Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Catalán

Coñecer o catalán resulta moi interesante se queres realizar estudos en universidades de Cataluña, Valencia ou Illas Balears ou se queres traballar ou vivir alí.

O Centro de Linguas Modernas, en colaboración co Institut Ramon Llull, ofrece cursos de lingua e cultura catalás; cursos semipresenciais de preparación para as certificacións de lingua catalá e un curso intensivo de verán.

Así mesmo organiza as probas en Galicia para a obtención dos Certificats de Catalá do Institut Ramon Llull.

Velaquí a equivalencia dos niveis dos cursos do CLM cos do MECRL

  • O Centro de Linguas Modernas da USC ofrécelles á comunidade universitaria e ás persoas interesadas maiores de 18 anos os Cursos de catalán, adaptados ao nivel A2 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL).

    Son dous cursos, de nivel A2.1 e A2.2, con carácter semestral, con cadansúas 50 horas, combinando presencialidade e o traballo autónomo tutelado.

    O curso segue a metodoloxía baseada no enfoque comunicativo por tarefas, que procura o desenvolvemento integrado e significativo das diversas destrezas lingüísticas fundamentais.

    O obxectivo xeral deste curso é acadar o grao de competencia mínima que lle permita ao alumnado unha comunicación de subsistencia en catalán.

    • Introducir nas características básicas do catalán, con especial énfase na fonética máis diferenciada e nos coñecementos léxico-gramaticais fundamentais para levar a cabo actos comunicativos básicos en situacións cotiás.
    • Ollar de xeito simultáneo e continuado ao marco sociocultural da lingua.
    • Acceder á información e aos recursos precisos para a futura autoaprendizaxe do catalán, tendo en conta o tipo de curso (introdutorio e con posibilidade de non continuación) e mais a dificultade de aprender o idioma fóra do seu dominio lingüístico.

    Na avaliación, a nota final do curso distribúese da seguinte maneira:

    • Avaliación continua (40% / 50%): Traballo de clase e tarefas / Traballo de clase e intervención oral no A2.1 e no A2.2, respectivamente
    • Proba final (60%-50% no A2.1 e A2.2, respectivamente)

    Así mesmo, ofrece os cursos de preparación para os exames para obter os certificados de catalán dos niveis intermedio (B) e de suficiencia (C) do Instituto Ramon Llull. Son cursos de 50 horas (20 presenciais e 30 horas de traballo titorizado do alumno/a).

    Estes cursos combinan a asistencia ás sesións presenciais, o asesoramento do profesor, a autoformación do estudante e os materiais de autoaprendizaxe. Fundamentalmente trabállase cos modelos das probas e co desenvolvemento das destrezas e estratexias necesarias para aprobar os exames.

  • A2 | Semestral | 1º Semestre | Santiago

    • 15 Plazas
    • Docencia: MARIA ROSA OLLE PLANAS
    Grupo A
    Lunes y Miércoles | 19:00 a 20:30 | Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales | Aula 10
    Horas presenciales
    40
    Horas trabajo
    10
    Horas totales
    50
    Preinscripción en la actividad
    29/08/2024 - 04/10/2024
    Matrícula en la actividad
    29/08/2024 - 04/10/2024
    Desarrollo de la actividad
    07/10/2024 - 18/12/2024
    Periodo de apertura y cierre de actas
    09/01/2025 - 09/02/2025
    Movimiento automático de lista
    29/08/2024 - 04/10/2024
    Precio general
    100€
    CLM: Estudiantes de la USC
    24€
    CLM: Comunidad de la USC
    24€
    Acceso matrícula
    Secretaría Virtual
  • Para acreditar os teus coñecementos lingüísticos de catalán tes varias vías na USC:

    • Aprobar un curso do CLM da USC que complete un nivel do MECRL.
    • Achegar un título ou diploma que estea recoñecido pola institución diante da que te debas acreditar.
    • Presentarte aos exames do Instituto Ramon Llull para os que o CLM é centro examinador en Galicia.
  • Nos estudos de grao da USC poden recoñecerse créditos por competencias transversais, por exemplo, por actividades de formación en linguas.

    A realización dos cursos de catalán no CLM dá dereito ao recoñecemento de créditos ECTS nos estudos de grao, desde os 3 ECTS do B1 ata os 6 ECTS do C2.

  • Ciclos de cine de catalá CineFilo (Facultade de Filoloxía)

    Organizado pola Facultade de Filoloxía (Proxectos colaborativos culturais), CineFilo é un cineclub que quere ser un punto de encontro a través da arte do cinema das linguas e culturas que se ofrecen na facultade de Filoloxía ou ben no CLM, así como un espazo de colaboración e diálogo entre todos os membros da comunidade universitaria e veciñanza.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.02.2025.