Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
Inscrición ata o 22 de setembro de 2024
Orquestra da Universidade

O/As instrumentistas seleccionado/as poderán participar no grupo residente que ensaiará todos os martes lectivos do curso 2024-25 (agás nos periodos de exames) de 21:30h a 23:30h na Facultade de Ciencias da Comunicación, ademais dos ensaios extraordinarios que poidan programarse. entre os meses de outubro e xuño do curso académico 2024-25.

Asemade, as persoas participantes no grupo residente terán prioridade en participar no encontro de verán 2025 no mes de xullo/agosto.

Esta convocatoria esta dirixida a participar na OUSC nos seguintes instrumentos: violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trombón, trombón baixo, tuba, percusión, piano, cravo e arpa.

A través desta convocatoria seleccionarase aos membros activos e aos reservas. Os membros reservas conformarán unha listaxe co fin de cubrir posibles e futuras baixas dentro da OUSC, sendo efectiva ata xuño de 2025. As vacantes parciais están destinadas a cubrir necesidades instrumentais segundo programa, pero non posuirán carácter de activo.

  • Quen pode participar?

    PARA INSTRUMENTISTAS*:

    - Todos aqueles membros da comunidade universitaria da USC que toquen un instrumento dos anteriormente mencionados
    - Estudantado de música
    - Calquera persoa que toque un instrumento

    * A admisión quedará supeditada á superación da audición prevista para tal efecto, tendo preferencia os membros da comunidade universitaria da USC. O estudantado da USC terá caracter preferente.

    Como podo participar?

    Para participar no proxecto orquestral no curso 2024-25 realizarase unha selección entre as persoas aspirantes a través do envío dun vídeo por calquera canle tipo WeTransfer, YouTube, Dropbox, etc. ao enderezo electrónico orquestra.universidade@usc.es indicando o nome e apelidos da persoa solicitante.

    Estas  audicións están destinadas a coñecer, seleccionar e valorar a participación das persoas aspirantes dentro dos programas que a OUSC realizará entre setembro e xullo do curso 2024-25, así como programas asociados que poidan xurdir.

    A persoa solicitante previamente deberá inscribirse a través do formulario de inscrición antes das 23:59 horas do 22 de setembro de 2024.

    Permanencia. Isto é para sempre?

    Poderase participar na OUSC un máximo de 2 cursos. Para o estudantado de Grao da USC, os créditos ECTS que se retribúen pola participación repartiranse do seguinte xeito: polo primeiro curso completado recibirán 4 créditos e polo segundo recibirán 2. Poderase prorrogar a pertenza ao proxecto en seguintes convocatorias, a criterio da organización da OUSC pero sen retribución de créditos.

    Que teño que enviar no vídeo?

    • Interpretar 2 obras ou movementos de libre elección (non ten que ser con acompañamento)
    • Para percusión interpretaranse polo menos tres obras a escoller de entre todas as que figuran neste PDF

    Ata cando o podo enviar?

    • A data límite de envío de vídeos será o 22 de setembro de 2024, ata as 23:59 horas.
    • A comisión seleccionadora, que contará coa participación do director da orquestra e do profesorado colaborador da OUSC, visualizará os vídeos a seguinte semana e publicaranse de seguido os resultados.
    • Os ensaios darán comezo a partir da primeira semana de outubro de 2024 baixo as indicacións da organización que serán convenientemente informados con anterioridade.

    Prazas vacantes no curso 2024-25:

    Violín 17
    Viola 5
    Violonchelo 6
    Contrabaixo 3
    Frauta (2 reservas)
    Óboe 1 (+2 reservas)
    Clarinete 1 (+2 reservas)
    Fagot 2 (+1 reservas)
    Trompa 1 (+2 reservas)
    Trompeta 1 (+2 reservas)
    Trombón 2 (+2 reservas)
    Percusión 1 (+1 reservas)
    *Tuba 1
    *Arpa 1
    *Piano (1 reserva)
    *Cravo 1

    *Prazas parciais que se cubrirán segundo necesidades de programa

    E ademais….

    Requisitos do/as instrumentistas de corda:

    • Afinar o instrumento
    • Cambiar de posición
    • Tocar con spicatto

    Requisitos do/as instrumentistas de vento:

    • Boa afinación na interpretación
    • Coñecer as diferentes articulacións básicas: (legato, picado, dobre picado, etc.)
    • Tocar na amplitude da tesitura do instrumento

    Percusión:

    • Tocar pasaxes previamente escollidas

    Como me inscribo para facer as audicións?

    1. Cubro o formulario de solicitude antes das 23:59 horas do 22 de setembro de 2024.
    2. Envío o vídeo a orquestra.universidade@usc.es antes das 23:59 horas do 22 de setembro de 2024.

    E cando saberei se estou admitido?

    A OUSC reservase o criterio e decisión final das persoas admitidas e anunciará o resultado nunha listaxe que se publicará na páxina web da USC acompañada dunha confirmación vía correo electrónico durante o tempo seguinte á realización das probas.

    Boa Sorte e animádevos a facer música xunto/as!

    "Sen música a vida sería un erro."
    Friedrich Nietzsche (1844-1900) Filósofo alemán.

  • Prazas ofertadas para a Orquestra da Universidade

    • Violín: 17
    • Viola: 5
    • Violonchelo: 6
    • Contrabaixo: 3
    • Frauta: (2 reserva)
    • Óboe: 1 (+2 reservas)
    • Clarinete: 1 (+2 reservas)
    • Fagote: 2 (+1 reservas)
    • Trompa: 1 (+2 reservas)
    • Trompeta: 1 (+2 reservas)
    • Trombón: 2 (+2 reservas)
    • Percusión: 1 (+1 reservas)
    • *Tuba: 1
    • *Harpa: 1
    • *PIano: 1
    • *Cravo: 1

    *Prazas parciais que se cubrirán segundo necesidades de programa

    Resultados persoas inscritas na convocatoria ordinaria 2024/2025

    Inscrito/as

    Instrumento

    Resultado*

    Observacións

    **428857* Clarinete Activo  
    **JT63FH* Clarinete Reserva 1º*  
    **291632* Contrabaixo Activo  
    **091822* Frauta Reserva 2ª*  
    **673904* Frauta Reserva 1º*  
    **189756* Óboe Activo  
    **271882* Óboe Reserva 1º*  
    **093998* Percusión Activo  
    **040770* Piano Reserva 1º*  
    **230578* Piano Reserva 2º*  
    **587421* Piano Activo  
    **632708* Piano Reserva 3º*  
    **814151* Trombón Activo  
    **496942* Trombón Activo  
    **959839* Trombón Non presentado Falta envío de videos
    **676525* Trompa Non presentado Falta envío de videos
    **459964* Trompeta Activo  
    **672759* Trompeta Non presentado Falta envío de videos
    **283312* Viola Activo  
    **665329* Violín Non presentado Falta envío de videos
    **545406* Violín Activo  
    **294522* Violín Activo  
    **976102* Violín Activo  
    **371G6* Violín Activo  
    **707001* Violín Activo  
    **293714* Violín Activo  
    **811313* Violín Activo  
    **292225* Violín Activo  
    **677639* Violonchelo Activo  
    **091183* Violonchelo Activo  
    **286028* Violonchelo Activo  
    **869945* Violonchelo Activo  

    * Son aspirantes declarados en lista de agarda aqueles de a pesar de ser positiva a candidatura non conseguen praza segundo as vacantes ofertadas, polo que quedarán inscritos nunha lista de agarda durante todo o curso para ser chamados no caso de que os reservas declinen a súa participación se se dera esta casuística.

    Aquelas prazas non completadas atribúense como vacantes que quedan ofertadas novamente en convocatoria permanente:

    • 2 violíns
    • 4 violas
    • 2 contrabaixos
    • 1 trompa
    • 1 trombón baixo
    • tuba
    • harpa

    Para acceder a esta convocatoria permanente, inscríbete a través desta ligazón.

  • Aquelas prazas non completadas na convocatoria ordinaria atribúense como vacantes que quedan ofertadas novamente en convocatoria permanente:

    • 2 violíns
    • 4 violas
    • 2 contrabaixos
    • 1 trompa
    • 1 trombón baixo
    • tuba
    • harpa

    Para acceder a esta convocatoria permanente, inscríbete a través desta ligazón.

The contents of this page were updated on 10.24.2024.