Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Plan Formativo Campus Terra 2025

Deseño de maquetas para proxectos de enxeñaría

25 e 29 de abril, 6 de maio e 7 e 8 de xullo

Aula de Instrumentación - EPS de Enseñaría

Organizador: Escola Politécnica Superior

No curso, eminentemente práctico, trataranse en detalle materiais, ferramentas e técnicas específicas de deseño de maquetas e prototipos con titoríais e estudos de casos.

Imaxe do Curso
Imaxe do Curso

Un enfoque integral de creación de prototipos modernos é fundamental para tomar decisións fundamentadas en proxectos de enxeñería e robótica e constitúe unha parte estratéxica do conxunto de ferramentas dun deseñador de produtos exitoso. Este curso, promovido pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e impartido polos profesores Enrique Comesaña e Carlos Núñez ten como obxectivos o deseño de maquetas e prototipos en proxectos de enxeñería para comprender os problemas de deseño, explorar solucións máis imaxinativas, investigar máis a fondo a interacción humana e probar a súa funcionalidade.

Debuxo paramétrico e operacións 3D con Fusion 360, debuxo de estruturas con Fusion 360, fundamentos de corte laser e impresión 3D e preparación de modelos e preprocesado para a fabricación serán parte dos contidos que se tocarán neste curso dirixido a PDI, alumnado e sector produtivo que se desenvolverá de maneira presencial e virtual.

As persoas interesadas en participar neste curso, que se desenvolverá en horario de 16:00h a 19:00h, poden inscribirse na seguinte ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2025.