Pasar al contenido principal

Encontros de Lúa Chea

10 anos de Encontros!

Encontros de Lúa Chea

Quen nos ía dicir alá por marzo de 2015, cando nos xuntamos por vez primeira na Cafetaría da Residencia Bal y Gay para falar sobre "O modelo de estudos de grao e posgrao", que unha década despois seguiriamos aquí, poñendo en marcha estes espazos informais para a conversa e o debate, para promover o contraste de opinións e xerar comunidade universitaria no campus de Lugo.

Este ano seguimos contando co apoio de Lugo Cultural e do Servizo de Normalización Lingüística. Coa súa axuda e implicación, desde a Comisión de Normalización Lingüística da EPS de Enxeñaría esperamos organizar un programa de Encontros tan interesante, polo menos, coma o de anos anteriores, faladoiros sustentados en datos sobre temas relevantes para a nosa sociedade. 

Axúdanos a conseguilo! Participa e dános ideas para novas Lúas.

Encontros de Lúa Chea 2021

Encontros de Lúa Chea 2019

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.10.2024.