Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Saídas profesionais

O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos ofrece un alto índice de empleabilidade. Os egresados poderán integrarse en equipos multidisciplinares como asesores xurídicos e económicos en materia sociolaboral e empresarial.

Existen distintas saídas profesionais do Grao pero os perfís máis consolidados son os seguintes:

  • Exercicio da profesión de Graduado Social, unha vez colexiados/as no Colexio Profesional de Graduados Sociais. Son  peritos na rama social do Dereito, con lexitimación  para a intervención en procesos xudiciais na área do Dereito Laboral e da Seguridade Social.
  • Axentes de Emprego e Desenvolvemento Social.
  • Axentes de conciliación, técnicos de orientación e intermediación laboral.
  • Acceso á Administración Pública:
    • Técnicos da Seguridade Social.
    • Interventores da Seguridade Social
    • Inspectores de Traballo e Seguridade Social
    • Inspectores de Facenda do Estado
    • Ensino Secundario...
  • Acceso á contratación por conta allea, podendo realizar dentro da empresa tarefas como:
    • Responsable do Departamento de Prevención de Riscos Laborais.
    • Responsable da Xestión e Dirección de Recursos Humanos.
    • Responsable da Xestión do Departamento de Administración (elaboración de contratos, asesoramento laboral, fiscal, contable, en materia de Seguridade Social...)
  • Auditorías sociolaborais para o control e avaliación da xestión de recursos humanos
  • Formadores e Técnicos para a inserción laboral.
The contents of this page were updated on 04.26.2023.