Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Tutorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 2.6
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos del Análisis Económico, Filología Gallega, Historia del Arte, Geografía, Ciencias de la Comunicación, Filología Inglesa y Alemana, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lengua y Literatura Españolas, Teoría de la Literatura y Lingüística General, Historia, Filosofía y Antropología, Ingeniería Agroforestal
Áreas: Fundamentos de Análisis Económico, Filologías Gallega y Portuguesa, Historia del Arte, Geografía Humana, Comunicación Audiovisual y Publicidad, Filología Inglesa, Filología Francesa, Lengua Española, Lingüística General, Literatura Española, Teoría de la Literatura y Literatura Comparada, Ciencias y Técnicas Historiográficas, Historia Antigua, Historia Contemporánea, Historia Medieval, Historia Moderna, Antropología Social, Filosofía, Filosofía Moral, Ingenieria Agroforestal, Ingeniería Cartográfica, Geodésica y Fotogrametría
Centro Facultad de Humanidades
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Logo de cursaren esta materia, os alumnos teñen que ser capaces de:
1. Comprender e tratar as múltiples manifestacións socioculturais do mundo actual.
2. Desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
3. Comprender a complexidade do fenómeno intercultural e as diferentes aproximacións á multiculturalidade.
4. Coñecer os diferentes ámbitos profesionais e de investigación vinculados aos servizos culturais, tomando en consideración a especificidade das entidades públicas, semipúblicas e privadas.
5. Traballar no ámbito da cultura con grupos humanos con necesidades específicas e/ou risco de exclusión.
6. Aplicar as aptitudes e destrezas precisas para organizar equipos humanos e formar parte deles.
7. Aplicar as destrezas necesarias para deseñar estratexias de intervención e actuación para cada un dos ámbitos e institucións culturais.
8. Estimular a creatividade para dar respostas axeitadas aos problemas suscitados e fomentar o gusto pola innovación a partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.
9. Respectar a diversidade étnica, lingüística e cultural e valorar a necesidade de conservar a devandita diversidade.
10. Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar e promocionar os dereitos humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con capacidade, así como os valores propios dunha cultura de paz.
O plan de estudos do Máster Universitario en Servizos Culturais contempla a realización de prácticas externas optativas no segundo semestre do curso cunha extensión de 6 ECTS.
Esta materia optativa forma parte do Módulo 6 do máster, pode ser cursada polo estudantado das dúas especialidades, (1. Políticas Culturais Contemporáneas/ 2. Industrias Culturais). Neste caso o lugar de prácticas estará asociado á especialidade elixida. O estudantado que non elixa especialidade, tamén poderá cursala. Neste caso non haberá restrición temática e polo tanto poderá acceder a calquera das empresas/institucións que figuren no convenio de colaboración.
O obxectivo fundamental é ofrecer ao estudante a oportunidade de efectuar unha inmersión no mundo profesional e, así mesmo, de aplicar de maneira integrada e consolidar o conxunto de coñecementos, habilidades e competencias que adquiriu ao longo do proceso formativo.
Os procedementos para a realización das prácticas axústanse ao “Regulamento de Prácticas Externas da USC” e ao do Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Humanidades.
As prácticas externas planifícanse anualmente, dándolle ao estudante a oportunidade de integrarse nunha empresa ou institución relacionada co ámbito profesional do Máster.
Estableceranse procedementos de configuración da oferta, difusión, solicitude e adxudicación das prácticas externas, de conformidade con criterios obxectivos previamente fixados e garantindo, en todo caso, os principios de transparencia, publicidade, accesibilidade universal e igualdade de oportunidades.
Outorgarase prioridade na elección e na adxudicación de prácticas aos estudantes con discapacidade, con obxecto de que poidan optar a empresas ou institucións nas que estean aseguradas todas as medidas de accesibilidade universal, incluídas as referidas ao transporte para o seu traslado e acceso ás mesmas.
Poderán realizarse na propia universidade ou entidades colaboradoras, tales como, empresas, institucións e entidades públicas e privadas, relacionadas co ámbito dos servizos culturais.
A posible bibliografía da materia será a ofrecida a cada alumno/a no seu espazo de prácticas.
-Coñ03: Coñecer os diferentes desenvolvementos do termo patrimonio en distintas áreas do traballo en cultura, valorando os seus elementos en común e aqueles diferenciais, así como as principais liñas de xestión patrimonial implementadas na nosa sociedade.
-Coñ06: Comprender de forma razoada o interese do diálogo intercultural e a necesidade de respecto ás diferencias culturais.
-H/D02: Analizar a información dispoñible sobre as realidades da cultura, con vistas a súa transmisión á sociedade e en función dos obxectivos fixados en cada caso e das circunstancias relacionadas coas persoas - receptoras desta.
-H/D05: Adquirir habilidades para o fomento e o respecto dos Dereitos Humáns e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal, así como aos valores democráticos e da cultura de paz.
-Comp03: Competencia para utilizar os fundamentos humanísticos da nosa cultura e os principais conceptos desenvolvidos nela para o traballo en xestión cultural
-Comp06: Competencia para aplicar as responsabilidades sociais e éticas vencelladas ao exercicio profesional e para reflexionar e revisar criticamente as dinámicas socioculturales existentes
Durante o seu desenvolvemento, realizaranse titorías individualizadas e/o grupais cos e coas estudantes e entrevistas de seguimento entre ambos titores sempre que sexa necesario. Tanto as titorías como as entrevistas serán programadas polo/a titor/a académico/a en función das características das mesmas.
Durante a realización das prácticas, o/a estudante dispón dun seguimento docente personalizado mediante un profesional que actúa como titor/a de centro de prácticas e un membro do profesorado que exerce como titor/a académico/a, quen garante que as prácticas se levan a cabo respectando o proxecto formativo acordado, seguindo os principios de inclusión, igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal.
Ao finalizar as prácticas:
1. O/a estudante entregará ao titor unha Memoria final.
2. O /A titor/a de empresa remitirá un Informe Final de avaliación do estudante ao titor/a académico/a.
Ademais, as prácticas externas serán coordinadas polo coordinador ou a coordinadora de prácticas do título que será o responsable da programación, coordinación e supervisión da materia e os centros de prácticas, atendendo ás directrices da Comisión de Título.
Cando os/as estudantes conclúan os estudos, faráselles unha enquisa, na que se incluirá, entre outros aspectos, a valoración das prácticas externas.
O/a alumno/a durante as 130 horas de prácticas na empresa/entidade receptora, observará os procesos produtivos/actividade laboral que se leva a cabo na empresa pasando, con posterioridade, a participar activamente nos mesmos como un membro máis da empresa/entidade.
Ao finalizar as prácticas, o/a titor/a da empresa/institución elaborará un informe no que avaliará tanto a actitude do alumno/a durante as prácticas (responsabilidade, creatividade, puntualidade, motivación, etc.), así como os progresos mostrados (capacidade técnica, capacidade de aprendizaxe, formación adquirida nas prácticas, facilidade de adaptación, etc.) e a capacidade de interacción con superiores e compañeiros/as.
Ao remate do período de prácticas o/a alumno/a elaborará unha Memoria da súa actividade de Prácticas.
A avaliación das Prácticas externas farase atendendo aos seguintes criterios coa súa correspondente ponderación
Criterio: Valoración do informe do/a titor/a profesional da empresa e/ou institución: 60%
Criterio: Valoración por parte do/a titor/a académico/a da memoria de prácticas elaborada polo alumno/a: 40%
Actividade presencial (deseño do programa de prácticas): 2 horas
Actividade presencial (realización das tarefas prácticas encomendadas): 130 horas
Actividade presencial e a distancia (orientación en relacións coas tarefas prácticas): 8 horas
Actividade a distancia (elaboración da memoria de prácticas): 10 horas