Ir o contido principal

Obradoiro sobre a adaptación da cociña a disfaxia e disxeuxia

10.09.2024 | 09.00h-14.00h

Aula de Procesado de Alimentos

Organizador: Facultade de Ciencias

Obradoiro de técnicas gastronómicas impartido polo chef José Luis Álvarez Bouso que demostrará na Facultade de Ciencias distintas alternativas para adaptar os alimentos, tanto en textura como en consistencia, ás necesidades de persoas con problemas para tragar.

Imaxe Obradoiro
Imaxe Obradoiro

INSCRICIÓN

MODALIDADEPresencial.

PÚBLICO OBXECTIVO: Alumnao de grao e máster e Profesionais e Sector Produtivo.

CONTIDO: 

  • Adquirir coñecementos sobre técnicas culinarias sinxelas e ingredientes básicos aplicables a nivel domiciliario para a adaptación das texturas e consistencias dos alimentos sólidos e líquidos, dirixidas a casos de dificultades na deglutición (disfaxia).
  • Adquirir habilidades gastronómicas para potenciar o sabor dos pratos, tanto doces coma salgados, e mellorar a alimentación en persoas con alteracións no sentido do gusto (disxeusia), frecuentemente asociadas á disfaxia.
  • Aprender a adaptar a forma de cociñar para lograr unha alimentación segura, eficaz e placenteira, en persoas con disfaxia e/ou disxeusia. 

PROGRAMA

  1. Axentes espesantes comerciais e caseiros.
  2. Técnicas de texturización. Graduación das texturas dos sólidos.
  3. Adaptación da consistencia dos líquidos, técnicas de modificación da viscosidade. Graduación dos líquidos.
  4. Presentación atractiva dos alimentos adaptados.
  5. Técnicas de potenciación dos sabores dos alimentos. 

COORDINA: Facultade de Ciencias. Asteria M. Luzardo Álvarez

IMPARTE:   José Luis Álvarez Bouso  

PRAZAS: limitadas 25

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.09.2024.