-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Filoloxía Clásica, Francesa e ItalianaÁreas:
Filoloxía GregaCentro
Facultade de FiloloxíaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
1.- Coñecer e dominar a gramática do grego clásico en liñas xerais.
2.- Adquirir un vocabulario básico do grego.
3.- Adquirir destreza na lectura, comprensión e tradución dos textos e autores propostos.Revisión dos coñecementos gramaticais necesarios para o dominio da gramática ao nivel do curso.
Tradución e comentario de textos de prosa de pouca dificultade (entregarase aos alumnos unha antoloxía), con especial atención aos aspectos fonéticos e morfolóxicos e insistindo na aprendizaxe de léxico e gramática.Gramática:
O libro de base de gramática grega é E. Bornemann, E. Risch, «Griechische Grammatik», Frankfurt, 1978 (2ª ed.), que será resumido en apuntamentos que serán entregados aos alumnos.
Moi amplas son dúas obras de referencia, que serven para todo o grao:
Evert van Emde Boas, Albert Rijksbaron, Luuk Huitink, Mathieu de Bakker, The Cambridge Grammar of Classical Greek. Cambridge: Cambridge University Press 2019
Jiménez López, D. coord., Sintaxe do grego antigo, Madrid, CSIC, 2021. 2 vols.
Outros manuais de gramática útiles (Gildersleeve, Goodwin, Rydberg- Cox, Smyth) están dispoñibles en www.perseus.tufts.edu
O dicionario máis completo é agora Logeion: www.logeion.chicago.edu
Acaba de aparecer: «The Cambridge Greek Lexicon», Cambridge, CUP, 2021
Un dicionario para uso máis sinxelo, aínda sen concluír, é www.dicciogriego.esDominar a parte de gramática grega obxecto de revisión nesta materia.
Memorizar o vocabulario proposto para esta materia.
Analizar e traducir correctamente os textos propostos.Tres horas de clase semanais en dous eixos: análise, comentario e tradución de textos e explicacións teórico-prácticas de gramática.
Os materiais necesarios facilitaránse a través da Aula Virtual.Avaliarase a asistencia e participación na clase (10% do total). Un 10% de faltas non xustificadas supoñerá a perda do dereito de avaliación na primeira convocatoria.
Haberá tres oportunidades ao longo do curso para superar o nivel esixido de gramática e léxico. Sen superalas, non poderá aprobarse a materia.
Haberá dous exames (o segundo, na data oficial) de análise e tradución de textos dun nivel similar aos propostos en clase, preguntando tamén sobre textos preparados preparados en casa polos alumnos. Farase a media dos dous notas, que será o 90% do total.
Na segunda oportunidade a nota será o resultado dos exames de análises e tradución de textos de acordo co nivel proposto en clase. Previamente deberán superar a proba de avaliación do nivel de gramática e léxico.
Para os alumnos con dispensa oficial de asistencia, o exame oficial será o único co que se avaliará. Previamente deberán superar a proba de avaliación do nivel de gramática e léxico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.4 horas semanais de aprendizaxe de gramática e vocabulario. 6 horas semanais de tradución.
É fundamental a asistencia a clase e a constancia no traballo persoal en casa.
-
Angel Ruiz Perez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811886
- Correo electrónico
- angel.ruiz@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julia Hombre Iglesias
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Correo electrónico
- julia.hombre.iglesias@usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Luns 13:00-14:00 Grupo /CLIS_01 (A-L) Castelán D07 13:00-14:00 Grupo /CLIS_02 (M-Z) Castelán D09 Martes 13:00-14:00 Grupo /CLE_01 Castelán C11 Mércores 11:00-12:00 Grupo /CLE_01 Castelán D11 Exames 23.01.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIS_01 (A-L) C11 23.01.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIS_02 (M-Z) C11 23.01.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_01 C11 23.06.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIS_02 (M-Z) C11 23.06.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIS_01 (A-L) C11 23.06.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_01 C11