Ir o contido principal

Curso: Novas alternativas forraxeiras para gando vacún de leite

8 de novembro de 2022, de 10:00 a 14:00h.

Granxa Campus Terra

Obxectivos

O obxectivo principal é dar a coñecer especies e mesturas forraxeiras alternativas, centrándose no seu potencial produtivo e nutricional.

Contidos

Falarase sobre as diferenzas nos requirimentos edafoclimáticos, fertilización e uso do xurro, manexo e conservación de distintas forraxes de inverno en comparación co cultivo máis habitual en Galicia, o raigrás. Deste xeito non só se explicará qué alternativas existen ou se están ensaiando actualmente senón que tamén se falará de cómo elixir a mellor opción a empregar e cómo facer un adecuado manexo e mecanización das forraxes nas explotacións de vacún de leite. Trataranse tamén dende o punto de vista da nutrición do gando, para lograr dietas máis equilibradas e menos dependentes dos concentrados, así como, dende un punto de vista agrícola, ao poder ser tamén usadas como especies mellorantes para o cultivo de verán podendo chegar a ser utilizadas como abonos verdes. Finalmente, informarase sobre cómo estas opcións encaixan coas futuras prácticas medioambientais voluntarias (eco-esquemas ou eco-réximes) da nova Politica Agraria Común (PAC).

Programa

  • 10:00h-10:15h: Apertura e presentación do curso.
  • 10:15h-11:15h: Emprego de cultivos alternativos de inverno ao raigrás italiano en explotacións gandeiras. Ana Isabel Roca Fernández [Grupo de Investigación Agronomía e Ciencia Animal, EPSE-USC].
  • 11:15h-12:15h: Vantaxas da inclusión de leguminosas nas rotacións. Fertilización e mecanización. Miguel Fernández Labrada. [Grupo de Investigación Agronomía e Ciencia Animal, EPSE-USC].
  • 12:15h-12:45h: Descanso–café.
  • 12:45h-13:45h: Importanciadas Forraxes Biodiversas Ricasen Leguminosas(FRBL). Joel Presa [Fertiprado].
  • 13:45h-14:00h: Peche do curso.

Público obxectivo: Sector produtivo.

Nº de horas: 4

Nº de prazas: 40

Modalidade: presencial.

Lugar de realización: Granxa Campus Terra

Coordinador do curso: Miguel Fernández Labrada.

Docente do curso: Ana Isabel Roca Fernández, Miguel Fernández Labrada, Joel Presa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.11.2022.