Organizador: Facultade de Ciencias
O seminario dirixido a alumnado, PDI e público xeral, versará de como a prevención e a recuperación de certas enfermidades pode ter unha base nutricional.

O seminario impartido por Pablo Fernández, antiguo alumno da Facultade de Ciencias e dietista e nutricionista do SERGAS, terá lugar o próximo luns 7 de abril no Salón de Actos da facultade. Este seminario ten como obxectivo visibilizar a figura de Dietista-Nutricionista no ámbito hospitalario e a necesidade de que o alumnado e outros colectivos teñan conciencia das posibilidades que ten o Grao en Nutrición Humana e Dietética e a necesidade de profesionais deste ámbito en distintos planos sociais, concretamente no clínico, no cal cobrou especial relevancia nos últimos anos. Derivado de moitos estudos, estase a ver que tanto a prevención como a recuperación de certas enfermidades pode ter unha base nutricional, a cal non se consideraba ate o de agora.
Os interesados en asistir a este seminario do Plan Formativo do Campus Terra 2025 poden facer a súa inscrición na seguinte ligazón.