Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Logo do Trivigal

Competición de trivial en galego, organizada pola CNL da Facultade de Veterinaria, dentro das xornadas #BenVida USC.

  • Competición de trivial en galego, que se vai desenvolver o martes 17 de setembro a partir das 18,15 h na Cafetaría da Facultade de Veterinaria

    Poden participar ata 6 equipos formados por entre 2 e 4 persoas, estudantado, profesorado ou PAS do campus de Lugo. As normas detalladas e a mecánica de xogo poden consultarse na propia convocatoria.

    O equipo gañador levará como premio —ademais da satisfacción da vitoria— un lote de produtos galegos e un xogo de mesa "Ti non es de aquí?", e todas e todos os participantes recibirán un agasallo proporcionado pola campaña #BenVida USC e disporán dun pequeno avituallamento de comida e bebida para manter as enerxías durante a competición 😉.

    A inscrición realízase a través deste formulario, e vai estar aberta ata o 17 de setembro ás 12 h, pero os equipos vanse admitir segundo a súa orde de inscrición. Así que bule, busca tres amig@s, compañeir@s de clase, de piso ou de residencia, ou fai un chamamento por redes sociais, e corre apuntarte antes de que outra xente se che adiante.

    E se non queres participar, non perdas a oportunidade de aprender, pasalo ben e coñecer xente... chégate pola Cafetaría de Veterinaria o 17 de setembro a partir das 18,15 h e anima aos teus favoritos.

  • A inscrición realízase a través deste formulario, ata as 12 h do día 17 de setembro de 2024.

    Unha única persoa inscribirá a todos os membros do equipo, empregando para iso o cuestionario “Información equipo TriviGal” que aparece na parte inferior dereita da xanela de inscrición.

  • Competición de trivial en galego, que se desenvolveu o martes 19 de setembro de 2023 a partir das 18,30 h na Cafetaría da Facultade de Veterinaria, de acordo con estas bases.

    Poden participar ata 6 equipos formados por entre 2 e 4 persoas, estudantado, profesorado ou PAS do campus de Lugo. As normas detalladas e a mecánica de xogo poden consultarse na propia convocatoria.

    O equipo gañador levará como premio —ademais da satisfacción da vitoria— un lote de produtos galegos e un xogo de mesa "Ti non es de aquí?

    A inscrición realízase a través deste formulario, e vai estar aberta ata o 17 de setembro ás 14 h, pero os equipos vanse admitir segundo a súa orde de inscrición. Así que bule, busca tres amig@s, compañeir@s de clase, de piso ou de residencia, ou fai un chamamento por redes sociais, e corre apuntarte antes de que outra xente se che adiante.

    E se non queres participar, non perdas a oportunidade de aprender, pasalo ben e coñecer xente... chégate pola Cafetaría de Veterinaria o 19 de setembro a partir das 18,30 h e anima aos teus favoritos.

The contents of this page were updated on 09.11.2024.