Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Cursos

Os cursos do CLM están centrados na/o estudante e parten dunha metodoloxía comunicativa e funcional, baseada na aprendizaxe activa da lingua e o desenvolvemento das destrezas de expresión, comprensión e interacción oral e escrita.

Para coñecer as características dos cursos (oferta, equivalencia no MECRL, programa, duración, modalidade, prazas, condicións de acceso, avaliación, prezo etc.) así como matricularte debes premer no apartado correspondente de cada lingua.

Os cursos poden ser anuais, semestrais, intensivos ou de verán; e poden ter unha duración variable, ata un máximo de 100 horas. Así mesmo, poden combinar en proporcións diversas o traballo na aula e o traballo individual titorizado. Tamén, nalgúns casos, se ofrece formación en liña presencial. Todas estas características podes consultalas na información que acompaña a cada curso.

Podes consultar a oferta de cursos dun idioma e matricularte entrando no apartado correspondente de cada lingua.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.03.2025.