Ir o contido principal

Curso de Xestión de Proxectos BIM

7, 10, 14, 17, 21 e 24 de outubro

Mircrosoft Teams

O obxectivo deste curso é coñecer e manexar os conceptos e ferramentas que ofrece a aplicación da Metodoloxía BIM na xestión de proxectos de infraestruturas, instalacións e edificación, como un proceso dinámico para o ciclo da súa vida útil, desde o deseño, modificándose e adaptándose coa carga de datos, antes e durante a súa execución.

Imaxe do curso
Imaxe BIM

O curso impartido en liña e dirixido a pdi, alumnado e sector produtivo, está coordinado por Maria José Iniesto e impartido por Juan Francisco Fernández Rodríguez e estrutúrase arredor de seis sesións de docencia virtual síncrona de dúas horas e media de duración, que se completarán con cinco horas adicionais de traballo autónomo por parte dos participantes. 

PROGRAMA

  1. Conceptos da Metodoloxía BIM: o paso do debuxo á construción de modelos virtuais que asocian xeometría e información.
  2. Achegamento ao uso da ferramentas BIM de autodesk: Revit, para a construción de modelos virtuais nas súas distintas disciplinas: arquitectura; estruturas; MEP.
  3. Xestión dos datos do proxecto a través do modelo BIM: visualización; coordinación; intercambio. 

Os interesados en participar nesta formación teñen que inscribirse no seguinte enlace.

As sesións síncronas contarán cunha primeira parte de exposición de conceptos e unha segunda destinada ó desenvolvemento de exercicios prácticos resoltos en paralelo polo profesor e o alumnado. Os exercicios terán un caracter acumulativo, de forma que cada un permitirá desenvolve-las distintas partes dun modelo BIM completo, de dificultade adecuada a un nivel de iniciación no manexo do programa. Os contidos desenvolvidos nestas sesións estrutúrase en: introdución ao software (Revit) e contorno de traballo; definición da estrutura do edificio e organización de niveis; modelado de elementos estruturais (pilares, osas, forxados); modelado de elementos arquitectónicos (muros, portas, ventás, cubertas); introdución ao modelado de instalacións (fontanaría, saneamento, climatización); xeración de seccións e planimetría a partir do modelo BIM; visualización tridimensional, coordinación e xestión do proxecto a través do modelo BIM (navisworks).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.10.2024.