Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
Impartido por Leticia López.

Curso de pandeireta e outros instrumentos de percusión tradicionais para o acompañamento do canto. Campus de Santiago de Compostela.

  • Neste curso aprenderemos a tocar a pandeireta ao xeito tradicional galego así como outros instrumentos de percusión empregados tradicionalmente no acompañamento do canto. Coñeceremos os principais ritmos existentes no folclore galego e os diferentes xeitos de interpretalos.

    Profesora:  Leticia López.

    Niveis: iniciación (para as persoas que partan de cero), intermedio (recomendado para as persoas que cursaron anteriormente o nivel de iniciación ou que teñan nocións básicas) e avanzado.

    Duración: do 24-09-2024 ao 20-05-2025.

    Horario:

    • Iniciación: os martes, de 17:05 a 18:05 h. (30 horas). PECHADAS INSCRICIÓNS.
    • Intermedio: os martes, de 18:10 a 19:10 h. (30 horas).
    • Avanzado: os martes, de 16:00 a 17:00 h. (30 horas).

    Lugar: no Comedor do Colexio de Fonseca (entrada polo xardín). Rúa do Franco, s/n.

    Prezo (cada nivel): membros da comunidade universitaria 90 euros / taxa xeral 110 euros.

    Número de prazas: máximo 20 e mínimo 5.

    Recoñecemento de créditos: 1 crédito ECTS, tanto iniciación, como intermedio e avanzado (todos os graos da USC).

    Matrícula

    Ampliamos o prazo de matrícula do 2 ao 11 de outubro de 2024. Preme na seguinte ligazón para inscribirte:

    MATRÍCULA

  • Culture Area

    San Xerome College

    Culture Area

    Montenegro Palace
The contents of this page were updated on 10.02.2024.