Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

Iniciativa formativa ao redor da investigación do movemento. Campus de Santiago de Compostela.

Iniciativa formativa ao redor da investigación do movemento. Campus de Santiago de Compostela.

  • A compañía de danza universitaria dedícase á creación e investigación do movemento e a composición coreográfica no ámbito da danza contemporánea, que dará como resultado unha peza que se presentará posteriormente ao público. A proposta final será o froito do traballo no curso de Danza contemporánea II utilizando material traballado e a posta en común de propostas do alumnado.

    Requisitos de acceso: participar no curso de Danza contemporánea II ou ter pertencido á compañía de danza da USC en anos anteriores.

    Duración: do 6-10-2025 ao 29-06-2026.

    Horario: luns, 20.35 a 21.35 horas (33 horas).

    Lugar: Comedor do Colexio de Fonseca (entrada polo xardín). Rúa do Franco, s/n.

    Número de prazas: 10.

    Prezo: Gratuíto. Só comunidade universitaria.

    Recoñecemento de créditos (todos os graos da USC): 1 crédito ECTS

    Matrícula

    Para inscribirse, hai que mandar un correo electrónico a: area.cultura@usc.gal

  • Área de Cultura

    Colexio San Xerome

    Área de Cultura

    Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros
Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.07.2025.