Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
Impartido por Rosa Acuña

Curso enfocado en coñecer e mellorar o teu corpo. Campus de Santiago de Compostela

  • Curso enfocado en coñecer e mellorar o teu corpo. Traballamos por medio de secuencias do movemento á fluidez, facendo desas secuencias unha danza corporal, mellorando a flexibilidade, coordinación e o equilibrio, e así atoparnos ben física e psíquicamente aprendendo a relaxarnos. É unha ferramenta imprescindible para tomar conciencia do que somos e como somos. Facilita e axuda a calquera disciplina ximnástica, dancística e artística.

    Requisitos: non se requiren coñecementos previos. Accesible para todas as idades.

    Profesora: Rosa Acuña 

    Duración: do 30-09-2024 a 31-03-2025 (33 horas)

    Horario: os luns, de 16:30 h a 17:55 h

    Lugar: no Comedor do Pazo de Fonseca (entrada polo xardín). Rúa do Franco, s/n.

    Prezo: membros da comunidade universitaria 130 euros / taxa xeral 190 euros

    Número de prazas: máximo 20 e mínimo 5.

    Recoñecemento de créditos: 1 crédito ECTS (todas as titulacións de grao da USC)

    Matrícula

    Ampliamos o prazo de matrícula do 2 ao 11 de outubro de 2024. Preme na seguinte ligazón para inscribirte:

    MATRÍCULA

  • Culture Area

    San Xerome College

    Culture Area

    Montenegro Palace
The contents of this page were updated on 10.02.2024.