Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Ciclo de formación online de Web of Science no mes de xullo

Xa está aberto o prazo para inscribirse nos webinarios de xullo de Web of Science
Xa está aberto o prazo para inscribirse nos webinarios de xullo de Web of Science
Xa está aberto o prazo de inscrición para as tres sesións de formación que terán lugar no mes de xullo.

A FECYT e Clarivate organizan o II Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science, que terá lugar no segundo semestre deste ano (xullo - decembro). 

Para inscribirte debes utilizar o teu correo electrónico institucional e cubrir correctamente os teus datos persoais, xa que serán os que aparezan no certificado de asistencia.

As xornadas serán gravadas, e ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación, que estará dispoñible na web de FECYT.

Xa está aberta a inscrición para os tres webinarios de xullo:

  • Martes, 2 de xullo de 14-15 horas
    Os documentos e autores altamente citados (WOS- nivel avanzado)
  • Mércores, 3 de xullo de 14 - 15 horas.
    Analizar as publicacións dunha institución con Web of Science (nivel avanzado)
  • Xoves, 4 de xullo de 14 - 15 horas
    Journal Citation Reports para expertos (WOS - nivel avanzado)

Podes escribirte nesta páxina da FECYT.

The contents of this page were updated on 06.21.2024.