Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

CNL da Facultade de Ciencias de Lugo, 2019
Cartel do premio

Concurso de vídeos sobre os elementos da táboa periódica

  • As Nacións Unidas declararon 2019 o Ano Internacional do Sistema Periódico, conmemorando os 150 anos da publicación por Dimitri Mendeleev da táboa periódica dos elementos químicos.

    A CNL da Facultade de Ciencias de Lugo propón unha actividade para sumarse a esta celebración: o concurso de vídeos  “O meu elemento”, dirixido tanto a toda a comunidade universitaria galega como ao alumnado da ESO e de 1º e 2 de bacharelato de Galicia.

    O obxectivo do concurso é atraer o interese do alumnado sobre este acontecemento e a actividade científica en xeral, así como poñer de manifesto a naturalidade da expresión dos contidos científicos en lingua galega.

    A participación no concurso consiste na presentación dun vídeo en lingua galega sobre un elemento químico, de entre 30 e 90 segundos, e co enfoque que se queira. O prazo remata o vindeiro 24 de abril. Para iso cómpre cubrir o formulario de datos e envialo a fcdeca@usc.es.

    Premios: Na categoría correspondente ao alumnado de ESO e bacharelato, hai un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 150 euros e un terceiro de 100 euros. Para a categoría da comunidade universitaria, os galardóns son: un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 200 euros e un terceiro de 100 euros.

The contents of this page were updated on 10.21.2023.