Ir o contido principal

Ciclo de conferencias: Financiación da carreira investigadora

Relatorio: European and American options for developing a research career

03.11.2022 | 16.30h-17.30h

MSTEAMS

Obxectivos

Proporcionar aos alumnos un asesoramento práctico ao comezar as súas carreiras científicas, sobre os distintos recursos estatais e privados aos que poden concorrer, para financiar a súa investigación e o desenvolvemento da súa carreira científica, na contorna da UE e en Estados Unidos

Contidos

Información práctica sobre a carreira científica e académica. Oportunidades de financiamento (convocatorias públicas e privadas en Europa e Estados Unidos). Criterios para elixir un supervisor e unha universidade. Requisitos das distintas convocatorias.

Programa-Mesa redonda

A idea é que un investigador novo, que está a desenvolver a súa carreira entre Estados Unidos e Europa, proporcione aos alumnos datos prácticos sobre como enfocar a súa carreira investigadora a nivel internacional, desde a súa perspectiva e experiencia persoal e profesional.

Público obxectivo: Investigador/a Predoutoral ou Posdoutoral e PDI (Aberto).

Nº de horas: 1h

Nº de prazas: Prazas abertas (ata completar aforo).

Modalidade: online-MSTEAMS (enlace na confirmación da inscrición).

Horario: 16:30 a 17:30h

Coordinador: Nieves Barros Pena e César Pérez Cruzado.

Poñentes: Dr. Marko Popovic, Postdoctoral Researcher, Biothermodynamics, TUM School of Life Sciences Weihenstephan, Technische Universität München, Freising, Germany

Requisitos materiais: ningún.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2023.