Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
ONG progresista que desde 1983 traballa polo pleno cumprimento dos Dereitos Humanos, a gobernabilidade democrática e a igualdade.

Dende a delegación de Santiago de Compostela, desenvolven proxectos de refuxio e migracións, dereitos das mulleres, educación para a paz e cooperación internacional.  

  • Programa de acollida a persoas refuxiadas

    Clases de conversa

    As clases de conversa do Movemento pola Paz están dirixidas a persoas solicitantes de protección internacional e migrantes adultas residentes en Santiago de Compostela. O traballo das/os voluntarias/os consiste en apoiar a proceso de aprendizaxe a través de espazos informais de intercambio de idioma.

    • Prazas: 8

    • Horario: dúas horas á semana, de luns a venres en horario de mañá ou tarde.

    • Lugar de realización: Rúa Lisboa, 2, baixo. Santiago de Compostela

     

    Clases de alfabetización

    As clases de alfabetización do Movemento pola Paz están dirixidas a persoas solicitantes de protección internacional e migrantes adultas residentes en Santiago de Compostela.  O traballo das/os voluntarias/os consiste en apoiar a aprendizaxe de lectoescritura como base para coñecer o idioma, coordinación co profesorado responsable.

    • Prazas: 8

    • Horario: dúas horas á semana, de luns a venres en horario de mañá ou tarde.

    • Lugar de realización: Rúa Lisboa, 2, baixo. Santiago de Compostela

       

    Apoio na busca de emprego

    As/os voluntarias/os apoiarán ás persoas refuxiadas e migrantes nos seus itinerarios laborais, realizando acompañamentos para:

    1. Adquirir coñecementos e ferramentas para a procura de emprego.

    2. Apoio para superar a fenda dixital nas formacións en-liña.

    3. Realización de trámites relacionados co emprego.

    • Prazas: 4

    • Horario: catro horas á semana, de luns a venres en horario de mañá ou tarde.

    • Lugar de realización: Rúa Lisboa, 2, baixo. Santiago de Compostela

       

    Programa de acollida a persoas refuxiadas / Programas de muller

    Reforzo escolar a menores

    A actividade está dirixida aos/ás menores solicitantes de asilo e participantes nos programas de atención a mulleres que necesitan un apoio nas tarefas escolares para un mellor rendemento escolar e facilitar a conciliación familiar.

    • Prazas: 2

    • Horario: tres horas á semana, de luns a venres en horario de mañá ou tarde.

    • Lugar de realización: Rúa Lisboa, 2, baixo. Santiago de Compostela

     

The contents of this page were updated on 10.01.2024.