Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
O seu obxectivo é formar persoas socialmente comprometidas cun alto sentido da cooperación e a fraternidade e contribuír na educación do tempo libre como instrumento de solidariedade, comprensión mutua e progreso social e cultural.

Altair Galiza é unha asociación sen ánimo de lucro que forma parte do movemento internacional Altair de educación nos tempos libres. Trátase dun proxecto que nace coa vontade de fortalecer os vínculos e o coñecemento da contorna das crianzas, construíndo un lugar inclusivo, de aventura e educación en valores.

  • Seteportas-Altair

    De xeito regular, en Altair-Galiza traballan con crianzas de entre 8 e 18 anos a través da educación baseada en proxectos, co obxectivo de constituír un espazo para o desenvolvemento integral das persoas. En Altair deféndese o voluntariado e o asociacionismo como ferramentas de cambio social e de traballo polo ben común. Desde a súa acción educativa promoven a liberdade e a igualdade das persoas, o respecto pola diferenza e o libre pensamento, a xustiza social ou a protección do medio, tal e como se recolle na súa Carta Constitucional.

    • Horario: sábados de 11 a 14 h.
    • Prazas:  4
The contents of this page were updated on 06.18.2024.