cunha liña de axudas para aqueles que se teñan clasificado nas Olimpíadas de Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Economía, Informática, Xeografía, Estatística e Filosofía nunha das súas fases: nacional, autonómica ou local.
As persoas beneficiarias deberán destinar o importe da axuda á compra de material bibliográfico ou de material e equipamento informático, para contribuír a un mellor aproveitamento académico na titulación na que estean matriculados.
Poderán solicitar estas axudas da USC, todo o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
- Estar matriculado por primeira vez no curso académico 2024/2025 en calquera das titulacións oficiais impartidas nos centros da Universidade de Santiago de Compostela.
- Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2023-24.
- Terse clasificado nun 1.º, 2.º ou 3.º posto en calquera das fases locais ou autonómicas ou, nun 1.º a 10.º posto na fase nacional, nalgunha das Olimpíadas de Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Economía, Informática, Xeografía, Estatística e Filosofía celebradas ao longo do curso 2023-24.
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
- Pavillón Estudantil, 1.º andar
-
Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 814574 881 814560 881 814525
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
- Pavillón Estudantil, 1.º andar
-
Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 814574 881 814560 881 814525