Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
CNL da Facultade de Xeografía e Historia, 2021
Cartel do premio

Concurso de fotos en Twitter sobre termos de arte, historia e xeografía.

 

  • FOTO-termos é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Xeografía e Historia, cuxo obxectivo é divulgar a terminoloxía en galego das titulacións que se imparten na facultade e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais e as redes sociais.

    Pode participar o alumnado da USC que sexa seareiro de @fxhis_USC, perfil oficial de Twitter da Facultade de Xeografía e Historia.

    A participación no concurso consiste na achega mediante rechíos de fotografías propias ou da rede (de uso libre) que plasmen os termos en galego de arte, historia ou xeografía que a CNL vaia propoñendo a través de chíos no dito perfil.

    Mentres o concurso estea aberto, quen queira participar poderá enviar un correo electrónico a historia.acnl@usc.gal  identificándose co seu nome completo e dni e mais o seu nome de usuario/a en Twitter.

    Hai tres premios de 250, 150 e 100 euros en cada categoría (fotos propias e fotos da rede).

The contents of this page were updated on 10.21.2023.