Ir o contido principal

CURSO

Básico de Follas de Cálculo (Microsoft Excel)

21,22, 28 e 29 de setembro e 19 e 20, 26 e 27 de outubro

EPSE
Aula de Informática 5

Organizador: Facultade de Veterinaria

Coñecer o funcionamento básico de follas de cálculo para a súa aplicación nas tarefas de xestión do Persoal de Administración e Servizos.

Curso básico de follas de cálculo
Curso básico de follas de cálculo

INSCRICIÓN

DATAS21,22, 28 e 29 de setembro e 19 e 20, 26 e 27 de outubro

HORARIO9:00h a 11:30h. 20 horas presenciais e 5 horas de traballo do estudante.

CONTIDO:

A actividade formativa formúlase como un Curso Básico de Follas de Cálculo con Microsoft Excel na versión do Office 365. Sen precisar coñecementos previos preténdese ir aplicandos as funcionalidades máis básicas do programa a exemplos prácticos do día a día na xestión da información. Mediante sinxelas explicacións teóricas e a realización de pequenos exemplos afondarase noutras utilidades deste paquete ofimático, de maneira que sexa capaz de desenvolver unha folla de cálculo máis avanzada para nun proxecto global para o curso, que poida ser de aplicación no seu traballo.

PROGRAMA:

  1. Introdución.
  2. Formatos e estilos.
  3. Operacións con fórmulas e funcións básicas.
  4. Formularios, listas e filtros.
  5. Impresión.
  6. Táboas dinámicas.
  7. Gráficos dinámicos

MODALIDADE:

As sesións serán presenciais (Aula de Informática 5 da EPSE) e asíncronas, para facilitar a asistencia do PAS no seu horario laboral, retransmitidas por MS Teams. Os vídeos das sesións quedarán almacenados nun canal dun equipo de MS Teams como recurso didáctico, ademais dos guións do curso e os documentos de exemplo.

PREZO: gratuíto.

PRAZAS: 20.

COORDINAGonzalo Fernández Rodríguez. Facultade de Veterinaria

IMPARTECarlos Núñez Temes (Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2023.