Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Galego

O galego é lingua propia de Galicia e ademais é lingua oficial xunto co castelán. Ambas as linguas son coñecidas pola inmensa maioría da poboación e dous terzos da poboación falan habitualmente galego en maior ou menor medida.

A cidadanía galega ten o dereito de empregar o galego en todos os ámbitos da vida pública. O ensino de galego e do castelán é obrigatorio en todos os centros escolares.

Na docencia universitaria tanto o profesorado coma o alumnado poden escoller, en xeral, libremente que lingua oficial (castelán, galego) prefiren usar. Na universidade é habitual ter clases en galego e que tamén o utilicen os teus compañeiros e compañeiras.

O galego é unha lingua romance moi próxima ao portugués. Se es de fala portuguesa, en calquera das súas variantes, vaiche resultar moi doado aprendela. Así mesmo, se aprendes galego, entenderte con persoas que falen portugués vaiche ser moi doado.

O CLM ofrece formación regular en lingua galega para as persoas que veñen de fóra de Galicia: os cursos de lingua galega para non galegofalantes, que se veñen celebrando na USC dende 1997, e os cursos de verán. Tamén organiza as probas de competencia lingüística deste idioma para os estudantes e o persoal da USC que non teñan outra acreditación oficial.

Velaquí a equivalencia dos niveis dos cursos do CLM cos do MECRL

  • O Centro de Linguas Modernas da USC ofrece formación regular en lingua galega para as persoas que veñen de fóra de Galicia e que teñan máis de 18 anos: os cursos de lingua galega para non galegofalantes, adaptados aos niveis A1, A2, B1 e B2 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL).

    Teñen unha duración de 50 horas (40 horas lectivas presenciais e 10 de traballo autónomo tutelado). Os cursos poden ter un formato semestral (setembro-decembro, febreiro-maio) ou intensivo de 2 meses.

    Os grupos teñen un máximo de 15 alumnos.

    Para obter o certificado do curso e créditos ECTS cómpre superar a avaliación e asistir a un mínimo do 80% das horas de clase.

  • A2 | Semiintensivo | 1º Semestre | Santiago

    • 45 Plazas
    • Docencia: LAURA FORMOSO CUESTA
    Grupo B
    Lunes y Miércoles | 12:30 a 14:00 | Facultad de Filosofía | aula de idiomas
    Grupo B
    Lunes y Miércoles | 19:00 a 20:30 | Facultad de Filosofía | aula 4
    Grupo C (las clases comienzan el 26 de septiembre)
    Martes y Jueves | 17:30 a 19:00 | Facultad de Filosofía | Aula de idiomas
    Horas presenciales
    36
    Horas trabajo
    14
    Horas totales
    50
    Preinscripción en la actividad
    29/08/2024 - 30/09/2024
    Matrícula en la actividad
    29/08/2024 - 30/09/2024
    Desarrollo de la actividad
    16/09/2024 - 02/12/2024
    Periodo de apertura y cierre de actas
    11/12/2024 - 11/01/2025
    Movimiento automático de lista
    29/08/2024 - 30/09/2024
    Precio general
    100€
    CLM: convenios internacionales
    0€
    CLM: Estudiantes de la USC
    0€
    CLM: Comunidad de la USC
    0€
    Acceso matrícula
    Secretaría Virtual

    A2 | Semestral | 2º Semestre | Santiago

    • 45 Plazas
    • Docencia: LAURA FORMOSO CUESTA, XISELA MINIA SAINZA MERCEDES FUCIÑOS VAZQUEZ
    Grupo B
    Martes y Jueves | 17:30 a 19:00 | Facultad de Filosofía | Aula Idiomas
    GRUPO C
    Martes y Jueves | 19:00 a 20:30 | Facultad de Filosofía
    Grupo A
    Lunes y Miércoles | 17:30 a 19:00 | Facultad de Filosofía
    Horas presenciales
    40
    Horas trabajo
    10
    Horas totales
    50
    Preinscripción en la actividad
    01/01/2025 - 05/02/2025
    Matrícula en la actividad
    01/01/2025 - 05/02/2025
    Desarrollo de la actividad
    05/02/2025 - 14/05/2025
    Periodo de apertura y cierre de actas
    14/05/2025 - 14/06/2025
    Movimiento automático de lista
    01/01/2025 - 05/02/2025
    Precio general
    100€
    CLM: Estudiantes de la USC
    0€
    CLM: Comunidad de la USC
    0€
    Acceso matrícula
    Secretaría Virtual
  • O alumnado dos países que non teñen como lingua oficial o castelán ou portugués deben acreditar o coñecemento da lingua española ou galega mediante un título de nivel B1 ou B2, segundo o caso, do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, para poderen cursar na USC estudos de grao ou de mestrado.

    A acreditación do coñecemento da lingua galega nos niveis B1 e B2 ten, logo, a mesma validez cá de lingua castelá para o acceso a graos e mestrados, no caso de estudantes procedentes de fóra de Galicia.

    As persoas aspirantes a unha praza de profesorado permanente da USC teñen o requisito de acreditar o coñecemento da lingua galega, co nivel Celga 3 (equivalente a B2). No caso de non posuír este título, ten un prazo de dous anos para conseguilo dende a súa contratación ou nomeamento.

    Para acreditares os coñecementos de galego na USC, a universidade ofrece varias vías:

    • Achegar un título ou diploma que estea recoñecido pola USC.
    • Aprobar un curso de galego no CLM da USC que complete un nivel do MECRL.
    • Presentarte ás probas de competencia lingüística de galego do CLM antes de comezar os estudos. De non superar esta proba de competencia lingüística, existe a obriga de seguir un curso do CLM e volverse presentar á seguinte data de exame.
  • Nos estudos de grao da USC poden recoñecerse créditos por competencias transversais, por exemplo, por cursos de linguas realizados no CLM, ata un máximo de 6 ECTS.

    Para os estudantes procedentes doutra comunidade autónoma que non completaron os seus estudos preuniversitarios en Galicia e para alumnado estranxeiro, recoñécense polos cursos de galego do CLM:

    • A2: 3 ECTS
    • B1: 4 ECTS
    • B2: 5 ECTS
  • No hay información disponible en este momento.
Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2025.