Ir o contido principal

‘A enxeñaría hidráulica na antigüidade’

18/4/2024 - 17.00 horas

Isaac Moreno Gallo imparte o xoves na EPS de Enxeñaría un relatorio sobre a pegada das infraestruturas hidráulicas e das obras de enxeñaría durante a época romana

Cartel da actividade
Cartel da actividade

O enxeñeiro de Obras Públicas do Ministerio de Fomento e licenciado en Xeografía e Historia, ademais de recoñecido presentador de televisión, Isaac Moreno Gallo, ofrecerá o xoves 18 de abril, ás 17.00 horas, no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, un relatorio sobre a enxeñaría hidráulica na antigüidade.

O obxectivo desta sesión divulgativa, organizada polo profesor na EPSE Carlos Núñez Temes, é dar a coñecer ao estudantado a pegada e relevancia da enxeñaría e das técnicas de construción na época romana, ademais de espertar o seu interese pola historia e a cultura. Daquela, na súa intervención, Moreno Gallo tratará de recuperar o coñecemento sobre a influencia das infraestruturas na elección dos asentamentos históricos e tamén o labor destas como vías de transmisión de aspectos culturais, como os que se  producen no Camiño de Santiago.

A acción promovida desde a EPS de Enxeñaría ofrece un total de 40 prazas. As persoas interesadas en asistir a esta sesión poden formalizar xa a súa inscrición de balde a través do formulario habilitado en liña.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2024.