-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, Galego, PortuguésTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Filoloxía GalegaÁreas:
Filoloxías Galega e PortuguesaCentro
Facultade de FiloloxíaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
- Realizar un percorrido pola poesía galega dende a aparición das vangardas ós nosos días.
- Analiza-las particularidades que presenta o singular desenvolvemento da poesía galega nesa etapa.
- Estudo dos autores máis representativos e dos textos máis relevantes.l. As vangardas. Concepto e significado.
2. A poesía galega durante a guerra civil e inmediata posguerra.
3. Os anos 50. A creba dun silencio.
4. A Xeración de 1936 e a singularidade da chamada Promoción de Enlace.
5. A Xeración das Festas Minervais. A referencia dun futuro.
6. Un novo rumbo poético (1976-1980).
7. A poesía dos anos 80 e 90. Últimas tendencias poéticas.BÁSICA:
Alonso Montero, X. e Miro Villar (eds.), Guerra civil e literatura galega. Textos e documentos. Santiago: Consello da Cultura,l999.
Carballo Calero,R.,Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia, 1981.
COMPLEMENTARIA:
Forcadela, M., "Poesía de posguerra", capítulo 34 do t. IV da Historia da literatura galega da ASPG.
González-Millán,X., Literatura e sociedade en Galicia (1975-90). Vigo: Xerais, 1994.
López Casanova, A., "Diccionario metodolóxico de análise literaria. I. A poesía". Vigo: Galaxia, 2001.
Méndez Ferrín, X. L.,De Pondal a Novoneyra. Vigo: Xerais, l984.
Rodríguez Fer,C., Poesía galega. Crítica e metodoloxía. Vigo: Xerais, 1989.
Rodríguez Sánchez, F., Literatura galega contemporánea (problemas de método e interpretación). Vilaboa: Cumio, 1990.
Tarrío, A. (coord.). Galicia . Literatura. Vol. XXXIII: "A literatura desde 1936 ata hoxe.Poesía e teatro" (2001). A Coruña: Hércules Ed.
Vilavedra,D. (coord.). Diccionario da literatura galega.I.Autores Vigo: Galaxia, 1995.
VV. AA. González,H. (ed.), A tribo das baleas. Poetas de arestora. Vigo: Xerais, 2001.- Conseguir que o alumnado teña a máis completa visión dos principais fitos poéticos que se insiren no período a estudar.
- Garanti-la capacidade do estudante para interpreta-los trazos que definen a poesía galega como froito das coordenadas sociais e culturais nas que se foi desenvolvendo.
- Ser quen a ubicar na cronoloxía literaria os principais textos e autores, e de identifica-las súas singularidades.Combinaranse as sesións expositivas co comentario de textos literarios nas sesións prácticas.
Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases a fin de poder asimilar progresivamente a información e de participar na aula.
Nos inicios do curso fixaranse unha serie de lecturas obrigatorias así como as citas das titorías personalizadas. Nelas o profesor fará un seguimento do proceso de aprendizaxe e o alumnado terá que demostra-lo seu grao de aproveitamento e expoñe-las súas dúbidas.Exame final (70%)
Valoración da participación na aula nas distintas actividades que se encarguen (30%).
Os alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia ás aulas avaliaranse de acordo cos seguintes criterios: exame final (70%) e traballo que deberán concertar co profesor (30%).
Serán obxecto de estimación positiva a corrección ortográfica e gramatical e a propiedade na expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica do discurso.
Os criterios expostos manterán validez na primeira e na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".Ademais do tempo de docencia presencial (sesións expositivas + seminario) e da asistencia ás titorías programadas, o alumno debe dedicar ó traballo persoal o tempo seguinte:
30 hs. de lecturas programadas.
70 hs. de estudo.Resulta moi conveniente que o alumno repare con atención nos textos e nas indicacións que sobre eles vaia facendo o profesor, no día a día, ó longo do curso.
-
Jose Manuel Antonio Salgado Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- xosem.salgado@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Xoves 10:00-11:00 Grupo /CLE_01 Galego C07 11:00-12:00 Grupo /CLE_01 Galego C07 Venres 10:00-11:00 Grupo /CLIS_01 (A-L) Galego C01 11:00-12:00 Grupo /CLIS_02 (M-Z) Galego C01 Exames 02.06.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIS_02 (M-Z) C10 02.06.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_01 C10 02.06.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIS_01 (A-L) C10 04.07.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIS_02 (M-Z) C01 04.07.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_01 C01 04.07.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIS_01 (A-L) C01