Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Novo recurso electrónico dispoñible: JoVE - Journal of Visualized Experiments

O novo recurso dispoñible ofrece vídeos educativos no eido das ciencias experimentais, aplicadas e da saúde
O novo recurso dispoñible ofrece vídeos educativos no eido das ciencias experimentais, aplicadas e da saúde
JoVE (Journal of Visualized Experiments) é a revista produtora e provedora líder mundial de vídeos científicos. A plataforma conta con máis de 18.000 vídeos dispoñibles e máis de 1.200 novos vídeos publicados cada ano para apoiar a docencia e a investigación científica

A BUSC conta cun novo recurso electrónico no eido das ciencias experimentais, aplicadas e da saúde: JoVE -  Journal of Visualized Experiments, ao que se pode acceder desde ReBUSCa.

Esta plataforma conta con máis de 18.000 vídeos gravados nalgunhas das institucións científicas máis prestixiosas do mundo. Neles amósanse detalles minuciosos de experimentos para facilitar o aprendizaxe e a replicación eficiente de novos métodos e tecnoloxías de investigación.

A colección Educación ofrece vídeos educativos que axudan a aclarar conceptos básicos e metodoloxías de laboratorio mediante o uso de animacións e aplicacións prácticas. Inclúe tamén libros de texto multimedia que combinan demostracións en vídeo con explicacións textuais detalladas.

A colección Investigación permite visualizar metodoloxías avanzadas, mostra claramente os detalles máis importantes do protocolo experimental, e permite reproducir técnicas de laboratorio. Inclúe JoVE Journal (revista revisada por pares en formato audiovisual) e JoVE Enciclopedia de Experimentos (videos coas técnicas de investigación).

Podes acceder ao novo recurso entrando en ReBUSCa e filtrando por orde alfabética
Podes acceder ao novo recurso entrando en ReBUSCa e filtrando por orde alfabética
The contents of this page were updated on 04.05.2024.