Ir o contido principal

Curso: Análise de eficiencia e produtividade en explotacións agropecuarias

20,21,28/10/2022 e 3, 4/11/2022 de 10:00 a 12:00h

Obxectivos

Coñecer aspectos básicos relacionados co cálculo da produtividade e a análise da eficiencia en unidades produtivas do sector agropecuario. Ao finalizar o curso, o alumnado coñecerá as principais técnicas dispoñibles para a análise da asignación eficiente de recursos neste tipo de unidades produtivas, dende unha perspectiva eminentemente práctica.

Contidos

  1. Conceptos iniciais e teoría económica da produción.
  2. Produtividade e medición da eficiencia.
  3. Números índice e medida da produtividade.
  4. Análise envolvente de datos.
  5. Estimación econométrica de tecnoloxías de produción.
  6. Análise de fronteiras estocásticas.
  7. Descomposición do crecemento da produtividade

Metodoloxía

A partires da presentación dos aspectos teóricos básicos que sustentan as técnicas de cálculo e estimación, iranse presentando diferentes métodos empíricos, con exemplos e aplicación ao sector agropecuario. O curso terá unha parte de formación presencial de 10 horas, complementado con outras 11 horas de formación online.

Público obxectivo: Alumnado de grao e mestrado, PDI, Investigador/a Predoutoral e postdoutoral

Nº de horas: 21h 

Nº de prazas: 30

Modalidade: semipresencial (10 presenciais e 11 online)

Coordinador do curso: Roberto Bande Ramudo

Docente do curso: Roberto Bande Ramudo

Requisitos materiais do curso: Software libre DEAP 2.1 e Frontier 4.1. Aula virtual

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2023.