Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Procedemento para o rexistro dunha asociación estudantil.

Para o rexistro dunha asociación estudantil hai que presentar no Rexistro Electrónico da USC unha solicitude acompañada dunha serie de documentación.

  • A documentación necesaria para inscribirse é:

    1. Impreso de solicitude de inscrición da Asociación dirixido á Vicerreitoría de Estudantes.
    2. Acta fundacional asinada por todos os membros que a constitúen.
    3. Estatutos asinados, nas marxes de todas as súas follas, por todos os membros que constitúen a Asociación.
    4. Certificado de inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.
    5. Compoñentes da xunta directiva cos seus datos identificativos.
    6. Domicilio social a efectos de notificación. A asociación terá como domicilio social, preferentemente, algún local da USC. De ser así, achegarase autorización do Decano/a, Director/a do centro, e, se o local está situado nunha residencia ou colexio maior, autorización do Director/a do mesmo, coa dirección correspondente aos efectos de comunicación.
    7.  Declaración asinada polo presidente/a de que se se produce algún troco na xunta directiva, no enderezo, no número de teléfono, a extinción da Asociación, ou en calquera outro dato, se comunicará á Vicerreitoría de Estudantes.
    8. Declaración do presidente/a da asociación do número dos seus asociados.

     

    • Asemblea de Humanidades
    • Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC)
    • Asociación Cultura e Solidariedade
    • Asociación de Estudantes de Medicina da USC
    • Asociación de Estudantes de Odontoloxía de Santiago (AEOS)
    • Asociación de Estudiantes de Intercambio de Santiago de Compostela
    • Asociación Grupos Bíblicos da Universidade de Santiago de Compostela
    • Asociación Investigadores AgroMar
    • Asociación IV Ciclo Universitario
    • Asociación Universitaria Arosa
    • Club Debate Compostela
    • Comunidad Médica en Formación (CoMeF)
    • Erguer. Estudantes da Galiza
    • Finance Association (FAU)
    • Grupo Universitario de Etología Clínica Aplicada (GUECA)
    • LUZADA
    • Medicina Intercambios Galicia
    • Rede Galega de Estudantes e Persoal Investigador Predoutoral de Farmacia (REGEIFAR )
  • Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado

    Pavillón Estudantil, 1.º andar
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.12.2024.