Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Iniciativa formativa ao redor da investigación do movemento. Campus de Santiago de Compostela.

Iniciativa formativa ao redor da investigación do movemento. Campus de Santiago de Compostela.

  • A compañía de danza universitaria dedícase á creación e investigación do movemento e a composición coreográfica no ámbito da danza contemporánea, que dará como resultado unha peza que se presentará posteriormente ao público. A proposta final será o froito do traballo no curso de Danza contemporánea II utilizando  material traballado e a posta en común de propostas do alumnado.

    Requisitos de acceso: participar no curso de Danza contemporánea II ou ter pertencido á compañía de danza da USC en anos anteriores.

    Duración: do 7-10-2024 ao 30-06-2025.

    Horario: os luns, de 20:00 a 21:30 h (50 horas).

    Lugar: no Comedor do Pazo de Fonseca (entrada polo xardín). Rúa do Franco, s/n.

    Número de prazas: 10.

    Prezo: Gratuíto. Só comunidade universitaria.

    Actividade recoñecida con 2 créditos ECTS.

    Matrícula

    Para inscribirse, hai que mandar un correo electrónico a: area.cultura@usc.gal

  • Culture Area

    San Xerome College

    Culture Area

    Montenegro Palace
The contents of this page were updated on 09.09.2024.