Obxectivos do curso:
O obxectivo do curso sería introducir aos participantes na edición de textos científicos empregando LATEX. Comezarase polos fundamentos e daranse as ferramentas para que o alumnado poida afondar pola súa conta trala finalización do curso. No curso tamén se introducirá o uso de LATEX para facer presentacións de forma sinxela.
Contidos
O contidos do curso estruturaranse do seguinte xeito:
- LaTeX: unha nova esperanza
- Instalación e ferramentas (online e offline)
- Primeiros pasos: estrutura dun documento en LaTeX, clases de documentos
- Tuneando o documento: tipos e tamaño de letra, enumeracións, listas,...
- LaTeX: avanzando no proceso:
- Figuras
- Táboas
- Índices
- Bibliografía
- LaTeX e as matemáticas: Ambientes matemáticos: caracteres especiais, arrays, matrices, ecuacións.
- Prantillas LaTeX para a elaboración de artigos científicos, TFGs, TFMs ou teses doutorais.
- Presentacións en LaTeX: a clase beamer.
Metodoloxía
Será unha formación eminentemente práctica e presencial na que se traballaran en paralelo os contidos teóricos coa realización de documentos e presentacións empregando LATEX. Proporcionaranse os coñecementos básicos para que o alumnado poida ser autónomo trala realización da formación. Para que o curso se considere superado o alumnado terá que entregar un exercicio despois de finalizar o curso.
Dirixido a: Estudantes de grao e mestrado e PDI.
Docente: Fernando Rafael Pardo Seco, Prof. Axudante Doutor do Dpto. de Electrónica e Computación da EPSE.
Requisitos materiais do curso: Asistencia co ordenador portátil con carga completa de batería.