Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Lingua e Literatura Galegas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Filología, estudios clásicos, traducción y lingüística.
Centro(s)
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811750 (Conserxaría)
881811762 (Decanato)
filoloxia.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
un libro

O grao en Lingua e Literatura Galegas ten como obxectivo que as e os estudantes adquiran unha formación completa en lingua e literatura galegas. Os graduados e graduadas reciben unha ampla formación en lingüística, gramática, literatura e tamén noutras materias relacionadas coa comunicación e a cultura. O plan de estudos que ofrece a USC garante unha formación axeitada e completa para traballar en diversos ámbitos relacionados coa docencia, a investigación, a xestión lingüística, o mundo editorial e a comunicación. De teres interese na docencia da lingua e literatura galegas, de che gustar unha investigación lingüística ou literaria, de desexares coñecer a fondo a historia da lingua e da literatura galegas, o grao en Lingua e Literatura Galegas da USC é a túa mellor escolla.