APLTA- USC
O programa formativo coordinado por Rebeca Carballo e impartido por María Paz Fernández-Alabalat, celébrase o xoves 9 de maio, a partir das 9.30 horas, nas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra. A inscrición permanece aberta en liña
A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC celebra o próximo xoves 9 de maio, a partir das 9.30 horas, un obradoiro teórico e práctico sobre análises sensorial de produtos lácteos. O programa, coordinado por Rebeca Carballo e impartido por María Paz Fernández-Albalat, ten unha marcada orientación práctica e vai dirixido a profesionais do sector. A inscrición neste obradoiro, para o que se ofrecen 15 prazas, xa está aberta en liña.