Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Traballos presentados

Caracterización molecular de Escherichia coli bacteriémicos pertencentes aos serogrupos O4, O6, O18 e O75
Autoría
A.G.S.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 10:00
Resumo
E. coli é o principal axente causante de bacteriemias en seres humanos, as cales están a aumentar de forma significativa a nivel mundial nas últimas décadas. Ademais, a esta preocupación clínica súmaselle a emerxencia de clons de alto risco que presentan resistencia múltiple aos antimicrobianos e complican o tratamento clínico dos pacientes. Neste traballo levouse a cabo a caracterización fenotípica (serotipado e antibiograma) e molecular (PCR convencional e secuenciación Sanger) de 53 cepas bacteriémicas illadas no HULA entre os anos 2020 e 2022. Os resultados indican que as cepas dos serogrupos O4, O6, O18 e O75 teñen unha prevalencia significativa entre os E.coli bacteriémicos na nosa área sanitaria entre os anos 2020 e 2022, sendo as cepas do serogrupo O6 as máis numerosas. Ao comparar estes datos co estudo previo realizado no LREC-USC entre os anos 1989 e 2011, non observamos diferenzas significativas en canto á prevalencia destes catro serogrupos. O nivel de resistencia a antimicrobianos detectado nas cepas dos serogrupos O4, O6 e O18 é relativamente baixo, e unicamente as cepas O75 destacan pola súa significativa resistencia ás quinolonas. En contraste, a gran maioría das cepas destes catro serogrupos posúen un elevado número de xenes de virulencia típicos do patotipo ExPEC, o que reflicte un importante potencial de patoxenicidade responsable sen dúbida do seu éxito como patóxenos. Ademais, a presenza do clon emerxente ST1193 entre as cepas pertencentes ao serogrupo O75 estudadas neste traballo, apoia outros estudos previos, pero non parece ter unha significativa prevalencia na nosa área sanitaria. A alta incidencia das cepas dos serogrupos O4, O6, O18 e O75, xunto co seu elevado número de xenes de virulencia, xustifica plenamente a súa inclusión nas vacinas preventivas contra ExPEC.
Dirección
Flament Simon, Saskia Camille (Titoría)
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Vogal)
Avaliación da firma bacteriana en mostras de ADN fecal como ferramenta complementaria para a detección temperá do cáncer colorrectal
Autoría
R.C.A.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 09:15
Resumo
O cancro colorrectal (CCR) é unha das principais causas de morbilidade e mortalidade a nivel mundial, subliñando a importancia da detección temperá para mellorar as taxas de supervivencia dos pacientes. Neste contexto, levouse a cabo un proxecto de investigación utilizando a análise RAID-CRC Screen, unha técnica innovadora que combina a extracción de ADN fecal co análise da firma bacteriana mediante qPCR (reacción en cadea da polimerasa cuantitativa en tempo real). O obxectivo principal desta investigación foi avaliar se a incorporación da análise RAID-CRC Screen (qPCR de ADN fecal para a firma bacteriana) podería mellorar as características do Test Inmunohistoquímico Fecal (FIT), reducindo potencialmente a necesidade de realizar probas invasivas. A hipótese central plantexaba que as alteracións na firma bacteriana fecal poderían diferenciar entre casos verdadeiramente positivos de CCR e falsos positivos inducidos por outros factores, como hemorraxias gastrointestinais menores. Para acadar este obxectivo, obtivéronse mostras de pacientes que consentiron participar no estudo, seguidas da extracción de ADN fecal e do análise da firma bacteriana mediante qPCR. Isto permitiu identificar posibles desequilibrios na microbiota intestinal asociados co CCR. Os resultados obtidos concluíron que a análise da microbiota só mellora a sensibilidade, pero non aporta unha mellora significativa sobre a proba FIT. Ademais, só se atopou unha diferenza significativa entre diagnósticos dentro dos cinco grupos de bacterias estudadas, o que suxire a necesidade de modificar as bacterias estudadas para mellorar a proba.
Dirección
CABEZAS SAINZ, PABLO (Titoría)
Regueiro Expósito, Cristina Cotitoría
Cubiella Fernández, Joaquin Cotitoría
Tribunal
Bouza Fernandez, M Carmen (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
Análise da especifidade na inhibición da actividade ribonucleasa H do virus da inmunodeficiencia humana
Autoría
R.E.B.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 09:15
Resumo
A actividade retrotranscriptasa (RT) do VIH (virus da inmunodeficiencia humana) é esencial para o seu ciclo replicativo debido as súas dúas principais actividades, a ribonucleasa H (RNasa H) e a DNA polimerasa dependente de RNA (RDDP). Por iso se desenvolven cada vez máis medicamentos antirretrovirais que inhiben estas actividades esenciais do virus, como o axente antiviral en desenvolvemento, YCL2-155. Este inhibidor presenta unha actividade dual, é dicir, inhibe ambas actividades da RT (RNasa H e RDDP) polo que sería unha proposta moi interesante e innovadora no mercado. Por este motivo realizáronse ensaios con YCL2-155 en cepas representativas, de tipo salvaxe (WT), do VIH-1: do grupo M subtipo B (BH10) e do grupo O (ESP-49) para comprobar a súa efectividade. Os resultados mostraron como ESP-49 foi tres veces máis resistente na inhibición da RNasa H e dúas veces máis resistente na inhibición de RDDP en comparación con BH10. Debido a estes resultados, procedeuse a observar nun programa de modelado molecular (ChimeraX 1.4) as variacións estructurais a nivel aminoacídico do aliñamento de ambas cepas para poder encontrar así un sitio de unión o cal explicara os resultados obtidos. Para a RNasa H identificáronse catro posibles sitios de unión do inhibidor ao seu centro activo en BH10: E449, T477, I482, Y483. Para RDDP concluiuse que o lugar que tiña maior probabilidade de unión era un sitio non análogo a nucleósido, Y181, que é unha das mutacións que sufre a RT debido á presencia de NNRTIs (inhibidores non nucleósidos da transcriptasa inversa, como é YCL2-155) e que explicaría esa diferenza de resistencia. Por último, a efectividade do inhibidor dual YCL2-155 podería ser prometedora para a terapia antirretroviral do VIH, pero se necesita máis investigación en modelado molecular e realizar ensaios con mutantes para corroborar os sitios de unión.
Dirección
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Titoría)
Menéndez Arias, Luis Cotitoría
Tribunal
Bouza Fernandez, M Carmen (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
Seguridade alimentaria: monitorización integrada de antibiorresistencias (RAM)
Autoría
P.G.A.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 09:15
Resumo
Nun mundo no cal a revolución da intelixencia artificial parece que vai mudalo todo, a pandemia silenciosa da resistencia aos antimicrobianos constitúe, xunto co cambio climático, unha das maiores ameazas para a humanidade. De feito, os retos da loita contra o quecemento global e a RAM están estreitamente vencellados. Por iso, a Organización Mundial da Saúde (OMS) establece que prioridades como estas ou a seguridade alimentaria deben ser abordadas baixo un enfoque One Health para manter o equilibrio dos ecosistemas. Esta perspectiva baséase en que a saúde humana, animal e ambiental están totalmente interrelacionadas. Os animais son reservorios de microorganismos zoonósicos e/ou resistentes aos antimicrobianos, e os alimentos actúan como vehículos transmisores dos mesmos. Neste sentido, o xabaril (Sus scrofa) é unha especie sentinela ideal debido á súa crecente abundancia, distribución e relevancia epidemiolóxica, pola súa proximidade a medios urbanos e rurais. Ademais, constitúe unha fonte de carne de caza, un hábito gastronómico cada vez máis popular, cuxa calidade microbiolóxica, en base aos resultados do presente traballo, foi insatisfactoria no 20 % dos alimentos. Neste estudo analizáronse 29 mostras de carne de xabaril. Dúas delas (6,9 %) resultaron portadoras de senllos patotipos de Escherichia coli potencialmente patóxenos, EPEC e ExPEC, apuntando a unha posible orixe humana na manipulación. Ademais, un 27,6 % foron positivas para a recuperación de Klebsiella pneumoniae. O estudo de resistencia mediante PCR e o método de difusión disco-placa tamén determinou que un 20,7 % dos alimentos portaban E. coli multirresistentes (MDR), e que o 10,3 % eran positivos para E. coli produtoras de betalactamasas de espectro estendido (BLEE). En conclusión, a carne de xabaril pode ser fonte de enterobacterias de risco para o consumidor, como E. coli produtoras de BLEE e K. pneumoniae. Así pois, deberían incluírse as carnes de caza nos programas de control de bacterias resistentes, informando sobre a súa correcta manipulación para garantir a seguridade alimentaria.
Dirección
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Titoría)
GARCIA MENENDEZ, VANESA Cotitoría
Tribunal
Bouza Fernandez, M Carmen (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
Desenvolvemento de sistemas de liberación a base de polímeros biocompatibles e a súa avaliación sobre a cicatrización de feridas
Autoría
A.I.G.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 09:15
Resumo
O uso de aceites esenciais e dos seus compostos en aplicacións biomédicas é cada vez máis demandado, pero a súa manipulación ou aplicación directa resulta limitada debido ás súas características fisicoquímicas como son: a súa volatilidade, degradación ou perda de capacidade antioxidante, ó se expor ás condicións da atmosfera. Para solventar esta limitación, neste traballo encapsulouse o axente activo de interese (carvacrol) en dous polímeros (carboximetilulosa sódica e alxinato de sodio) empregando para iso unha técnica de encapsulación novedosa como é a formación de microcápsulas mediante unha boquilla de vibración coaxial a dispersión. Os resultados obtidos neste traballo suxiren que esta formulación podería ser unha boa opción á hora de usarse como apósito de feridas polas súas propiedades mostradas de hinchamento e liberación que permitirían manter un ambiente húmido sen exudados; non obstante, necesítanse estudos adicionais para dilucidar completamente o seu comportamento e características para o tratamento de feridas e o seu uso habitual como apósito novidoso.
Dirección
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA M. (Titoría)
Tribunal
Bouza Fernandez, M Carmen (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
Posta a punto e validación dun método de valoración de adenosina e inosina por HPLC
Autoría
J.N.C.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 09:15
Resumo
Debido á gran cantidade de efectos beneficiosos asociados aos metabolitos adenosina e inosina, neste traballo puxemos a punto e validamos un método de cromatografía líquida de alta resolución (HPLC) en fase reversa e elución en gradente co obxetivo de valorar a súa presenza nun alimento de consumo frecuente como é o leite, e máis concretamente, o leite xerado en Galicia, tendo en conta a crecente importancia atribuida ao consumo de alimentos de boa calidade nutricional co obxetivo de previr a aparición de enfermedades a longo prazo. O uso deste método con diferentes mostras de leite permitiunos obter cromatogramas formados por múltiples picos, entre os que fomos capaces de distinguir os de adenosina e inosina grazas ao estudo dos tempos de retención, estimados pola inxección de patróns, a realización de sobrecargas e a análise do espectro de absorción UV, chegando finalmente á conclusión de que este método é adecuado para valorar de forma simultánea ambos metabolitos.
Dirección
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Titoría)
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO Cotitoría
Tribunal
Bouza Fernandez, M Carmen (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
Ensaios de xenotrasplante en peixe cebra como modelo de estudo de tumores primarios de glioblastoma
Autoría
D.P.O.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 09:15
Resumo
O glioblastoma (GBM) é o tumor cerebral maligno primario máis prevalente en adultos e un dos máis agresivos e invasivos do sistema nervioso central (SNC). A pesar dos continuos esforzos da comunidade científica para desenvolver novas terapias, o estándar de tratamento actual; resección cirúrxica máxima seguida de radioterapia e quimioterapia adxuvante con temozolamida (TMZ), só ofrece melloras limitadas na duración da supervivencia media dos pacientes con GBM, que acada os 14,6 meses tras o tratamento. Estas características converten a esta patoloxía nun dos maiores retos aos que se enfronta a neurooncoloxía na actualidade. O recente desenvolvemento das técnicas moleculares revelou a heteroxeneidade inter e intratumoral do GBM e a súa asociación directa co prognóstico da enfermidade, subliñando a necesidade de novos enfoques terapéuticos dirixidos a tratamentos personalizados. Neste contexto, o peixe cebra (Danio rerio) emerxeu como un organismo modelo prometedor na investigación oncolóxica polas súas vantaxes biolóxicas, xenéticas, económicas e éticas. O xenotrasplante de células humanas de GBM en embrións de peixe cebra demostrou ser un valioso modelo preclínico para estudar in vivo o crecemento tumoral, a invasión e a resposta ás terapias, así como as interaccións tumor-microambiente, proporcionando coñecementos críticos sobre a fisiopatoloxía do GBM. Neste traballo, exploramos a utilidade do xenotrasplante en peixe cebra como modelo preclínico para avaliar estratexias de medicina personalizada para o tratamento do GBM. Os nosos achados respaldan como o peixe cebra pode ofrecer unha plataforma única para avaliar rapidamente a eficacia e resistencia das terapias dirixidas baseadas nos perfís moleculares específicos das células de GBM. Ao pechar a brecha entre a caracterización molecular e a aplicación clínica, este modelo ten un potencial significativo para acelerar o desenvolvemento de tratamentos máis efectivos e individualizados para os pacientes con esta patoloxía.
Dirección
CABEZAS SAINZ, PABLO (Titoría)
Tribunal
Bouza Fernandez, M Carmen (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
Neuroquímica da comunicación sensorial no can: análise do sistema olfativo e vomeronasal na etapa perinatal
Autoría
E.S.V.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 09:15
Resumo
A comunicación química, tanto entre individuos da mesma especie como con outros elementos da contorna, xoga un papel fundamental para a supervivencia de todos os organismos. O sistema olfactivo principal e o sistema vomeronasal (SVN) teñen como función a detección e procesamento destes sinais químicos, entre os que se atopan feromonas e kairomonas. Os neurorreceptores, situados na mucosa olfactiva e o órgano vomeronasal (OVN), captan a información e envían aferencias ao bulbo olfactivo principal e bulbo olfactivo accesorio, respectivamente, que actúan como centros de integración. A pesares dos esforzos realizados recentemente para a caracterización neuroquímica destes sistemas tanto no can como en cánidos salvaxes, existe un importante baleiro no coñecemento sobre o seu grao de desenvolvemento na etapa perinatal. O sistema vomeronasal regula numerosos aspectos da vida socio-sexual dos animais, desde as condutas sexuais ata a detección e evasión de depredadores, polo que resulta de gran interese o estudo do seu desenvolvemento en cachorros neonatos co fin de esclarecer o seu posible papel na comunicación materno-filial. Neste traballo empregamos técnicas histolóxicas, histoquímicas e inmunohistoquímicas para caracterizar morfolóxica e funcionalmente os sistemas olfactivo e vomeronasal do can en idade perinatal. O amplo espectro de marcadores empregados permitiu determinar a funcionalidade das estruturas receptoras e centros integradores destes sistemas. Así mesmo, puidemos constatar a existencia dunha comunicación viable entre o órgano vomeronasal e as cavidades nasal e oral, a través do conduto incisivo, o que abre a porta á existencia dunha comunicación química dende o momento do nacemento. Finalmente, o estudo dun cadelo con padal fendido demostra que esta malformación pode resultar nunha atrofia do OVN que previsiblemente se traduciría en futuras alteracións do comportamento, especialmente relacionadas coa súa conducta socio-sexual.
Dirección
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Titoría)
ORTIZ LEAL, IRENE Cotitoría
Tribunal
Bouza Fernandez, M Carmen (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
Prevención da dermatite atópica modulando a microbiota materna durante a xestación
Autoría
S.A.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
A dermatite atópica é unha enfermidade inflamatoria crónica da pel que aparece fundamentalmente en nenos. A súa fisiopatoloxía é complexa e multifactorial. Entre os factores involucrados nela temos: factores xenéticos, unha resposta inmune alterada e o equilibrio microbiolóxico alterado das barreiras cutánea e intestinal. Neste traballo fixemos unha revisión bibliográfica co obxectivo de ampliar o coñecemento acerca da posibilidade de previr a dermatite atópica na descendencia mediante a modulación da microbiota da nai durante a xestación. A microbiota humana encárgase, entre outras cousas, da regulación do sistema inmunitario, levando a pensar que a colonización precoz que ocorre na vida pode ser crucial para controlar a maduración do sistema inmunitario e o desenvolvemento de alerxias nos nenos. O desenvolvemento inmunolóxico do feto comeza antes do parto e probablemente sexa impulsado pola translocación da microbiota ou os seus metabolitos, do intestino materno á unidade materno-fetal ou outras superficies mucosas.Propúxose que a influencia recíproca da microbiota intestinal e cutánea, o chamado “eixo intestino-pel”, tamén desempeña un papel no desenvolvemento e os síntomas da EA. A disbiosis xoga un papel importante no desenvolvemento da dermatite atópica. Dada a relación directa entre a microbiota materna e a colonización inicial do intestino do neno, sabemos que existen unha serie de factores perinatales que poden influír nela como son: o estado de saúde materna, dieta materna, idade xestacional, xenética, modo de nacemento, consumo de antibióticos por parte da nai e/o descendencia e a dieta infantil. Os prebióticos, probióticos e certos aspectos da dieta como un aumento da inxesta de ácidos graxos poliinsaturados de cadea longa de omega-3 son algunhas das estratexias prometedoras para regular a microbiota materna.
Dirección
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Titoría)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Secretario/a)
CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Vogal)
Manexo nutricional da mucosite causada polos tratamentos oncolóxicos
Autoría
M.D.C.A.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
A mucosite é a inflamación das mucosas do tracto gastrointestinal desde a boca ata o ano orixinada principalmente como efecto secundario dos tratamentos antineoplásicos no cancro. Os tratamentos contra o cancro teñen efectos secundarios e orixinan distintos tipos de toxicidade, destacando a mucosite, que corresponde a unha toxicidade precoz e que aparece días ou semanas despois da quimioterapia. A opción máis utilizada para a clasificación da mucosite é o sistema da Organización Mundial da Saúde (OMS). Neste traballo de revisión bibliográfica revísase a literatura sobre os métodos de prevención e tratamento máis eficaces para esta patoloxía, segundo as Guías MASCC/ISOO, que se aplican co fin de evitar a interrupción do tratamento oncolóxico. Á súa vez, examináronse os alimentos, nutrientes e suplementos nutricionais que poden mellorar esta condición. Entre estes últimos destacan o mel, certas plantas medicinais como o Áloe vera ou a camomila, algúns aminoácidos como a glutamina, a dieta elemental, ou os probióticos. Resulta particularmente interesante a utilidade do denominado xeado terapéutico, unha alternativa dietética que achega distintas cantidades de enerxía, proteínas, carbohidratos e graxas que poderían potenciar os efectos da crioterapia e apoiar o estado nutricional do paciente. Ademais, achéganse recomendacións e consellos dietéticos para pacientes con mucosite baseados nas directrices da SEEN e a SEEO, co obxectivo de que os pacientes non interrompan o seu tratamento e melloren á súa vez a súa calidade de vida.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Secretario/a)
CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Vogal)
Influencia dos estróxenos na absorción do calcio e na saúde ósea feminina
Autoría
L.B.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
Esta revisión da literatura introduce o metabolismo do calcio e despois explora como as hormonas femininas e a microbiota intestinal son capaces de modulalo. Así mesmo, examínase como a menopausa, que leva a unha diminución dos niveis de estróxenos, afecta negativamente á absorción de calcio tanto intestinal como renal e, polo tanto, aumenta o risco de enfermidades óseas como a osteoporose. Analízase o papel fundamental dos estróxenos na absorción de calcio e o seu impacto na saúde ósea feminina. Determinados factores dietéticos, como o calcio, o fósforo, o cinc, os carbohidratos, as proteínas, as vitaminas A, C, D ou K e os prebióticos, poden favorecer a absorción do calcio. Pola contra, outros compoñentes da dieta, como o sodio, o potasio, o estroncio ou o magnesio, provocan unha diminución. Tamén hai outros compoñentes dos alimentos cunha estrutura similar aos estróxenos, os fitoestróxenos, que poden ter unha influencia positiva ou negativa, dependendo da cantidade de hormonas femininas que circulan polo plasma. O exercicio físico mellora e reduce as complicacións da osteoporose por deficiencias de estróxenos, mentres que o consumo de alcohol ou tabaco aumenta a debilidade ósea. Por último, proponse un enfoque nutricional cun menú cualitativo para mitigar as deficiencias de calcio e o seu risco para a saúde ósea feminina, que se producen pola perda subxacente de estróxenos nas mulleres posmenopáusicas.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION Cotitoría
Tribunal
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Secretario/a)
CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Vogal)
É a kombucha unha alternativa ao consumo de bebidas comerciais?
Autoría
L.D.L.S.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
As enfermidades non transmisibles (ENT) son responsables da morte de 41 millóns de persoas cada ano. Entre os factores que aumentan o risco de morrer por unha ENT atópase unha mala alimentación. É por iso que a OMS establece diferentes medidas e recomendacións para evitar este problema e, entre elas, a recomendación de reducir a inxesta de azucres libres a menos do 10 % da inxesta enerxética total. Debido ao elevado contido de azucres das bebidas refrescantes, as bebidas enerxéticas e os zumes e néctares de froita, están a introducirse no mercado diferentes bebidas funcionais como a kombucha. Polo tanto, neste Traballo Fin de Grao estúdase o consumo das bebidas refrescantes, enerxéticas e zumes comerciais por parte da poboación e avalíase se a kombucha, que é unha bebida elaborada tradicionalmente a partir da fermentación de té negro ou verde, é unha alternativa ao consumo destas bebidas industriais. Utilizouse o método da enquisa persoal na que participaron 260 persoas, comprobándose que máis do 50 % das mesmas consumían bebidas refrescantes, só un 10 % aproximadamente consumían bebidas enerxéticas, un 50 % consumían zumes e só un 40 % probara a kombucha. Na enquisa realizada comprobouse que, en xeral, as persoas participantes eran coñecedoras do elevado contido en azucre destas bebidas e dos posibles inconvenientes das mesmas. Ademais, mostráronse abertos a probar ou a consumir máis a bebida de kombucha. Con todo, é necesario estandarizar, regular e lexislar a manufacturación da kombucha para asegurar un produto de calidade que conserve os efectos beneficiosos desta bebida para poder considerala como unha alternativa ás bebidas comerciais actuais.
Dirección
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Titoría)
Tribunal
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Secretario/a)
CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Vogal)
A publicidade: Amiga ou inimiga da alimentación saudable?
Autoría
P.F.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
O obxectivo desta investigación é coñecer o contido da publicidade alimentaria televisiva e estudar a súa posible influencia na alimentación dos consumidores. Durante dúas semanas analizáronse as cadeas Antena 3, Telecinco e a Televisión de Galicia, nas franxas horarias de 16:00 a 18:00 horas e de 21:00 a 24:00 horas. Neste período rexistráronse un total de 7.025 anuncios, dos cales 2.077 foron anuncios alimentarios, o que supón un 31 % do total da publicidade. Os anuncios de alimentos clasificáronse en base ao sistema NOVA, observándose que a maioría están dedicados a incentivar o consumo de produtos ultraprocesados, xa que supoñen un 70 % dos anuncios de alimentos. Estes alimentos, a miúdo, presentan unha composición que discrepa das recomendacións de expertos e institucións sanitarias que hai que cumprir para levar unha alimentación saudable e para previr enfermidades non transmisibles. Por outra banda, estudouse a relación das marcas favoritas de alimentos, supermercados e cadeas de restaurantes dos consumidores coa publicidade televisiva, obtendo como resultado que as marcas de preferencia destes son, en moitas ocasións, as máis promocionadas na televisión. Así mesmo, observouse que tamén os suplementos/complementos alimenticios están presente na publicidade televisiva, aspecto que debería terse en conta. Polo tanto, deberíanse incluír estratexias para converter a publicidade televisiva nun medio idóneo para promocionar unha alimentación consciente e variada, contando coa participación de Dietistas-Nutricionistas.
Dirección
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Titoría)
Tribunal
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Secretario/a)
CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Vogal)
Avaliación da dieta de mulleres deportistas na modalidade de remo de banco fixo
Autoría
L.F.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
O remo de banco fixo é unha modalidade non olímpica, que consiste en desprazar unha embarcación entre trece remeiras e unha patroa, recorrendo unha distancia de 2778 m nas competicións. Os diferentes aspectos técnicos propios deste deporte fan necesario investigar sobre as necesidades fisiolóxicas das deportistas para optimizar o rendemento, empezando pola nutrición. O obxectivo deste traballo foi avaliar a dieta dun equipo feminino de remo de banco fixo antes e despois de darlles unha serie de recomendacións nutricionais. A través dun cuestionario de frecuencia e un rexistro de tres días recolleuse información de 16 remeiras. Despois das recomendacións, o consumo de alimentos ricos en hidratos de carbono complexos aumentou, así como o consumo de froitas, verduras e alimentos proteicos baixos en graxas saturadas. Todo isto se acompañou dunha redución do peso corporal total e da masa graxa das deportistas. Este traballo pon en evidencia a importancia do traballo colaborativo entre o adestrador e o nutricionista para obter beneficios na saúde do deportista, evitar lesións e mellorar o rendemento.
Dirección
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Titoría)
Cepeda Sáez, Alberto Cotitoría
Tribunal
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Secretario/a)
CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Vogal)
Esofaxite eosinofílica
Autoría
I.P.F.V.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
A esofaxite eosinofílica (EEo) é unha enfermidade crónica do esófago causada por unha resposta inmune fronte a antíxenos alimentarios ó pórse en contacto coa mucosa esofáxica. Entre os síntomas que se producen nesta enfermidade atópanse a disfunción e inflamación da mucosa esofáxica. Nos últimos tempos, aumentou de forma considerable, a gran cantidade de evidencia científica sobre os aspectos epidemiolóxicos, fisiopatolóxicos, clínicos e terapéuticos de esta enfermidade. O tratamiento da EEo comprende o uso de inhibidores da bomba de protóns (IBP), corticoides tópicos e tratamento dietético. Para identificar os alimentos causantes da EEo utilízase unha dieta de eliminación empírica de seis alimentos que consiste en suprimir da dieta os seis alimentos máis comúnmente asociados coa alerxia (proteína de leite de vaca, trigo, ovo, soja, froitos secos, e pescado e mariscos), logrando así a remisión histolóxica da enfermidade.
Dirección
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Titoría)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES Cotitoría
Tribunal
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Secretario/a)
CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Vogal)
A microbiota intestinal e a súa relación coa saúde e coa enfermidade
Autoría
P.L.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
Este traballo de revisión bibliográfica aborda a importancia da microbiota intestinal na saúde humana e o seu impacto en diversas enfermidades. A microbiota intestinal exerce un papel clave no proceso dixestivo e a regulación metabólica do huésped; e adquírese xa nas primeiras etapas da vida. Destaca cómo a composición da microbiota vese influenciada por factores xenéticos, dietéticos e de estilo de vida, establecendo o seu rol fundamental dende o nacemento ata a idade adulta. Este traballo permítenos resaltar as funcións clave da microbiota na dixestión, absorción de nutrientes, síntesis de vitaminas, protección contra patóxenos e na modulación do sistema inmune. Examínase a relación entre a disbiosis, un desequilibrio na composición da microbiota con enfermidades gastrointestinais, metabólicas, cardiovasculares e neuropsiquiátricas, evidenciando un vínculo significativo. Ademais, analizáronse estratexias de modulación da microbiota destacando o seu potencial terapéutico. O obxetivo de este traballo e crear conciencia sobre a importancia do microbioma no corpo e resaltar a necesidade de realizar máis investigacións para comprender mellor a complexa relación entre a microbiota intestinal e a saúde-enfermidade e desarrollar terapias efectivas que utilicen a microbiota intestinal.
Dirección
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Titoría)
Tribunal
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Secretario/a)
CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Vogal)
Estudo de asociación supramolecular en biomoléculas.
Autoría
A.C.L.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:00
Resumo
A enfermidade de Alzheimer (EA) é unha patoloxía neurodexenerativa que representa a causa máis prevalente de demencia. Dado que aínda non se identificou un tratamento definitivo para esta enfermidade, existen múltiples liñas de investigación activas na procura de posibles propostas terapéuticas. Na actualidade, a hipótese máis consolidada sobre a patoxénese da EA baséase na acumulación de péptidos b-amiloide (Ab) no cerebro, o cal conduce á formación de agregados neurotóxicos. Esta teoría serve de sustento para unha iniciativa emerxente de tratamento destinada a reducir a cantidade cerebral de Ab, que se basea nun mecanismo de interacción, aínda incerto, entre estes péptidos e a seroalbúmina humana (HSA). Neste contexto, este traballo busca explorar e clarificar dita interacción mediante o estudo da complexación de monómeros de Ab-40 e Ab-42 marcados cun fluoróforo e a seroalbúmina bovina (BSA), como modelo da proteína humana. Os resultados obtidos neste estudo a partir das técnicas de fluorescencia de estado estacionario, anisotropía de fluorescencia e fluorescencia resolta no tempo axústanse a un modelo de asociación 1:1. Así mesmo, lográronse determinar cuantitativamente as constantes de asociación supramolecular (K) correspondentes, sendo estes valores de K (2,5 +/- 0,2) 104 M-1 e (2,12 +/- 0,02) 104 M-1 para o Ab-40 e o Ab-42, respectivamente. Estes resultados indican que existe unha elevada afinidade dos b-amiloides pola seroalbúmina, de xeito que unha parte importante do péptido estaría unida á proteína transportadora en condicións fisiolóxicas. Por tanto, este traballo supón un paso máis cara a comprensión do mecanismo de interacción entre os Ab e as seroalbúminas que, nun, futuro, podería permitir o desenvolvemento dun tratamento eficaz contra a enfermidade de Alzheimer.
Dirección
AL-SOUFI , WAJIH (Titoría)
Cora Calvo, Diego Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MANEIRO MANEIRO, MARCELINO (Secretario/a)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Vogal)
Estudo de resonancia magnética nuclear da interacción dun dipéptido cunha membrana celular modelo
Autoría
A.L.G.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:00
Resumo
Neste traballo estúdase a influencia dun péptido na estabilidade dunha membrana lipídica. O péptido seleccionado é a difenilalanina e o fosfolípido de membrana 1,2-dimiristoil-sn-glicero-3-fosfocolina (DMPC), usados como moléculas modelo neste estudo. Preparáronse varias mostras con diferentes compoñentes utilizando dous tipos de cloroformo para a preparación das vesículas, unha que contén etanol e outra que contén amilenos como impureza. Estas mostras foron visualizadas en microscopía óptica, confocal e electrónica e analizáronse os espectros de RMN da difenilalanina soa, DMPC só e as combinacións respectivas de ambos. Cos resultados obtidos destas técnicas experimentais, chegouse á conclusión de que a difenilalanina interactúa a través do grupo carboxilo coa trimetilamina do DMPC, situándose no exterior da membrana da vesícula. Cando o cloroformo contén etanol como impureza, as vesículas de DMPC con difenilalanina no exterior teñen movemento libre, non obstante, cando a impureza do cloroformo son os amilenos, as vesículas agréganse e fan que perdan o seu movemento. A forma no que o amileno interactúa coa difenilalanina depende da súa concentración, xa que a baixas concentracións predomina unha forma de agregación e cando utilizamos amileno en gran volume para a formación de vesículas, os resultados de RMN e microscopía obtidos indican que provoca cambios na forma na que se empaquetan os fosfolípidos, o que fai que a membrana estea menos empaquetada e as moléculas de DMPC estean máis libres. Tendo en conta todos os cambios que se producen nas diferentes mostras, ao final proponse un modelo que explicaría a interacción destas moléculas cando coexisten.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MANEIRO MANEIRO, MARCELINO (Secretario/a)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Vogal)
Estudo da detoxificación en contornos acuáticos para a eliminación de decarbamoilSaxitoxina (dcSTX), mediante o emprego de nanopartículas magnéticas.
Autoría
C.L.R.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:00
Resumo
A proliferación de floracións de algas, que inclúen cianobacterias nocivas e dinoflaxelados, conleva ao incremento de toxinas prexudiciais tanto en ecosistemas mariños como en contornos de auga doce, o cal ten repercusións directas na saúde humana. Entre as toxinas producidas por estas microalgas atópanse as PSP, unhas das neurotoxinas máis potentes, responsables da síndrome paralizante por moluscos. Aínda que existe unha normativa europea das PSP en alimentos mariños, non hai unha regulación vixente en auga doce. Recentemente, en España, detectáronse toxinas PSP en masas de auga doce. Os sistemas de tratamento da auga presentes nas estacións potabilizadoras non son suficientes para a eliminación destas toxinas e non hai datos sobre os efectos crónicos da exposición a toxinas PSP. Por tanto, inclusive a presenza de baixas concentracións na auga de consumo humano podería presentar un problema notable. No presente traballo, preséntase un método de detoxificación da auga doce mediante o emprego de nanopartículas magnéticas. Utilizáronse oito tipos de partículas nanoestructuradas fabricadas con alginato de sodio e magnetita, xunto con diferentes materiais adsorbentes como o carbón activo, o grafeno, o carbón mesoporoso CMK3 e a pectina esterificada. Avaliouse a eficacia das partículas para a detoxificación de decarbamoilsaxitoxina (dcSTX) en disolución acuosa. Os resultados obtidos suxiren que as partículas de carbón activo son eficientes na eliminación da dcSTX da auga doce. A pesar de que este novo método preséntase como eficaz e innovador para eliminar toxinas PSP da auga, é necesario seguir investigando para melloralo.
Dirección
BOTANA LOPEZ, ANA MARIA (Titoría)
CAO CANCELAS, ALEJANDRO Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MANEIRO MANEIRO, MARCELINO (Secretario/a)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Vogal)
Estudo de microscopía óptica e microscopía electrónica de transmisión da interacción dun dipéptido cunha membrana celular modelo.
Autoría
D.M.F.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:00
Resumo
Co emprego de técnicas microscópicas como son a microscopía óptica de campo claro, a microscopía confocal e a microscopía electrónica de transmisión (TEM), estudáronse as vesículas previamente preparadas con DMPC e difenilalanina, todas elas en condicións distintas, obtendo un total de catro mostras diferentes coas que se traballará ao longo de todo o proxecto. Para a utilización da microscopía confocal utilizáronse dous colorantes fluorescentes, dos cales se calculou a concentración ideal de cada un: a Rodamina B, que asóciase co DMPC, e o Fast Green FCF, que asóciase coa difenilalanina. Todas estas análises son apoiados con técnicas espectroscópicas, que achegan espectros de resonancia magnética nuclear (RMN), COSY e ROESY para coñecer en maior detalle a estrutura das moléculas. Unha vez realizados os estudos correspondentes, procedeuse a almacenar as catro mostras previamente empregadas, coa finalidade de posteriormente volver analizalas coas técnicas de microscopía óptica de campo claro (esta vez aplicando tamén un filtro de luz polarizada) e de microscopía confocal. Desta maneira, poderase ver como evolucionaron as mostras tras o período de almacenamento. Todas as conclusións da discusión sobre os resultados xerados están recollidas no seu apartado correspondente, ao final do proxecto.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MANEIRO MANEIRO, MARCELINO (Secretario/a)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Vogal)
Caracterización lonxitudinal da composición da membrana das células sanguíneas do gando bovino
Autoría
C.M.S.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:00
Resumo
O sangue é un tipo especializado de tecido conectivo composto de elementos celulares e una matriz líquida denominada plasma. Estes compoñentes celulares sanguíneos están expostos aos cambios metabólicos que se producen no plasma e no corpo. En canto á súa abundancia no sangue, os eritrocitos constitúen o maior volume, seguidos dunha fracción moito menor de leucocitos e plaquetas. A súa interacción co medio externo está mediada por una membrana plasmática de contido particular, no que destacan os ácidos graxos como compoñentes indicadores do estado de saúde destes elementos e do organismo polo que circulan. A composición da membrana é dependente do medio, que depende á súa vez de múltiples factores tanto endóxenos como esóxenos. Neste traballo experimental analízase a composición de ácidos graxos da membrana de dous compoñentes celulares sanguíneos, os glóbulos vermellos e brancos, en gando bovino leiteiro en réxime intensivo. Utilízase un equipo de cromatografía de gases combinado cun detector de ionización en chama (GC-FID). O obxectivo é realizar a caracterización lonxitudinal dos ácidos graxos de membrana de eritrocitos e leucocitos bovinos, co fin de comprender a súa natureza e variabilidade. Observouse que os principais factores que producen cambios na membrana dos eritrocitos son a temperatura ambiental e o estado de xestación do animal. Así mesmo, pódese concluír que tanto os perfís como o patrón de cambio lonxitudinal dos ácidos graxos nas membranas é distinto entre os dous tipos de células sanguíneas, debido posiblemente ás diferenzas na súa vida media e na súa función celular. Por último, observouse que os tratamentos veterinarios promotores da produción láctea baseados en somatotropina recombinante, non inflúen significativamente na composición de membrana, a pesar de ter un impacto demostrado no metabolismo lipídico do animal.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Amezaga Mariezcurrena, Javier Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MANEIRO MANEIRO, MARCELINO (Secretario/a)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Vogal)
Estudo dos polimorfismos xenéticos implicados no balance de micronutrientes
Autoría
M.R.P.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:00
Resumo
A nutrición personalizada céntrase na adaptación da dieta en función das características individuais. Para iso, a nutrixenética encárgase de estudar a forma en que as variantes xenéticas, principalmente os polimorfismos de nucleótido único (SNP), inflúen na resposta dun individuo á dieta. Algunhas destas variantes están asociadas a diferentes respostas á inxestión alimentaria de micronutrientes, elementos esenciais que os seres vivos precisan en pequenas cantidades para realizar funcións metabólicas e fisiolóxicas vitais. O obxectivo deste traballo é elaborar un informe nutrixenético para un voluntario, centrándose naqueles polimorfismos relacionados cos niveis de micronutrientes (vitaminas e minerais). Para iso utilizáronse ferramentas clásicas de avaliación nutricional, como antropometría e bioimpedancia, un recordo dietético de 24 horas e un cuestionario sobre a actividade física e os hábitos alimentarios do voluntario. Por outra banda, realizouse unha proba nutrixenética salival e seleccionáronse e analizáronse 24 SNP relacionados co metabolismo de vitaminas e minerais. Os resultados obtidos da dieta do voluntario reflectiron desequilibrios nos niveis de vitaminas e minerais consumidos. Os niveis de vitamina A, D, K1, B3 e C foron baixos mentres que os de vitamina E, B12 e folatos foron altos. En canto aos valores minerais, foron elevados en todos os casos. Ademais, o voluntario presenta algúns polimorfismos relacionados con desequilibrios nos niveis destes micronutrientes. É o caso do SNP rs14654748, que está asociado a baixos niveis de vitamina B6 no sangue; SNP 1570669, asociado cunha maior degradación da forma activa da vitamina D e SNPrs855791, relacionado coa baixa absorción de ferro. A partir dos resultados obtidos, elaborouse un informe nutrixenético con recomendacións dietéticas destinadas a regular os niveis de vitaminas e minerais para garantir unha saúde óptima e a prevención de determinadas enfermidades.
Dirección
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Titoría)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MANEIRO MANEIRO, MARCELINO (Secretario/a)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Vogal)
Estudio dos polimorfismos xenéticos implicados no balance de macronutrientes
Autoría
N.V.L.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:00
Resumo
A relación entre a nutrición e a saúde foi evolucionando ao longo da historia grazas aos avances en medicina e á optimización da alimentación. A tendencia actual é a de conseguir unha nutrición óptima para previr trastornos metabólicos, cada vez máis comúns debido ao menor consumo de alimentos saudables e aos cambios no estilo de vida. O desenvolvemento das técnicas xenómicas e un maior coñecemento da interacción dos nutrientes da dieta coas variantes xenéticas deu lugar á aparición da nutrixenética. O obxectivo deste traballo é realizar un informe nutrixenético dun voluntario centrado en variantes xenéticas relacionadas co metabolismo dos macronutrientes. Para iso, ao voluntario do estudo realizóuselle un test nutrixenético en mostra de saliva. Da batería dos 700,000 polimorfismos dun só nucleótido analizados, escolléronse 30 relacionados co balance de macronutrientes (hidratos de carbono, proteínas e lípidos). Ademais, tamén se realizou unha valoración do estado nutricional do individuo, mediante antropometría e bioimpedancia, e información obtida do voluntario mediante un recordo dietético de 24 horas e un cuestionario sobre a actividade física e hábitos dietéticos. Os resultados do test nutrixenético mostran algúns SNPs que alteran a saciedade e outros que aumentan o risco de alteracións metabólicas, resistencia á insulina, hipertensión arterial e enfermidades cardiovasculares. Isto sumado a que o voluntario inxire máis enerxía da que necesitaría polo seu gasto enerxético total, destacando os elevados valores de ácidos graxos saturados e proteínas da súa dieta, permite concluír que debería mellorar o balance da inxesta de macronutrientes, así como os horarios das inxestas destes para regular a saciedade.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MANEIRO MANEIRO, MARCELINO (Secretario/a)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Vogal)
Deseño dun método baseado na técnica molecular LAMP para a detección de Klebsiella pneumoniae
Autoría
I.B.F.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
Klebsiella pneumoniae é unha bacteria gram negativa incluída dentro do grupo ESKAPE e un dos principais patóxenos oportunistas causante de infeccións nosocomiais. A propagación de cepas que combinan hipervirulencia con multirrestencia a fármacos, fai necesario o desenvolvemento de métodos rápidos para a detección deste patóxeno. Por iso, o obxectivo deste traballo foi o de desenvolver un método baseado na técnica molecular LAMP para a detección rápida deste patóxeno en tres matrices biolóxicas: sangue, ouriños e leite. Para iso, probáronse e comparáronse catro métodos simples de extracción de ADN diferentes. Optimizouse o ensaio con chelex como método seleccionado para a extracción de ADN, e tras un enriquecemento das mostras de 6 horas, obtívose un límite de detección do 95% (LOD95) próximo a 2 UFC/mL para leite e ouriños, e a 5 UFC/mL para sangue. Finalmente, este método foi aplicable a LAMP colorimétrico con SYBR Green I como método de detección, obténdose un LOD95 próximo a 1 UFC/mL en sangue e ouriños, e a 3 UFC/mL en leite. Isto permitiu levar a cabo os ensaios LAMP en menos dunha xornada laboral e cun equipamento tan sinxelo como un termobloque, o que fai apta á técnica para ser aplicada en puntos de interese.
Dirección
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Titoría)
GARRIDO MAESTU, ALEJANDRO Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Vogal)
Desenvolvemento dun método baseado en LAMP para a detección de serotipos de Salmonella en mostras de orixe avícola.
Autoría
A.D.E.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
Salmonella spp. é un dos principais patóxenos de orixe alimentario a nivel mundial, especialmente en productos avícolas, requerindo un riguroso control ao longo da cadea alimentaria para protexer ao consumidor. O método de referencia para a súa detección é a norma ISO 6579: 2017, un método dependente de cultivo. Aunque é un método robusto, require de varios días para determinar a mostra como positiva e determinar o serotipo de Salmonella aislado, o que enlentece o funcionamento da industria alimentaria e a resposta a brotes alimentarios. Para solventar estas limitacións nos últimos anos estanse a desenvolver métodos alternativos como os baseados na amplificación de ácidos nucleicos. Neste traballo desenvoloveuse un método rápido de detección dos principais serotipos de Salmonella (Typhimurium, Enteritidis, Infantis, Virchow, Hadar) en productos avícolas, combinando un enriquecemento rápido da mostra co empleo da técnica molecular isotérmica LAMP. Os resultados compararonse co método de referencia baseado na norma ISO 6579:2017, aplicando a determinación do serotipo mediante LAMP nos seguintes puntos: preenriquecemento (auga de peptona), enriquecemento selectivo (MSRV), agar selectivo e diferencial (XLD y RAPID´Salmonella). Nas mostras de preenriquecemento realizouse unha extracción de ADN mediante lisis térmica. Para o resto realizouse o análise sen unha extracción previa de ADN. Foi posible determinar o serotipado en todos os puntos analizados. Ademais foi posible realizar el LAMP a partir dos medios selectivos sen extracción previa de ADN, aínda que houbo diferencias nos tempos de amplificación entre os diferentes medios. O empleo dunha versión colorimétrica del LAMP permite realizara determinación do serotipo empleando como único equipo un termobloque. Esto fai que o método poda ser aplicado directamente en puntos de interés, como as propias granxas avícolas.
Dirección
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Titoría)
GARRIDO MAESTU, ALEJANDRO Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Vogal)
Base Xenética da resistencia a perkinsosis en ameixa xaponesa (Ruditapes phillipinarum)
Autoría
J.F.V.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
Este estudo intenta comprender os compoñentes xenómicos asociados á resistencia a Perkinsus olseni en poboacións de ameixa xapónica (Ruditapes philippinarum). Para iso, estableceuse unha poboación xeneticamente heteroxénea composta por 1000 individuos e someteuse a un desafío controlado co parásito protozoario. A resposta das ameixas foi avaliada, posteriormente, mediante a estimación precisa da carga parasitaria de cada individuo mediante qPCR e se observou unha correlación entre o tamaño da ameixa e o nivel de infección. Simultaneamente, os individuos retados foron xenotipados utilizando un chip de SNPs Axiom multiespecie desenvolvido polo grupo ACUIGEN, que inclúe 8019 SNPs de ameixa xapónica. Esta información foi utilizada para realizar a asignación familiar dos individuos utilizando un programa informático de asignación paternal denominado FAP, concretamente 31 familias foron determinadas a partir de cruces entre 1 macho x 1 femia. Posteriormente, a través dun estudo de asociación de xenoma completo, identificáronse marcadores xenéticos asociados á resistencia a P. olseni, e investigouse, mediante minería xenética, as rexións xenómicas próximas asociadas coa resistencia/tolerancia ao parásito. Concretamente, identificáronse tres xenes posiblemente relacionados con fenotipos asociados á resistencia a este parásito intracelular: RPHI1A040444, RPHI1A016912 e RPHI1A020365; os dous primeiros teñen asociados termos GO relacionados coa integridade da membrana plasmática e transporte transmembrana e o último, termos Go vinculados a procesos proteolíticos. Como resultado da identificación destes QTLs, xenes e variantes alélicas potencialmente responsables desta resistencia, preténdese ofrecer un punto de partida para o desenvolvemento de estratexias de cría selectiva en ameixa xapónica.
Dirección
MARTINEZ PORTELA, PAULINO (Titoría)
MARTINEZ SAMBADE, INÉS Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Vogal)
Estudo neuroquímico comparado do órgano vomeronasal de mamíferos exóticos: cuadrilla vermello, morcego e ourizo
Autoría
A.F.O.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
O sistema vomeronasal (SVN), constituído polo órgano vomeronasal e as súas proxeccións cerebrais, xoga un papel crucial na detección de sinais químicos, principalmente feromonas e cairomonas. Nos mamíferos, este sistema adaptouse aos distintos hábitats nos que viven os individuos, dende zonas acuáticas continentais ata climas extremos e áreas urbanas, o que resultou en cambios substanciais morfolóxicos que dificultan a extrapoación de estudos entre especies. O estudo comparativo, especialmente de modelos con escasa diferenciación do sistema, ten o valor engadido de axudarnos a comprender e aproximarnos ao SVN dos humanos, que é un grande interrogante científico, probablemente porque a súa organización morfolóxica segue un patrón diferente ás especies máis estudadas. O obxectivo principal deste traballo é estudar o órgano vomeronasal (OVN) de tres modelos de mamíferos exóticos: o panda vermello, os morcegos e os ourizos, para entender mellor o proceso de diferenciación e evolución do SVN nos mamíferos. Prestarase especial atención ás variacións morfolóxicas que presenta o órgano entre as especies obxecto de estudo e en comparación con outros grupos de mamíferos, incluso aqueles filoxenéticamente próximos, para dilucidar como estas diferenzas poden influír na percepción de sinais químicos e na comunicación intraespecífica. Para isto, realizouse unha análise neuroquímica detallada do OVN, incluíndo técnicas histolóxicas para examinar a súa morfoloxía e conexións neuronais, así como métodos inmunohistoquímicos para identificar os receptores e ligandos específicos implicados na detección de feromonas e marcaxe con lectinas para detectar glicoconxugados característicos do OVN. Os resultados obtidos amosan unha ampla disparidade na organización morfofuncional do OVN entre os tres grupos de mamíferos estudados, destacando o alto grao de desenvolvemento deste sistema sensorial nos ourizos, especialmente en comparación co sistema vomeronasal máis rudimentario do panda vermello, e finalmente constatando un sistema vomeronasal funcional nas dúas especies de morcegos estudados.
Dirección
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Titoría)
ORTIZ LEAL, IRENE Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Vogal)
Desenvolvemento de nanoplataformas para a reprogramación de macrófagos no microambiente tumoral mamario
Autoría
N.M.R.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
Os macrófagos poden ser polarizados cara o fenotipo M1 ou M2, que se diferencian segundo a súa actividade. Os M1 teñen actividade antitumoral debido a que liberan moléculas proinflamatorias, que reducen o crecemento tumoral. Mentres que os M2 exercen efectos protumorales, favorecendo a angioxénesis, a inmunosupresión e a metástase do tumor. No caso dos macrófagos asociados a tumores (TAM) predominan o fenotipo M2. Estes TAM poden polarizarse cara o fenotipo M1, mediante moléculas como a interleucina 12 e a indometacina. Neste traballo desenvólvese un protocolo para a preparación de nanopartículas de xelatina, que conteñen ovoalbúmina (como proteína modelo) e nanopartículas que conteñen a indometacina. Estas nanopartículas de xelatina deséñanse co obxectivo de que liberen ambas moléculas no microambiente tumoral mamario, debido á hidrólises mediada polas metaloproteasas. Ademais, prepáranse varias formulacións que se diferencian na reticulación da nanopartícula e compárase a liberación entre estas. Tamén se desenvolve un protocolo para a preparación de micropartículas a partir dun sistema de nanopartículas. Finalmente, tanto para as nanopartículas como para as micropartículas, caracterízase o tamaño.
Dirección
BLANCO MENDEZ, JOSE (Titoría)
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Vogal)
Aplicación de marcadores de ADN para a análise da diversidade xenética da especie Daphne gnidium en poboacións costeiras atlánticas de Galicia.
Autoría
C.D.M.V.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
O presente traballo de fin de grado (TFG) céntrase na aplicación de marcadores de ADN para avaliar a diversidade e diferenciación xenética da especie Daphne gnidium en áreas costeiras illeiras protexidas do Parque Nacional Illas Atlánticas e áreas continentais atlánticas de Galicia (Rías Baixas), onde non existen datos xenéticos previos. Daphne gnidium (familia Thymelaeaceae) é un arbusto perenne con interese medicinal e de conservación, principalmente distribuído no Mediterráneo. Ante a ausencia de marcadores específicos de ADN para esta especie, a análise poboacional abordouse mediante a posta a punto dun panel de marcadores microsatélite, previamente descritos na especie conxénere D. rodriguezii, e a través do estudo de polimorfismos dun só nucleótido (SNPs) obtidos por tecnoloxías de xenotipado. Nas áreas de estudo recolléronse mostras foliares de aproximadamente 20 plantas por localidade. Realizouse a extracción de ADN e a amplificación cruzada de 9 loci microsatélite illados en D. rodriguezii, optimizando as condicións de amplificación multiplex, aínda que cunha baixa taxa final de loci informativos. Ademais, realizouse a caracterización dun panel de marcadores de tipo SNP xerados mediante análises xenómicas en D. gnidium. Os marcadores seleccionados analizáronse para avaliar os niveis de diversidade e diferenciación xenética entre as poboacións continentais e illeiras. Os resultados mostraron unha distribución heteroxénea da diversidade, con maiores valores nalgúns lugares respecto a outros menos variables, suxirindo efectos de illamento e deriva xenética. A análise de SNPs indicou unha maior diferenciación interpoblacional e estruturación que diferenciaba dous grupos de lugares illeiros en relación á área continental. Estes resultados permitiron obter por primeira vez datos sobre a diversidade e estrutura xenética de D. gnidium nos lugares estudados, proporcionando información útil para a súa conservación e xestión, no marco dun programa de restauración de hábitats atlánticos illeiros.
Dirección
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Titoría)
Bouza Fernandez, M Carmen Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Vogal)
Estudo da implicación das ciclofilinas na inflamación
Autoría
D.R.S.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao estudouse a implicación das ciclofilinas A e D na inflamación mediante a súa inhibición por dous furanoditerpenos derivados da esponxa Spongia (Spongia) tubulifera. En primeiro lugar, analizouse a citotoxicidade na liña celular de macrófagos murinos RAW 264.7, observándose que ningún dos compostos afectaba a viabilidade celular. Polo tanto, continuose o estudo analizando o seu potencial para inhibir a resposta inflamatoria nestas células, para o que se estableceu un modelo inflamatorio tratando as células con lipopolisacárido durante 24 horas. Observouse que o composto 1, que inhibe a ciclofilina A, favorece a polarización dos macrófagos hacia un fenotipo antiinflamatorio (M2b) ao disminuir lixeiramente a concentración do óxido nítrico e aumentar os niveis dunha citocina antiinflamatoria (interleucina 10), polo que a ciclofilina A parece estar relacionada coa resolución da resposta antiinflamatoria. Por outra banda, o composto 4, a través da inhibición das ciclofilinas A e D, provoca unha disminución dosis-dependente da liberación de óxido nítrico nos macrófagos, pero non afecta aos niveis de interleucina 10, polo que parece que a inhibición das ciclofilinas A e D intervén na mellora da resposta inflamatoria. En resumo, o composto 1 presenta potencial para controlar a inflamación, xa que promove o cambio fenotípico dos macrófagos, mentres que o composto 4 parece ter efectos antiinflamatorios clásicos, diminuindo marcadores proinflamatorios. Estes resultados confirman que tanto a ciclofilina A coma a D están implicadas na resposta inflamatoria en macrófagos, polo que a súa modulación podería ser unha estratexia terapéutica novedosa para o tratamento de enfermedades nas que a inflamación xoga un papel chave.
Dirección
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Titoría)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Vogal)
Estudo neuroquímico do desenvolvemento prenatal dos subsistemas olfactivos do coello.
Autoría
X.R.L.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
O sistema vomeronasal dos mamíferos xoga un papel crucial na detección de feromonas e sinais químicos que son esenciais para a comunicación intraespecífica. A pesar da súa importancia, existe unha escasa información sobre o desenvolvemento prenatal deste sistema en mamíferos, máis alá dos roedores de laboratorio. Este estudo busca cubir este baleiro, centrando a súa atención no desenvolvemento prenatal do sistema vomeronasal e olfativo do coello. É de relevancia entender este proceso, xa que se abre a posibilidade de que exista comunicación materno-fetal no desenvolvemento prenatal, con importantes potenciais implicacións prácticas. Para levalo a cabo, utilizáronse marcadores inmunoquímicos e lectinas, incluíndo anticorpos fronte a proteínas G, GnRH, GAP-43 etc., e lectinas como UEA, VVA, LEA, STA e VVA. No estadio embrionario E20 do coello, comprobouse que o sistema vomeronasal mostra un desenvolvemento morfolóxico notablemente avanzado, especialmente nos nervios vomeronasales. Con todo, o bulbo olfativo accesorio (BOA) presenta un grao de diferenciación e laminación considerablemente menor. En conxunto, obsérvase un maior desenvolvemento do sistema olfativo en comparación co sistema vomeronasal. Estes estudos expoñen preguntas sobre o patrón espacial e temporal de diferenciación e activación de ambos os sistemas durante o período prenatal e as súas implicacións nos primeiros días de vida.
Dirección
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Titoría)
ORTIZ LEAL, IRENE Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Vogal)
Aplicacións da espectrometría de masas de alta resolución na caracterización de oligonucleótidos sintéticos
Autoría
S.S.L.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:30
Resumo
Os oligonucleótidos sintéticos cobraron gran importancia como posibles fármacos para enfermidades ata agora non tratables, ao actuar directamente sobre a expresión das proteínas, influíndo na degradación do ARN mensaxeiro, o splincing alternativo e/ou a traducción do ARN. Estas moléculas sintetízanse artificialmente, polo que existe a posibilidade de que o producto de síntese final conteña oligonucleótidos con delecións ou insercións que alteran a secuencia orixinal, facendo que a molécula sexa ineficaz; polo tanto, esixiranse controis de calidade para garantir que a secuencia é a correcta. Durante este traballo búscase o desenvolvemento dun método de cromatografía líquida HILIC que permita mellorar as condicións de seguridade e custo do método rutinario, a cromatografía líquida de par iónico; xunto co desarrollo dun método de secuenciación e degradación enzimáticas para xerar estándares de contaminantes sintéticos. Os resultados do estudo revelan que a cromatografía HILIC permite a separación de oligonucleótidos e determinados fragmentos dos mesmos, aínda que a diferenza do método de pars iónico, presenta unha menor sensibilidade e certa incapacidade para separar fragmentos de similar peso molecular. No que respecta aos outros obxectivos, conséguese unha secuenciación completa dos oligonucleótidos e a optimización das condicións de dixestión enzimática permite obter fragmentos que se corresponden con probables impurezas do proceso de síntese, o que permitirá a avaliación dos productos de síntese. A cromatografía HILIC non proporciona condicións de sensibilidade e separación de oligonucleótidos que xustifiquen a substitución do método de par iónico, máis caro e menos seguro para o operador, a pesar de que ambos son axeitados para a secuenciación mediante a detección de fragmentos de oligonucleótidos.
Dirección
VILARIÑO DEL RÍO, NATALIA (Titoría)
CASCON SALGADO, OSCAR Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Vogal)
Alérxenos en xeados: prácticas correctas en xeaderías
Autoría
A.L.O.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 10:00
Resumo
O consumo de xeado foi en aumento nos últimos dez anos, tanto a nivel nacional como a nivel autonómico, a subida é de aproximadamente 0,2 kg por ano. En Galicia en 2020 consumíronse 7.939 kg de xeado, un 5% do consumo total nacional. Doutra banda, segundo os datos publicados pola a Sociedade Española de Médico Xerais e de Familia, estímase que en España hai un total de dous millóns de persoas que padecen algunha intolerancia ou alerxia alimentaria, ademais cada ano a porcentaxe de nenos diagnosticados aumenta un 2%. Debido aos graves problemas de saúde que poden dar lugar os alérxenos alimentarios, chegando mesmo a producir mortes, é de vital importancia identificar os alérxenos máis prevalecentes en xeados e avaliar os posibles riscos para evitar continuación cruzada neste tipo de produtos. Por todo iso, o obxectivo deste traballo de fin de grao foi, foi elaborar unha guía de manipuladores de xeaderías. Para iso avaliouse tanto a información de alérxenos nos xeados que se vende en supermercados como os que se venden en xeaderías, a través recompilación de información nas etiquetas e visitas a xeaderías. Este traballo puxo de manifesto que a maioría dos xeados revisados que se venden comercialmente, ou aqueles que se venden con empaquetado individual, empregan a etiquetaxe precautorio “Pode conter trazas de...” polo que ningunha persoa intolerante ou alérxica pode consumilos. Doutra banda, as visitas permitiron identificar que aínda hai prácticas incorrectas en establecementos que serven xeados e poderían poñer en risco a saúde do consumidor.
Dirección
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Titoría)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ TATO, JOSE (Presidente/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Secretario/a)
COBOS GARCIA, ANGEL (Vogal)
Recomendacións dietéticas para o manexo da inmunoterapia contra o cancro
Autoría
N.L.S.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 10:00
Resumo
O sistema inmunolóxico actúa como defensa primaria contra o cancro, aínda que ten unha limitada capacidade para combatelo. A inmunoterapia é un dos tratamentos máis efectivos e empregados para tratar aos pacientes oncolóxicos. Dende hai moito tempo considérase probada a relación entre dieta, microbiota intestinal e sistema inmune. No caso do cancro, o tipo de dieta que leve a cabo o paciente inflúe de maneira importante na composición da súa microbiota, afectando a determinadas especies bacterianas do seu microbioma intestinal, podendo chegar a modulalo e, por tanto, a condicionar que o paciente responda de maneira máis ou menos eficaz ao tratamento, á vez que inflúe nos seus efectos secundarios. Ademáis do tipo de dieta, na eficacia dos tratamentos contra o cancro tamén inflúen outros factores dietéticos, como poden ser diversos micronutrintes. Neste traballo realizarase unha extensa revisión bibliográfica co fin de presentar unha serie de recomendacións dietéticas para potenciar os tratamentos de inmunoterapia en pacientes oncolóxicos.
Dirección
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Titoría)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ TATO, JOSE (Presidente/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Secretario/a)
COBOS GARCIA, ANGEL (Vogal)
Requisitos enerxéticos e distribución de macronutrientes no fútbol
Autoría
I.P.B.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 10:00
Resumo
O fútbol é un deporte de equipo xogado entre dous conxuntos de once xogadores cada un, cuxo obxectivo é introducir na portería contraria un balón que non pode ser tocado coas mans nin cos brazos, salvo polo porteiro na súa área de meta. A alimentación é un factor crucial para os xogadores, tanto a nivel de afeccionado como profesional, sendo importante para manter un bo estado físico e mental. O obxectivo deste traballo de revisión bibliográfica é analizar a literatura científica acerca da relación existente entre os requirimentos enerxéticos dos futbolistas e o achegue dietético a través dos distintos grupos de macronutrientes, co fin de propoñer rangos óptimos de inxesta, así como avaliar o impacto que isto ten sobre o rendemento deportivo. Para iso, reflíctense as distintas variables que afectan ao desempeño futbolístico, como son a fatiga, a inxesta de carbohidratos ou a composición corporal, e que están estreitamente relacionadas coa nutrición. Debido a que o fútbol se engloba dentro dos deportes como deporte de equipo de resistencia aeróbica, as proteínas e os lípidos non terán tanto peso como os hidratos de carbono, pero non por iso deixan de ser importantes. Así, asegurar unha correcta inxesta de carbohidratos antes, durante e despois dos partidos, como inicialos cunhas reservas de glicóxeno muscular axeitadas, é unha base para mellorar o desempeño do xogador. Por outra banda, unha correcta hidratación e un achegue suficiente de enerxía serán tamén claves. Proponse uns rangos de inxestas de macronutrientes baseados en recomendacións facendo énfase na intensidade da actividade realizada nos adestramentos ou días de partido.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ TATO, JOSE (Presidente/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Secretario/a)
COBOS GARCIA, ANGEL (Vogal)
Efectos da Nutrición na Recuperación e Prevención de Lesións en Judokas
Autoría
J.P.N.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 10:00
Resumo
O judo é un deporte olímpico de combate, cuxo obxectivo é ganar o combate mediante a inmobilización, derribo ou rendición do opoñente. Como en toda práctica deportiva, a aparición de lesións é algo inevitable. A pesar da súa globalización, e de ter un gran número de deportistas que o practican de maneira profesional, hai escaseza de información nutricional específica para os judokas. Por iso, o obxectivo de este traballo de fin de grao é analizar a información recente publicada na bibliografía científica en referencia as lesións e o papel da nutrición no judo. A perdida de peso rápida, práctica común neste deporte, produce unha diminución moi drástica de nutrientes a cal demostrou poñer en risco a saúde do deportista. As recomendacións de macronutrientes para judokas por peso e día de enerxía, proteínas e de hidratos de carbono son de 40-90 Kcal/Kg, 1,2-2 g/Kg y 10-12 g/Kg, respectivamente. Por outro lado, recoméndase o consumo de leucina e creatina no caso de lesións musculares, de coláxeno hidrolizado, xelatina e vitamina C nas lesións de ligamento e tendón, e o incremento do consumo de vitamina D e calcio para evitar e recuperar as lesións óseas.
Dirección
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Titoría)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ TATO, JOSE (Presidente/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Secretario/a)
COBOS GARCIA, ANGEL (Vogal)
Proxecto de educación nutricional para a prevención do cancro colorrectal de inicio precoz
Autoría
P.P.B.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 10:00
Resumo
O cancro é a segunda causa de morte en España despois das enfermidades cardiovasculares, e espérase que o cancro colorrectal sexa o máis diagnosticado no país en 2024. Aínda que este tipo de cancro é predominante en persoas maiores de 50 anos, a súa incidencia está aumentando entre a xuventude, estando fortemente relacionado cos hábitos de vida, tanto alimenticios como de actividade física. A chegada da mocidade á universidade, especialmente cando implica vivir de forma independente ao fogar familiar, supón un troco radical dos seus hábitos. Moitos universitarios enfróntanse a planificar e/ou cociñar os seus propios alimentos por primeira vez. A falta de tempo, de destreza á hora de cociñar ou incluso os gustos persoais, poden dar lugar á adopción de dietas desequilibradas e a un exceso de alimentos pouco saudables. Por iso, o presente traballo ten como obxectivo deseñar un proxecto de educación nutricional para prever o cancro colorrectal de inicio precoz en universitarios que se independizaran recentemente. As actividades planificadas axudarán aos alumnos a ser máis conscientes dos beneficios que supoñen una alimentación saudable e equilibrada e una actividade física habitual. Ademais, búscase que os coñecementos adquiridos aplíquense na súa vida diaria. Con esta finalidade, este proxecto contará con 12 sesións ou actividades, que pretenden concienciar acerca do risco de padecer cancro colorrectal, así como explicar os seus factores de risco e como evitalos de maneira práctica, incitándoos a practicar actividade física, evitar o consumo de tabaco e alcohol, ou adoptar uns hábitos alimenticios saudables. Estas sesións proporcionarán aos participantes as ferramentas necesarias para adoptar un estilo de vida máis saudable e preventivo.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ TATO, JOSE (Presidente/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Secretario/a)
COBOS GARCIA, ANGEL (Vogal)
Alerxias alimentarias en educación infantil, principais alérxenos e o seu correcto etiquetado.
Autoría
Y.P.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2024 09:30
Resumo
Nos últimos anos, os casos de alerxias alimentarias experimentaron un aumento significativo, especialmente entre os nenos. Con todo, a pesar desta crecente prevalencia, o coñecemento sobre as alerxias alimentarias a nivel social segue sendo insuficiente. Este déficit de coñecemento maniféstase dende os centros escolares, onde os nenos pasan a maior parte do seu tempo durante a súa infancia. O obxectivo principal do meu traballo é concienciar a nenos, docentes e pais sobre as alerxias alimentarias. Para logralo, abordaranse diversos aspectos relacionados coas alerxias alimentarias mediante unha modalidade de revisión bibliográfica. Entre os temas tratados inclúense as características e sintomatoloxía das alerxias alimentarias, o seu tratamento e as pautas a seguir en caso de reaccións alérxicas. Ademais, destacarase a importancia da educación e formación continua dos docentes e persoal escolar para a axeitada xestión de situacións de emerxencia relacionadas con alerxias. O traballo tamén se centrará na importancia do correcto etiquetado dos alimentos. O etiquetado axeitado é unha das estratexias máis cruciais para evitar reaccións alérxicas, xa que proporciona información clara e precisa sobre os alérxenos presentes nos produtos alimenticios. Analizaranse as normativas vixentes sobre o etiquetado de alimentos e proporanse melloras para garantir unha maior seguridade alimentaria. Este TFG pretende ser unha ferramenta útil para mellorar o coñecemento e a xestión das alerxias alimentarias no ámbito da educación infantil, contribuíndo a crear unha contorna máis segura e consciente para os nenos que sofren destas condicións. Así mesmo, búscase promover unha maior colaboración entre as familias e as escolas para asegurar que todos os nenos poidan gozar dunha infancia saudable e libre de riscos alimentarios.
Dirección
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
VALDES PAÇOS, BERNARDO (Vogal)
Nutrición aplicada a pacientes con déficit de DAO
Autoría
A.R.B.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2024 09:30
Resumo
A histamina é unha amina bióxena, é dicir, un composto nitroxenado que se produce a partir do procesamento encimático do aminoácido histidina. Unha vez sintetizado, almacénase en gránulos celulares xunto con outras aminas bióxenas (putrescina, cadaverina, espermina, tiramina...). Finalmente, pode ser metabolizado por dúas vías encimáticas: pola diaminooxidasa, que é o encima principal, ou pola histamina N-metiltransferase. Esta amina bióxena está asociada a diferentes patoloxías, entre elas a intolerancia á histamina. Xorde por un defecto na súa degradación que conduce á súa acumulación. Os síntomas da enfermidade dependen do receptor de histamina que se active, sendo as manifestacións gastrointestinais as máis frecuentes (dor de estómago, cólicos, diarreas, flatulencias...). Podemos diferenciar entre intolerancia conxénita á histamina (de orixe xenética) e intolerancia adquirida (debida a factores patolóxicos ou farmacolóxicos). En base a isto, é de vital importancia determinar a súa orixe para aplicar o tratamento eficaz. Por outra banda, sábese que a intervención por excelencia é implantar unha dieta baixa en histamina, que consiga minimizar a cantidade de amina acumulada e mellorar os síntomas do paciente. Non obstante, hoxe en día, o seu diagnóstico é un reto completo.
Dirección
CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
VALDES PAÇOS, BERNARDO (Vogal)
O papel da nutrición na rehabilitación de lesións musculoesqueléticas
Autoría
O.S.B.D.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2024 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao examina exhaustivamente a literatura científica publicada sobre as lesións musculoesqueléticas, comprende e sintetiza as características fisiolóxicas subxacentes ao dano muscular e óseo derivado de ditas lesións. Analízanse as intervención dietéticas orientadas a reducir os tempos de rehabilitación e atenuar a perda de tecido magro. Así mesmo, investígase a influencia do balance calórico, tendo en conta as flutuacións no gasto enerxético que ocorren durante a inmobilización, así como a distribución óptima de macronutrientes, enfeitizando no papel estrutural das proteínas e o rol na síntese proteica muscular (SPM) dos aminoácidos ramificados (BCAA), en especial a leucina. Ademais, avalíanse diversos micronutrientes con propiedades antioxidantes e antiinflamatorias, tales como as vitaminas C, D e E, así como os polifenois e seu potencial para diminuír o catabolismo mediante a redución de especies reactivas de osíxeno. Tamén se explora o papel dos suplementos, con especial énfase na creatina como posible rol na mitigación da perda de forza e masa muscular trala inmobilización. Conclúese que a rehabilitación de lesión musculoesqueléticas require dunha intervención multidisciplinar, na que a abordaxe nutricional cobra especial relevancia debido á melloría no prognóstico seguindo unha correcta e rigorosa inxestión enerxética, un reparto de macronutrientes no que o papel da proteína é fundamental e a identificación e solución das deficiencias nutricionais presentes.
Dirección
CABEZAS SAINZ, PABLO (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
VALDES PAÇOS, BERNARDO (Vogal)
Alimentación saudábel en persoas cuxos recursos se basean no Banco de Alimentos
Autoría
A.S.N.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2024 09:30
Resumo
Unha das opcións para paliar a ausencia de seguridade alimentaria que hai en España nos colectivos máis vulnerables é a colaboración con entidades como o Banco de Alimentos da entorna e as ONG que se encargan da atención directa coas persoas. Neste traballo preténdese, por unha banda, dar a coñecer o funcionamento destas institucións, que medios teñen e a súa relevancia neste tipo de axudas para as familias, así como propor, se fose preciso, posíbeis melloras no sistema sempre tendo en conta que estas non supoñan un incremento no custo das cestas para as entidades nin para as economías familiares. Para iso, se realizou unha busca bibliográfica en diferentes bases de datos e redes oficiais, como a Federación Española de Bancos de Alimentos, e unha investigación máis directa a través de entrevistas a contactos con diferentes traballos dentro do Banco de Alimentos: o coordinador do Banco de Alimentos Rías altas cuxa función é divulgar información sobre este banco en centros escolares, a antiga nutricionista do Banco de Alimentos de Lleida e voluntarias dunha entidade de reparto. Ademais, realizouse un voluntariado na ONG de reparto Instituto De La Caridad Universal Solidaria de A Coruña para coñecer máis en profundidade o proceso e o perfil de consumidores. Tras o análise realizado, pódese concluír que esta axuda social é insuficiente para poder levar a cabo unha dieta saudábel, variada e equilibrada. Por todo o analizado, considerase que sería interesante a incorporación de dietistas-nutricionistas nestas entidades, a fin de asesorar nos diferentes aspectos relacionados coa alimentación e a nutrición, tanto a voluntarios como a usuarios.
Dirección
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Titoría)
Rivas Pereira, Sara Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
VALDES PAÇOS, BERNARDO (Vogal)
Microbiota bacteriana: saúde e enfermidade
Autoría
R.T.S.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2024 09:30
Resumo
E. coli está presente na microbiota da maioría de humanos sans e ten unha gran importancia á hora de establecer un ambiente san no intestino. A distribución e diversidade desta enterobacteria vai depender de diversos factores como as relacións que estableza co ser humano hospedador, como interactúe co ambiente no que se atopa ou como se relacione co resto de microorganismos que a rodean. Un desequilibrio na microbiota pode provocar unha colonización de cepas non desexables no noso intestino, podendo xerar un estado de enfermidade ou inflamación crónica. A colonización do intestino é un proceso aínda en liñas de investigación o cal non se coñecen exactamente cales son os seus mecanismos, pero existen diversas hipóteses que se foron establecendo ao longo do tempo. Existen cepas patóxenas desta bacteria que poden provocar enfermidades entéricas, polo que é importante coñecelas e saber cales son os seus mecanismos de acción. Este traballo pretende aportar información xeral sobre E. coli e a súa influencia no intestino das persoas, facendo referencia ao seu metabolismo, a súa capacidade de colonización, a súa relación coas enfermidades intestinais e a súa utilización como marcador de disbiose.
Dirección
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Titoría)
BERMUDEZ POSE, ROBERTO Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
VALDES PAÇOS, BERNARDO (Vogal)
O beneficio da Dieta Atlántica no deporte
Autoría
L.V.S.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2024 09:30
Resumo
A Dieta Atlántica é un patrón de alimentación tradicional das rexións costeiras do Atlántico. Esta dieta é coñecida polos seus beneficios para a saúde cardiovascular e reducindo a inflamación, promovendo o equilibrio nutricional óptimo. Por outra banda, o deporte é algo que forma parte do estilo de vida e da cultura dos españois. En España, dos 4.107.300 deportistas federados, 6.101 son deportistas de alto nivel. No que respecta á comunidade galega, 662 persoas están recoñecidas como deportistas de alto nivel (422 homes e 240 mulleres). En concreto, o piragüismo galego conta con 172 deportistas, o que supón o 26% do total de deportistas de alto rendemento da comunidade. Tendo en conta os beneficios da Dieta Atlántica para a saúde, así como para o deporte, este traballo fin de grao pretende recompilar información publicada sobre a dieta atlántica e a súa aplicación no deporte, dedicando unha parte dela ao piragüismo feminino. Os resultados do traballo mostraron que a dieta atlántica, rica en peixes (bacallau, sardiñas,...), mariscos (polbo e mexillón), froitas (mazás e peras), verduras (nabos, grelos e espinacas), legumes (garbanzos e lentellas), froitos secos e aceite de oliva, aporta un alto contido en ácidos graxos omega-3, antioxidantes e fibra, compoñentes esenciais para a mellorar da resistencia, acelerar a recuperación muscular e reducir a inflamación. En concreto, debido os posibles deficiencias de ferro, as mulleres deportistas deberían consumir carne vermella para a absorción do ferro hemo, así como, sobre todo, leguminosas, verduras de folla verde (nabizas, grelos e espinacas) e produtos do mar, especialmente mexillóns e ameixas.
Dirección
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Titoría)
Cepeda Sáez, Alberto Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
VALDES PAÇOS, BERNARDO (Vogal)
Sobrepeso e obesidade en embarazo
Autoría
L.V.D.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2024 09:30
Resumo
Neste traballo realizouse unha revisión bibliográfica para evaluar o impacto do sobrepeso e a obesidade durante o embarazo. O sobrepeso e a obesidade atópanse significativamente asociados cunha gran variedade de complicacións durante a xestación, ademais de outras que poden manifestarse no bebé na vida adulta. Esto resalta a importancia da nutrición nesta etapa da vida. Entre estes efectos adversos atópanse a preeclampsia, diabetes xestacional, aborto espontáneo, macrosomía, malformacións conxénitas, maior retención do peso materno, eventos cardiovasculares e obesidade infantil. O embarazo é unha etapa de numerosos cambios fisiolóxicos e metabólicos para a muller xestante, sendo a ganancia de peso xestacional un dos principais. Aconséllase unha ganancia de peso adecuada en todos os embarazos, tanto se a xestante presenta un peso previo normal como se este é superior ao recomendado. A medida que o peso materno é maior, a ganancia de peso recomendada diminúe. Os requirimentos enerxéticos e proteicos aumentan gradualmente a medida que avanza o embarazo para apoiar o desarrollo e crecemento fetal. Ademais, os micronutrientes como o ferro, o ácido fólico, a vitamina B12, o iodo e a vitamina D son especialmente importantes en embarazos con sobrepeso ou obesidad, xa que o exceso de tecido adiposo reduce os seus niveis. Malia isto, non se deberían realizar dietas de restricción extrema polo menos dende os tres meses previos ao embarazo, xa que poden derivar en deficiencias dalgúns nutrientes ou cetosis, o cal podería afectar ao desenvolvemento neurolóxico fetal. Por isto, considérase que se debería reducir o peso materno antes da concepción para diminuír o risco de efectos adversos durante o embarazo. As dietas restrictivas nunca están indicadas durante o embarazo, incluso en mulleres con sobrepeso e obesidade. A dieta mediterránea, ou a súa variante, a dieta atlántica, representan a mellor opción durante a xestación, tanto en embarazo en xeral como en aqueles con sobrepeso e obesidade. A adherencia a patróns alimentarios saudabeis, acompañados de actividade física regular e adaptada á xestante, relaciónase con beneficios importantes, reducindo o risco de efectos adversos.
Dirección
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Secretario/a)
VALDES PAÇOS, BERNARDO (Vogal)
Educación nutricional no paciente candidato a cirurxía bariátrica
Autoría
M.L.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 10:00
Resumo
A cirurxía bariátrica é unha intervención eficaz para o tratamento da obesidade mórbida e das súas comorbilidades asociadas, pero o seu éxito a longo prazo depende, en gran medida, da adherencia do paciente a un réxime dietético e de estilo de vida adecuado. Por iso, analizáronse diversos estudos e artigos científicos que avalían os efectos da educación nutricional en pacientes sometidos a cirurxía bariátrica. O obxectivo é determinar cales son as intervencións educativas que demostraron maior efectividade na mellora do coñecemento nutricional e a adherencia ás recomendacións dietéticas en pacientes bariátricos. Como resultado, formularase un conxunto de recomendacións prácticas, baseadas na literatura revisada, que poidan ser implementadas polos profesionais da saúde para optimizar as sesións formativas dirixidas ao paciente candidato a cirurxía bariátrica, previas á intervención. Neste tipo de actividades teranse en conta aspectos como a correcta interpretación dun etiquetado nutricional, a estimación do tamaño de ración, a distribución de macronutrientes, a importancia da actividade física, e a planificación das comidas (técnicas culinarias e batch cooking). Todas elas son ferramentas útiles e apropiadas para a educación nutricional dos pacientes, así como para mellorar os resultados da cirurxía a curto e longo prazo.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
Garrido Ferrero, María Jesús Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ TATO, JOSE (Presidente/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Secretario/a)
COBOS GARCIA, ANGEL (Vogal)
Influencia do glute na saúde da poboación e formulación dunha galleta salgada gluten free.
Autoría
L.L.B.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.07.2024 10:00
Resumo
A influencia do glute na saúde non só se limita ás persoas celíacas ou intolerantes a esta proteína, senón que o seu consumo tamén se asociou con desordes mentais e autoinmunitarios, ademais de con múltiples síntomas gastrointestinales en persoas sen diagnóstico destes trastornos. Debido ao crecemento deste último colectivo, que sofre estes efectos adversos e demanda produtos sen glute de alta calidade nutricional e sensorial, xorde a idea deste traballo experimental, cuxo obxectivo é a orientación da formulación dunha galleta salgada ou cracker sen glute. Para a formulación realizarase unha valoración das distintas alternativas de materias primas, as fariñas, tendo en conta o contido e calidade da súa proteína, as súas propiedades funcionais (antioxidante, antimicrobiana), características sensoriais de cara á aceptación por parte do consumidor, viabilidade do proceso tecnolóxico e estudo económico.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
Fajardo Bernárdez, Paula Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ TATO, JOSE (Presidente/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Secretario/a)
COBOS GARCIA, ANGEL (Vogal)
Enfermidade celíaca e calidade de vida en idade pediátrica
Autoría
A.C.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.02.2024 10:00
Resumo
A enfermidade celíaca é unha patoloxía autoinmún, sistémica e crónica inducida pola inxesta de gluten, provocando dano na mucosa intestinal en individuos xenéticamente predispostos. A súa prevalencia e incidencia foron en aumento nas las últimas décadas, e é moi importante o seu diagnóstico precoz na poboación pediátrica. A pesar de que existen algúns tratamentos experimentais que parecen mellorar a súa sintomatoloxía, o seu único tratamento efectivo ata o momento é a adopción dunha dieta sen gluten, que debe manterse de por vida. O diagnóstico desta patoloxía xenera importantes cambios na vida do paciente. Aínda que a adopción dunha dieta sen gluten conleva unha mellora da sintomatoloxía, existen varios factores que poden afectar á calidade de vida e que ésta se vexa deteriorada. Nesta revisión bibliográfica, realizase unha actualización da última evidencia científica ó respecto da epidemioloxía e abordaxe nutricional desta patoloxía, e a repercusión de dito abordaxe nutricional. Asimesmo, recompílanse os resultados de traballos realizados cos cuestionarios máis empregados para valorar a calidade de vida dos pacientes con enfermidade celíaca, especialmente os adaptados á poboación infantil, e discutese qué factores influen en maior medida na calidade de vida dos pacientes pediátricos.
Dirección
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
PITA CALVO, CONSUELO (Vogal)
Trastornos da conduta alimentaria. Últimas actualizacións.
Autoría
L.G.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.02.2024 10:00
Resumo
Os trastornos da conduta alimentaria (TCA) son un grupo de enfermidades psiquiátricas caracterizados por presentar unha alteración persistente dos hábitos alimentarios, ou o comportamento relacionado coa alimentación que pode levar a unha alteración no consumo ou no funcionamento psicosocial. Son enfermidades de etioloxía multifactorial, que afectan principalmente a adolescentes e mulleres novas. Entre os TCA destacan a anorexia nerviosa (AN) e a bulimia nerviosa (BN), entre outros. O tratamento é complexo debido ao seu carácter multifactorial, e por iso, é necesario proporcionarlles distintos tipos de coidados intensivos, como pode ser o tratamento hospitalario ou os centros de día, entre outros. Unha das principais razóns do ingreso hospitalario, é a perda de peso significativa nun período de tempo relativamente curto e cun peso moi por debaixo do normal. Polo tanto, é necesario un programa de realimentación para restaurar o peso corporal e a estabilización somática. O papel da contorna, é dicir, a familia e os amigos, é fundamental, dado que eles sós presentan máis dificultades para afrontar o problema, ou incluso, decatarse de que existe.
Dirección
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Titoría)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
PITA CALVO, CONSUELO (Vogal)
Estudo da regulación do metabolismo do ferro no fígado, en resposta a unha dieta baseada en proteína de orixe vexetal.
Autoría
C.A.R.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 10:00
Resumo
A homeostase do ferro é fundamental para garantir unha concentración adecuada deste elemento para os procesos biolóxicos. Nos mamíferos, a biodispoñibilidade de ferro está regulada pola interacción da molécula hepcidina coa ferroportina, principal transportador de ferro na membrana celular. En condicións de eritropoiese mellorada, requírese máis ferro para proporcionar aos eritroblastos en desenvolvemento o ferro adecuado para a síntese do grupo prostético hemo da hemoglobina, polo tanto, aumenta a absorción do ferro da dieta e a mobilización dende as reservas mediante a diminución da expresión de hepcidina. A eritropoietina é outra molécula implicada no metabolismo do ferro segregada polo ril como a principal sinal que desencadea a eritropoiese en condicións anémicas e hipóxicas. A hipótese e obxectivos deste estudo derivan da observación previa dun incremento de tódalas liñas celulares sanguíneas: vermella, branca e plaquetas, en ratas sometidas a unha dieta que contén só proteína de orixe vexetal de legume (lentella ou lupino). Neste estudo analízanse as principais moléculas involucradas na regulación do metabolismo do ferro no fígado en ratas Sprague-Dawley trala administración de dúas dietas vexetais, cuxas modificacións poderían xustificar as melloras hematolóxicas observadas. Realizase un deseño e validación dos cebadores para os xenes a estudo para optimizar a metodoloxía empregada, baseada na PCR-real time, coa que realizamos medicións da expresión dos niveis de ARNm. Non se atoparon cambios nos niveis de ARNm das moléculas a estudo nos grupos a dieta con proteína só de orixe vexetal-legume, o que permite rexeitar a hipótese de partida. Polo tanto, os cambios previamente observados nos indicadores da liña sanguínea vermella non depende de cambios no metabolismo do ferro, e polo tanto, debemos estudar outros procesos metabólicos ou hormonais, que aínda están sen identificar.
Dirección
Flament Simon, Saskia Camille (Titoría)
Mallo Ferrer, Federico Cotitoría
Tribunal
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Vogal)
Caracterización molecular de Escherichia coli bacteriémicos pertencentes aos serogrupos O25 e O15
Autoría
C.D.G.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 10:00
Resumo
Escherichia coli é un dos patóxenos máis prevalentes causantes de infeccións extraintestinais a nivel mundial. Neste traballo lévase a cabo unha caracterización fenotípica (serotipado e antibiograma) e molecular (PCR convencional e secuenciación sanger) de 48 cepas de E. coli pertencentes aos serogrupos O15 e O25, procedentes dunha colección de 348 cepas de E. coli illadas de bacteriemias de pacientes do Hospital Lucus Augusti (HULA) durante os anos 2020 a 2022. Determináronse os grupos filoxenéticos e os perfís de virulencia e resistencia das cepas. Ademais, estudamos a estrutura clonal das cepas pertencentes á secuencia tipo ST131. Os serogrupos estudados atópanse entre os máis prevalentes causantes de bacteriemias na área sanitaria de Lugo; aínda que as cepas de E. coli do serogrupo O25 presentan unha maior frecuencia que as O15 (10% vs 4%). Ademais, as cepas O25 expresan un maior número de resistencias aos antimicrobianos que as O15 e, aínda que en ambos os grupos atopamos cepas MDR, a totalidade das ESBL son O25, representando un 35% das cepas. Un 81% das cepas clasificáronse como ExPEC, un 71% como UPEC e un 29% como APEC e observouse unha correlación entre os serogrupos, filogrupos e os xenes de virulencia estudados. Así tamén, detectáronse 27 cepas ST131 bacteriémicas, destacando a predominancia do clado C e o subclado C2, e a presenza de 4 cepas pertencentes ao subclado emerxente C1-M27. Ademais, describimos clons de ST131 atípicos asociados aos alelos fimH16, 27 e 260. Neste contexto, unha vacina profiláctica dirixida aos serotipos O prevalentes podería ser un método preventivo útil contra infeccións causadas por ExPEC, pero, tendo en conta as variacións epidemiolóxicas existentes a nivel global, debería adaptarse á epidemioloxía local para poder garantir unha cobertura óptima.
Dirección
Flament Simon, Saskia Camille (Titoría)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO Cotitoría
Tribunal
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Vogal)
Aplicación da bioloxía molecular para o desenvolvemento de tratamentos alternativos ao uso de antibióticos.
Autoría
D.L.N.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 10:00
Resumo
O preocupante aumento de bacterias resistentes aos antibióticos convencionais e a falta de novos antibióticos e dianas farmacolóxicas representan unha ameaza para a saúde humana e animal, e un reto para tratar enfermidades infecciosas cotiás que son cada vez máis mortais. Por iso, a investigación e o descubrimento de novas estratexias para combater o crecente número de bacterias resistentes aos antibióticos é de vital importancia. É importante destacar que ademais de descubrir novos fármacos con propiedades bactericidas tamén son moi interesantes os tratamentos baseados na combinación de antibióticos convencionais con substancias adyuvantes, que provocan un aumento da sensibilidade da bacteria ao antibiótico ao inhibir algún mecanismo de resistencia. Neste artigo de revisión describiremos e discutiremos as alternativas que se están a investigar actualmente, como o uso de bacteriófagos e endolisinas, péptidos antimicrobianos e bacteriocinas, nanopartículas, inhibidores de bombas de efluxo, inhibidores de “quorum sensing” e inhibidores de biopelículas, antitoxinas e anticorpos, ácidos peptidonucleicos, terapia fotodinámica antimicrobiana e fotosensibilizadores de orixe vexetal.
Dirección
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Titoría)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO Cotitoría
Tribunal
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Vogal)
Caracterización molecular de Escherichia coli bacteriémicos pertencentes aos serogrupos O1 e O2.
Autoría
P.M.L.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 10:00
Resumo
Nos últimos anos observouse un aumento de bacteriemias causadas por E. coli patóxenos extraintestinales (ExPEC), E. coli uropatoxénicos (UPEC) e E. coli patóxenos aviarios (APEC). Entre os serogrupos máis prevalecentes a nivel global atópanse os serogrupos O1 e O2. O noso obxectivo é caracterizar as cepas pertencentes a estes serogrupos, buscando entender as razóns do seu éxito. Determinar as características destas cepas é vital para deseñar vacinas adaptadas á epidemioloxía actual da nosa área sanitaria. Para o estudo e caracterización das 53 cepas de E. coli causantes de bacteriemias nun hospital lucense (HULA) durante os anos 2020 a 2022 utilizamos métodos fenotípicos (serotipado, determinación de CMIs) e moleculares. Determinamos serotipos, grupos filogenéticos e xenes de virulencia para establecer os status ExPEC, UPEC e APEC. A colección inclúe 20 cepas O1, 33 O2, das cales só 6 resultaron ser multirresistentes (MDR). A caracterización molecular mostra que o grupo filogenético máis abundante é o B2 (42 cepas). As cepas do presente estudo mostraron unha ampla colección de factores de virulencia. En base aos seus xenes de virulencia, 46 cepas cualificáronse como ExPEC, 48 UPEC e 31 APEC. Ademais, detectáronse 24 illados pertencentes á secuencia tipo 95. Os resultados confirman que unha porcentaxe significativa de cepas causantes de septicemias na poboación lucense son positivas para ExPEC, UPEC e APEC. Así mesmo, reafírmase a idea de que o éxito dos serogrupos O1 e O2 non se debe á súa resistencia aos antibióticos se non ao elevado número de factores de virulencia.
Dirección
Flament Simon, Saskia Camille (Titoría)
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Vogal)
Caracterización molecular de Escherichia coli bacteriémicos pertencentes aos serogrupos O8, O9 e O101.
Autoría
E.P.H.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 10:00
Resumo
E.coli es el agente etiológico responsable de un mayor número de bacteriemias a nivel mundial y su incidencia se ha ido incrementando a lo largo de los últimos años. En este trabajo, estudiamos la prevalencia de las cepas de E.coli bacteriémicas pertenecientes a los serogrupos O8, O9 y O101 en el área sanitaria de Lugo. Además, caracterizamos aquellas cepas que fueron aisladas durante el periodo de 2020-2022, aplicando técnicas tanto fenotípicas como moleculares para establecer su relación con la resistencia a los antimicrobianos, determinar sus principales factores de virulencia y analizar su estructura clonal y relaciones evolutivas. Los resultados del estudio muestran que los tres serogrupos evaluados se encuentran entre los 10 más prevalentes y que más de la mitad de sus cepas presentan resistencia múltiple a antimicrobianos, representando aproximadamente una tercera parte de las cepas bacteriémicas con resistencia múltiple totales. Por otro lado, la media de genes de virulencia en las cepas de los serogrupos O8 y O9 es muy superior a la obtenida en las cepas del serogrupo O101, lo que teóricamente implica un mayor potencial de virulencia. Por último, los alelos fimH y los grupos filogenéticos predominantes en los tres serogrupos son distintos (O8-C-fimH39, O9-B1-fimH32 y O101-A-fimH54), lo que indica que la mayoría de sus cepas son evolutivamente muy diferentes. Sin embargo, el grupo filogenético B1 y el alelo fimH32 también son frecuentes entre algunas cepas del serogrupo O8, lo que sugiere que estas podrían tener una relación genética estrecha con las cepas del serogrupo O9. La alta prevalencia, asociación con la resistencia múltiple y presencia de numerosos genes de virulencia justificaría la inclusión de los tres serogrupos dentro de las futuras vacunas desarrolladas para la prevención de bacteriemias causadas por E.coli en seres humanos.
Dirección
Flament Simon, Saskia Camille (Titoría)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO Cotitoría
Tribunal
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Vogal)
Mecanismos moleculares implicados na enfermidade de Alzheimer
Autoría
D.R.D.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 10:00
Resumo
A enfermidade de Alzheimer é unha patoloxía neurodexenerativa que constitúe o tipo de demencia máis común na actualidade, representando o 60-70% dos casos. Foi descuberto en 1906 polo Dr. Alois Alzheimer, quen identificou as que, aínda hoxe en día, se consideran as principais marcas histopatolóxicas desta enfermidade: as placas amiloides, ou seniles, e os marañas neurofibrilares. Entre os principais síntomas desta enfermidade están a perda de memoria, a desorientación, as dificultades coa linguaxe e cambios na conduta. Aínda que o principal factor de risco é a idade e a maioría das persoas que o padecen son maiores de 65 anos, o Alzheimer non é unha enfermidade propia do envellecemento, senón que son moitos os factores responsables da súa aparición. Propuxéronse múltiples teorías para explicar a neuropatoloxía da EA: a hipótese colinérxica, a hipótese da cascada amiloide, a disfunción da proteína tau ou diversos factores xenéticos, entre os que destaca o xene APOE, son as máis relevantes. Porén, aínda que se avanzou moito na comprensión dos mecanismos moleculares que interveñen no seu desenvolvemento, na actualidade esta enfermidade segue sen cura e os tratamentos dispoñibles limítanse a paliar os síntomas ou retrasar a súa aparición.
Dirección
VALE GONZALEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Raposo García, Sandra Cotitoría
Tribunal
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Vogal)
Uso de células neuronais humanas para o estudo de compostos naturais
Autoría
U.R.R.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 10:00
Resumo
Os modelos experimentais para evaluar o efecto de compostos sobre o sistema nervioso foron modificandose gradualmente cos anos. Actualmente, os modelos in vitro son bos aliados para o cribado de neurotoxicidade. No ano 2015, desenvolvéronse células neuronais humanas nativas para investigar mecanismos fisiolóxicos. As células nai neuronais humanas constituen un modelo in vitro ideal para o estudo do desenvolvemento de mecanismos neuronais e os seus desordes, entre elas atópase a línea celular CTX0E16. Esta línea, ademáis de presentar todos os receptores de glutamato e GABA, canais dependentes de Na+ e canais dependentes de K+ que outras líneas celulares neuronais non teñen, teñen a capacidade de diferenciarse a diferentes tipos celulares. Porén, o seu uso no laboratorio para estudos de toxicoloxía non é habitual, debido a que o periodo de diferenciación é moi longo, podendo chegar a tardar 60 días. No presente traballo fin de grao estudáronse tres métodos de aceleración da diferenciación celular empregando moduladores enzimáticos, a forskolina, CHIR99021 e o ácido retinoico. Os resultados obtidos as 48 horas de tratamento suxiren que a forskolina diminúe o número de células gliais e que o ácido reitnoico promove a diferenciación celular. Non obstante, necesítanse estudos adicionais que evalúen o efecto de ditas molécula para corroborar o seu uso na aceleración da diferenciación celular.
Dirección
VALE GONZALEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Raposo García, Sandra Cotitoría
Tribunal
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Vogal)
Films desoxidantes para a rexeneración de feridas. Estudos in vitro
Autoría
V.F.E.G.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 10:00
Resumo
As feridas crónicas exudativas preséntanse como un problema recorrente na área de atención primaria do sistema de saúde, reducen a calidade de vida do paciente e o seu tratamento é difícil dada a súa natureza crónica. Os seus síntomas están asociados á producción de especies reactivas de osíxeno (ROS) e ás infeccións recorrentes que promoven un estado inflamatorio continuo. O uso de apósitos superabsorbentes xunto coa terapia antibiótica é o tratamento máis común usado nestas feridas. Neste traballo estudouse a capacidade desoxidante, así como as propiedades fisicoquímicas e mecánicas, de películas secas compostas por alxinato de sodio e carboximetilcelulosa sódica complementados cun complexo metálico de manganeso. Ánalizouse o efecto que o tipo de reticulación (química ou iónica) dos polímeros tivo nestas propiedades. Ademais, avaliouse a súa biocompatibilidade e actividade desoxidante contra o ROS celular en cultivos in vitro de queratinocitos humanos (HaCaT). Os resultados da caracterización demostraron unha relación directa entre o tipo de reticulación usada e as propiedades avaliadas para cada película, sendo a combinación de ambos métodos de reticulación a que deu orixe a películas coas mellores cualidades de inchamiento, flexibilidade, resistencia e liberación controlada do complexo. Ó mesmo tempo, os ensayos in vitro indicaron unha total biocompatibilidade das películas, así como un claro efecto desoxidante contra o estrés oxidativo. Ademais, obervouse un efecto positivo na migración celular. Aínda que as películas sintetizadas non son máis que prototipos de apósitos superabsorbentes, é preciso seguir investigando as posibles aplicacións que poden ter os biopolímeros e os complexos biomiméticos no tratamento das feridas crónicas exudativas.
Dirección
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA M. (Titoría)
Tribunal
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Vogal)
Adherencia á Dieta Atlántica en pacientes hospitalarios
Autoría
L.N.T.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.02.2024 10:00
Resumo
A Dieta Atlántica é a dieta tradicional do noroeste da Península Ibérica, especialmente Galicia e o norte de Portugal. As características xeográficas, climáticas e culturais destas zonas levaron ao desenvolvemento deste patrón alimentario específico. Estas rexións presentan unha maior esperanza de vida, o que suxire a existencia dunha relación entre este patrón dietético con efectos positivos sobre a saúde. Isto débese a que a Dieta Atlántica está enriquecida con nutrientes de alto valor biolóxico que, xunto coas súas preparacións culinarias preferentes e a promoción dunha actividade física saudable, resultan nestes efectos beneficiosos para a saúde, como por exemplo, a prevención de enfermidades cardiovasculares e unha posible diminución do risco de cáncer. Recentemente, o Grupo de Traballo para o Desenvolvemento da Dieta Atlántica publicou un índice para avaliar a adherencia á mesma. O obxectivo deste traballo de investigación é analizar a adherencia a este patrón dietético en pacientes oncolóxicos, así como comparar estes datos con poboación sa e analizar as súas diferenzas. Para iso, realizouse unha enquisa dirixida a pacientes oncolóxicos atendidos nas Consultas de Nutrición Clínica no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), en total participaron 26 pacientes. Os datos relativos á poboación sa proceden de enquisas anónimas que foron previamente difundidas polos membros do Grupo de Traballo para o Desenvolvemento da Dieta Atlántica e publicadas previamente como Traballo de Fin de Grao. En xeral, na nosa poboación mostra, a adherencia á Dieta Atlántica foi alta no 3,8% dos pacientes oncolóxicos, media no 61,6% e baixa no 34,6%. En comparación cunha mostra de poboación sa sen patoloxía oncolóxica, a adherencia á Dieta Atlántica foi inferior en pacientes oncolóxicos que en controis sans.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
Tejera Pérez, Cristina Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
PITA CALVO, CONSUELO (Vogal)
O futuro da alimentación: explorando a carne sintética
Autoría
B.V.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
15.02.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar a viabilidade e aceptabilidade da carne cultivada no laboratorio como unha alternativa á produción de alimentos. En primeiro lugar, levouse a cabo unha revisión bibliográfica co fin de recopilar información relevante sobre esta tecnoloxía, poñendo especial énfase no proceso de produción e as súas diferentes etapas, como a obtención de células nai e o cultivo celular. En segundo lugar, realizáronse enquisas para coñecer a opinión dos consumidores sobre a carne cultivada e analizar o posible impacto desta alternativa no mercado español, tendo en conta os factores que influen na decisión de consumo. Este estudo conclúe que existen inquedanzas significativas entre os consumidores en relación ao sabor, naturalidade e os posibles efectos na saúde da carne cultivada. O alto prezo e a falta de coñecemento dos ingredientes representan obstáculos importantes para o seu consumo xeneralizado. Ademais, destácase que a percepción xeral non considera á carne cultivada como unha alternativa sostible. Estes achados resaltan a importancia de continuar investigando e traballando en melloras para aumentar a viabilidade e aceptabilidade da carne culivada no mercado.
Dirección
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
PITA CALVO, CONSUELO (Vogal)
Utilidade de suplementos quemagrasas para a perda de peso
Autoría
H.A.A.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.09.2024 10:00
Resumo
A obesidade e o sobrepeso representan un problema para a poboación actual, cunha prevalencia en constante aumento. A súa abordaxe inclúe varios tipos de tratamentos. Entre estes están os suplementos naturais sen receita, que se poden usar como adyuvantes no tratamento desta condición. Estes suplementos preséntanse en múltiples formatos, incluíndo cremas, cápsulas e po. Nesta revisión bibliográfica procederase a identificar os compostos presentes nestes suplementos, que se elaboran a partir de extractos vexetais, centrándonos nos de administración oral. Realizarase unha descrición exhaustiva de cada un dos compostos identificados, analizando o seu mecanismo de acción sobre o metabolismo, a dose recomendada e os seus efectos. Isto incluirá unha avaliación dos seus potenciais efectos adversos e toxicidade. Por último, realizarase unha avaliación crítica para determinar a efectividade real destes suplementos para perder graxa corporal.
Dirección
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Titoría)
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Vogal)
Efectos cardiovasculares das bebidas enerxéticas
Autoría
A.E.E.F.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.09.2024 10:00
Resumo
Nos últimos anos elevouse de forma significativa o consumo de bebidas enerxéticas entre adolescentes e adultos xoves, por iso, existe unha preocupación crecente sobre os riscos para a saúde asociados ao seu consumo. O obxectivo desta revisión é revisar os riscos cardiovasculares que poden orixinarse ao consumir estas bebidas. Por iso, avaliáronse estudios experimentais en humanos para coñecer de forma detallada como afectan os distintos compoñentes destas bebidas no sistema cardiovascular. Estas bebidas conteñen altos niveis de azucres e cafeína, xunto con outros ingredientes como a taurina, plantas medicinais ou vitaminas. Encontrouse que o consumo de bebidas enerxéticas provoca o aumento da frecuencia cardíaca e, a súa vez, da presión arterial sistólica e diastólica. Isto débese principalmente ás cantidades de cafeína que conteñen. Observouse tamén que a taurina provoca un incremento de frecuencia cardíaca ao consumirse en conxunto coa cafeína, non obstante, reduce o aumento da presión arterial que usualmente provoca a inxestión de cafeína. Por outro lado, non se coñece o mecanismo fisiolóxico que provoca que o consumo de bebidas enerxéticas sexa prexudicial en pacientes con antecedentes de taquicardias ventriculares. En conclusión, o consumo de bebidas enerxéticas afecta aos parámetros cardiovasculares, elevando o ritmo cardíaco e alterando a presión arterial.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Vogal)
Influencia das redes sociais nos hábitos alimentarios.
Autoría
U.G.T.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.09.2024 10:00
Resumo
O uso crecente das redes sociais cambiou a forma na que as persoas obteñen información relativa á toma de decisións sobre a súa alimentación. Este estudo analiza a influencia das redes sociais nas eleccións alimentarias de adolescentes e adultos novos. A través desta revisión bibliográfica exponse o potencial de Instagram e TikTok para promover comportamentos alimentarios saudables, debido ao fácil acceso a receitas, consellos nutricionais saudables e contacto con profesionais da saúde. Pola contra, tamén se atoparon consecuencias negativas do seu uso, como a promoción de alimentos pouco saudables a través de estratexias de marketing e influencers, recomendación de produtos alimentarios non regulados e difusión de información errónea sobre dietas. Mediante este estudo verifícase a necesidade de implantar políticas de regulación de información e educación dixital, para maximizar os beneficios e reducir os riscos da utilización das plataformas sociais na alimentación.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
VAZQUEZ SANDE, PABLO Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Vogal)
Estratexias nutricionais para modular a microbiota intestinal na enfermidade celíaca.
Autoría
O.H.A.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.09.2024 10:00
Resumo
A enfermidade celíaca é unha enfermidade gastrointestinal inflamatoria crónica desencadeada pola presenza de glute na dieta e por múltiples interaccións inmunolóxicas e ambientais, en individuos con predisposición xenética. Actualmente, o único tratamento para a enfermidade celíaca é unha dieta sen glute, que axuda a restaurar a mucosa intestinal. Grazas ás últimas técnicas de análise, nos últimos anos hubo un avance crecente en canto á composición e actividade da microbiota intestinal, que ten un papel moi relevante na fisioloxía humana e a súa alteración relacionouse con diversas enfermidades inflamatorias do intestino. incluída a enfermidade celíaca. Nesta revisión bibliográfica recóllese información dos últimos anos, onde os pacientes con enfermidade celíaca presentaron unha microbiota modificada, caracterizada por un aumento das bacterias totais e unha diminución das bacterias beneficiosas fronte ás daniñas. Así mesmo, destaca a relevancia de modular a microbiota intestinal como arma terapéutica para reducir os síntomas nestes pacientes. Os resultados obtidos revelan diferenzas relevantes na composición da microbiota intestinal entre os individuos celíacos e os que non teñen a enfermidade. Estas diferenzas suxiren que a disbiose, ou desequilibrio microbiano, pode contribuír á patoxénese da enfermidade celíaca e á persistencia dos síntomas mesmo en pacientes que seguen unha dieta sen glute.
Dirección
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Titoría)
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Vogal)
Factores familiares asociados á anorexia nerviosa
Autoría
M.M.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.09.2024 10:00
Resumo
Os trastornos alimentarios teñen unha etioloxía multicausal. Por iso é importante coñece-los factores que poden influír na súa aparición e evolución. Esta revisión bibliográfica propón explorar e analizar a relación entre os factores familiares e a anorexia nerviosa, co obxectivo de mellorar a comprensión deste complexo trastorno e mellorar a atención e o tratamento das persoas afectadas por esta enfermidade. Os principais factores familiares relacionados coa anorexia nerviosa foron a dispoñibilidade emocional e sensibilidade parental, o maltrato, a relación nai-filla, a depresión parental, así como o contexto socioeconómico, cultural e estigmas na familia. No tratamento recalcase a importancia dunha boa educación nutricional e o papel do dezatista nutricionista. Ademais, engádense unha serie de recomendacións para profesionais da saúde, educadores, familias e recomendacións xerais á poboación. Por último, conclúese que os factores familiares na anorexia nerviosa son de vital importancia sendo a familia unha fonte crucial de apoio no proceso da enfermidade.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Vogal)
O desafío da alimentación na vellez
Autoría
S.R.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.09.2024 10:00
Resumo
Unha alimentación saudable é fundamental en calquera fase da vida, pero cobra especial relevancia na vellez, xa que axuda a previr e tratar enfermidades que afectan a este grupo tan heteroxéneo da poboación, debido ás diferentes situacións fisiolóxicas, fisiopatolóxicas, sociais etc. O presente Traballo Fin de Grao enfócase en analizar cómo se alimentan as persoas maiores que viven na contorna rural, tendo en conta os cambios fisiolóxicos asociados ao envellecemento que poidan afectar á súa alimentación. Ademais, búscase avaliar a influencia de factores económicos, sociais e de mobilidade nos hábitos alimentarios destas persoas. O estudo levouse a cabo a través de entrevistas persoais utilizando un cuestionario deseñado específicamente para este fin. A través dos datos recompilados púidose concluír que os adultos maiores que viven na contorna rural teñen unha alimentación tradicional, baseada en alimentos de proximidade e cociñados en casa por, maioritariamente, mulleres, as cales son tamén as responsables da compra. Ademais, observouse a necesidade do aumento no consumo de verduras e de peixe e da inxesta de auga e unha diminución da inxesta de carne neste grupo de poboación. A pesar de que moitos enquisados afirman ter menos apetito que anos atrás, mantéñense con bo apetito grazas á súa actividade constante. En xeral, os participantes consideran que o estado de ánimo inflúe no seu apetito. Destaca a prevalencia de hipertensión e estrinximento entre as persoas maiores enquisadas, pero aínda así, están preocupadas por manterse activas para conservar un estado óptimo de saúde. As persoas enquisadas adoitan comer en compañía das súas parellas ou familiares, preferindo facelo desta maneira, afectando positivamente á variedade de alimentos inxeridos. Ademais, cociñaron da mesma maneira toda a súa vida, gozan da comida e consideran que a súa dieta é adecuada, mostrando resistencia a realizar cambios significativos nos seus hábitos alimentarios. Polo tanto, neste estudo sobre a alimentación das persoas maiores no mundo rural identificáronse tanto fortalezas como desafíos inherentes á súa alimentación, que inflúen na calidade de vida deste grupo de poboación. Desta forma, aséntanse as bases para futuras investigacións e políticas que promovan o seu benestar integral.
Dirección
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Titoría)
GARCIA GOMEZ, MARIA BELEN Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Vogal)
Caracterización neuroquímica e de expresión de glicoconxugados nos sistemas olfativo e vomeronasal do gato
Autoría
A.V.C.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
16.07.2024 09:15
Resumo
Os sistemas olfactivo e vomeronasal desempeñan nos gatos un papel esencial para a súa adaptación e supervivencia, permitíndolles percibir información vital sobre a súa contorna, como é o caso da presenza de alimento e ameazas, ou mediar no comportamento socio-sexual a través da detección de feromonas, cairomonas e moléculas do complexo maior de histocompatibilidade. A pesar da súa relevancia, existe unha ausencia de información detallada sobre a organización estrutural e neuroquímica de ambos sistemas, particularmente no que respecta ao bulbo olfactivo, o cal actúa como centro integrador desta información. O obxectivo principal deste traballo foi realizar unha análise morfolóxica e neuroquímica detallada e exhaustiva do órgano vomeronasal e o bulbo olfactivo do gato utilizando técnicas morfolóxicas macroscópicas e microscópicas. Para iso realizáronse seccións histolóxicas seriadas de ambas estruturas. Estas seccións foron sometidas a tinguiduras histolóxicas rutineiras, como a hematoxilina-eosina e específicas como a tinguidura do Nissl. Ademais, utilizáronse técnicas inmunohistoquímicas para o marcaxe de proteínas da cadea de transdución olfactiva e vomeronasal, e de marcadores específicos do tecido nervioso como son a tubulina, enolasa e PGP 9.5. Estudouse tamén a expresión de proteínas ligantes de calcio, como a secretagoguina, a parvalbúmina, a calbindina e a calretinina, as cales permiten identificar subpoboacións neuronais específicas. A caracterización neuroquímica estendeuse aos glicoconxugados utilizando como marcadores neste caso lectinas vexetais, en concreto VVA, STA, SBA, DBA, LEA e UEA. Os resultados obtidos permitiron ampliar o coñecemento da organización neuroquímica do órgano vomeronasal e do bulbo olfactivo do gato, demostrando a existencia dunha organización morfofuncional máis complexa do asumido ata a data, abrindo novas perspectivas na comprensión do papel da comunicación química nesta especie.
Dirección
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Titoría)
ORTIZ LEAL, IRENE Cotitoría
Tribunal
Bouza Fernandez, M Carmen (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
Purificación e caracterización dunha isoforma da subunidade catalítica da proteína quinasa dependente de AMPc específica de espermatozoides de mexillón Mytilus galloprovincialis
Autoría
L.B.M.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
12.09.2024 11:15
Resumo
A proteína quinasa dependente de AMPc (PKA) é unha enzima indispensable para a regulación de numerosos procesos celulares. Está formada por dúas subunidades reguladoras (R) e dúas subunidades catalíticas (C). En mamíferos e noutros organismos, como mexillón Mytilus galloprovincialis indentificáronse diferentes isoformas das subunidades R e C. Ademais, os estudos realizados suxiren que a subunidade C4 aislada a partir de manto de mexillón é específica de espermatozoides e polo tanto podería ser homóloga de C-alfa-2 de mamíferos. A diferenza de outros organismos como mamíferos e peixes, o mecanismo de activación da motilidade espermática en mexillón é aínda descoñecido. Ademais, existen evidencias de que o aumento da temperatura da auga do mar afecta negativamente á motilidade espermática de moluscos. Polo tanto, para poder comprender o impacto que teñen estas alteracións do medio acuático na tasa de fecundación destos organismos, é imprescindible coñecer os mecanismos agochados detrás deste proceso. Por esta razón, este TFG levouse a cabo como paso previo á determinación da influenza da temperatura na motilidade espermática. O obxectivo do traballo baseouse en purificar e caracterizar a subunidade C4 a partir de manto de mexillóns macho. A purificación logrouse mediante dúas cromatografías sucesivas: (1) DEAE-Sephadex que retén a PKA a través das subunidades R e as C foron eluidas con AMPc. (2) Mono-S que retén as subunidades C que posteriormente foron eluidas con NaCl. Finalmente, determinouse a actividade enzimática e o recoñecemento mediante Western Blotting da subunidade C nas diferentes fraccións obtidas tras a cromatografía Mono-S. Adicionalmente, tamén se determinou o peso molecular da subunidade, de aproximadamente 41 kDa.
Dirección
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Titoría)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN Cotitoría
Tribunal
Bouza Fernandez, M Carmen (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
Deseño do sistema de alimentación de combustible gasoso para as probas de carga de grupos electróxenos.
Autoría
S.D.L.I.B.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
10.07.2024 10:00
Resumo
O presente documento aborda o deseño dun sistema para a alimentación de combustibles gasosos, sendo estes: GLP, GNL, Biogás, hidróxeno e Gas de síntese, destinado a probas de carga en grupos electróxenos. Este traballo enmárcase na crecente necesidade de adoptar medidas fronte ao cambio climático, considerando a eficiencia enerxética e a redución de emisións de gases contaminantes. Cada gas terá as súas propias características, así como as instalacións que compoñen cada un deles, por iso creouse unha metodoloxía para o cálculo tanto dos almacenamentos destes gases como das canalizacións necesarias para a construción destas instalacións nas inmediacións da compañía Genesal Energy, empresa dedicada á fabricación de grupos electróxenos a medida. Por outra banda, realizarase unha selección de equipos seguindo a normativa e a metodoloxía anterior e con esta selección, realizarase unha análise exhaustiva dos custos destas instalacións. Sendo a compañía deste proxecto unha empresa dedicada á enerxía e coas novas normativas que están entrando en vigor en Europa relacionadas coa transición enerxética, todo este traballo permítelle visualizar de forma máis efectiva e práctica as solucións que ten na actualidade para mellorar o seu sistema e encamiñarse cara a un futuro máis descarbonizado.
Dirección
FERNANDEZ CARRASCO, EUGENIO (Titoría)
Blanco López, Alexander Cotitoría
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Vila, María José (Secretario/a)
AMIAMA ARES, CARLOS (Vogal)
Proxecto do sistema de calefacción e producción de AQS con paneis solares e sistema de aerotermia en vivenda unifamiliar
Autoría
L.D.T.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
10.07.2024 10:00
Resumo
No presente proxecto, preténdese realizar o deseño dunha instalación de calefacción e auga quente sanitaria (AQS) para unha vivenda unifamiliar de dúas plantas en O Vicedo, Lugo. Escolleuse o sistema de aerotermia para abastecer as necesidades enerxéticas de calefacción tras determinar a demanda térmica de calefacción e AQS. Este sistema de aerotermia está formado por unha bomba de calor bibloc, a cal atópase alimentada por un sistema fotovoltaico. Para a calefacción escolleuse un sistema de chan radiante. O proxecto comeza calculando as necesidades enerxéticas da vivenda co obxectivo de manter os espazos calefactados á temperatura interior de deseño óptima. Tras isto, determinarasne as necesidades de auga quente de ambas plantas da vivenda. En canto o sistema de chan radiante, calculouse o paso dos tubos e lonxitude da tubería necesaria. Xa deseñada toda a instalación, realízase o orzamento e a avaliación financieira do proxecto para determinar a súa rendibilidade. O proxecto está composto por diversos documentos e anexos, como unha memoria, planos da vivenda, estudio de seguridade e saúde, pliego de condicións, medición e orzamento e avaliación financieira. Estos documentos son necesarios para executar a instalación de maneira correcta.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Vila, María José (Secretario/a)
AMIAMA ARES, CARLOS (Vogal)
Proxecto dunha instalación fotovoltaica para unha nave de 240 m2 destinada a almacenamento de conxelados.
Autoría
P.G.P.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
10.07.2024 10:00
Resumo
No presente proxecto realízase o deseño dunha instalación fotovoltaica para abastecer na medida do posible a demanda de electricidade requerida por unha nave que se deseñará co fin de albergar un almacén con cámaras frigoríficas para peixe conxelado. O propósito principal deste proxecto é lograr un aforro enerxético e económico mediante a implementación de enerxías renovables, específicamente utilizando enerxía dólar a través de paneis fotovoltaicos. Estes paneis instalaranse de maneira coplanar, é decir, coa mesma inclinación que o Tellado, sobre a cuberta da nave que alberga o almacen de peixe coas suas diferentes áreas. Para iso, empregarase un inversor que se conectará a infraestructura eléctrica que se deseñará con deseño da nave. O proxecto inclúe unha Memoria, os Anexos correspondentes, Planos, un Prego de condición, un Estudo de Seguridade e Saúde e o Orzamento. Todos estes documentos son esenciais para a correcta execución das obras.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Rodríguez Villamor, Alberto Cotitoría
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Vila, María José (Secretario/a)
AMIAMA ARES, CARLOS (Vogal)
Proxecto de deseño dunha adega na Ribeira Sacra
Autoría
A.P.P.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
10.07.2024 10:00
Resumo
Este proxecto ten como finalidade o deseño dunha adega situada na Ribeira Sacra de Lugo. Para iso, realízase a construción, desde cero, dun novo espacio 1.276 m2, como se describe na planificación do proxecto. A planta contará con varias áreas diferenciadas. As principais son a destinada o proceso de elaboración, e outra dedicada o proceso de embotellado e etiquetado do produto. Ademais, selecciónanse os equipos necesarios para procesar unha cantidade anual de 170.000 kg de uva da variedade Mencía, tendo en conta un rendemento uva/viño do 69%. Na zona onde se localiza a parcela, no polígono de Os Acivros (Chantada), existe unha moi boa conexión pola estrada, xa que está moi cerca de Ourense e Lugo, o que facilita a distribución do viño. Elabórase un Orzamento das instalacións do proxecto e realízase unha Avaliación Financeira para coñecer a súa viabilidade económica. Aparte da memoria, inclúense documentos complementarios como o Estudio de Seguridade e Saúde, o Plan de Control de Calidade, o Estudio de Xestión de Residuos, o Prego de Condicións e os Planos correspondentes.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Vila, María José (Secretario/a)
AMIAMA ARES, CARLOS (Vogal)
Proxecto de queixería de queixo fresco en Lugo
Autoría
M.F.F.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
19.02.2024 10:30
Resumo
Este proxecto consistirá no deseño integral dunha nave industrial que se situará no polígono de O Ceao (Lugo) e na cal se desenvolverá un proceso produtivo que permitirá obter unha cantidade próxima aos 500 kg diarios de queixo fresco a partir de leite de vaca. As necesidades de persoal, de materias, de materiais e de equipos estimaránse en base a esta cantidade, podendo proceder, a continuación, ao deseño da nave como tal, para o cal será preciso realizar todos os cálculos estructurais pertinentes. A nave será rectangular e posuirá unhas dimensións de 20 x 15 metros, dividíndose en doce estadías. O proceso exixirá a presenza de instalacións de saneamento, iluminación, forza e fontanaría, as cales son tamén calculadas neste proxecto. Para lograr unha definición gráfica completa e exhaustiva de tanto a nave como as instalacións recórrese á elaboración de planos. Redactaránse anexos e documentos relacionados coas accións, normativas, disposicións, etc. que se deben ter en conta tanto para a posta en marcha como para o correcto transcurso de todas as operacións. Especificaránse, ademais, os custos que deben ser asumidos para poder levar a cabo a obra no seu conxunto. Cabe salientar que o proxecto foi sometido a unha avaliación financeira que demostra a súa viabilidade.
Dirección
AMIAMA ARES, CARLOS (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Presidente/a)
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Vogal)
Proxecto dunha planta para o procesamento do café.
Autoría
C.M.R.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
19.02.2024 10:30
Resumo
Hoxe en día o café é una das bebidas máis consumidas e cun alto porcentaxe de consumidores, para este proxecto escolleuse o café árabica o ser dunha calidad mayor. Neste proxecto vaise facer tanto o deseño en planta como o deseño da nave necesaria para o procesamiento do café, obtendo así café en grao tostado e café moído. A capacidade que terá dito proxecto será de 250 T/ano aproximadamente, dividíndose en 125 T/ano para o café tostado e as otras 125 T/ano para o afé moído. Se traballarán 246 días o ano, realizando una xornada laboral de 40 horas semanas en turnos de mañá, contando cun total de 8 traballadores. O proxecto vaise centrar no deseño do proceso, na selección dos equipos necesarios e todos os aspectos ligados ca distribución en planta destes, así como na realización dos cálculos necesarios para a enxeñería das obras e instalacións da nave, acorde co establecido no CTE e demáis normativa de obrigado cumplimento. O traballo consta dos siguientes documentos: - Memoria - Planos - Anexos - Prego de Condicións - Estudo de Seguridade e Saúde - Presupostos A obra terá lugar no polígono industrial de Lugo, O Ceao.
Dirección
AMIAMA ARES, CARLOS (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Presidente/a)
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Vogal)
Proxecto dunha planta para o tratamento de noces
Autoría
V.M.L.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
19.02.2024 10:30
Resumo
Este proxecto consiste no deseño integral dunha nave industrial destinada ao tratamento e distribución de noces, situada na parcela K2.A do polígono de As Gándaras de Lugo. Non só se levará a cabo o deseño da nave, senon que se deseñan: o proceso produtivo mediante o que se tratarán as noces e todas as instalación necesarias para levar esto a cabo. A nave contará con varias zonas diferenciadas, destinadas tanto á produción e ó almacenaxe das noces, como ó traballo de oficina; vestiarios, sala de descanso e despacho. Levaránse a cabo os cálculos referentes: á cimentación, á estrutura metálica da nave e ás instalacións eléctrica, de saneamento e de fontanería. O presuposto para a realización do proxecto con IVA ascende á cantidade total de 319.229,94 €. Finalmente, realizarase unha evaluación financieira na que se terán en conta diversos factores e pola que se estima un tempo de recuperación das inversións de 6 anos con financiación ou 8 anos sin ela.
Dirección
AMIAMA ARES, CARLOS (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Presidente/a)
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Vogal)
Nave industrial para o proceso de fabricación de bolígrafos
Autoría
N.A.M.M.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
10.09.2024 10:00
Resumo
Este proxecto propón o deseño e construción dunha nave industrial especializada no proceso de fabricación de bolígrafos. Xunto co proceso produtivo, inclúese unha descrición dos equipos e os seus parámetros. Tamén se detallan o produto, os materiais e as características das súas pezas. O deseño e dimensionado de zapatas, vigas, piares e unións realizouse utilizando software de cálculo de estruturas, así como a disposición das luminarias segundo os requisitos do código técnico de edificación. A nave industrial está deseñada para albergar todas as etapas do proceso de fabricación. Ademais da zona de produción, inclúe unha área de almacén, unha zona de carga e descarga e oficinas. A instalación albergará a maquinaria necesaria para o proceso industrial, así como oficinas para o persoal da planta. Tamén se describe a instalación dun sistema de evacuación de augas pluviais e un sistema contra incendios.
Dirección
AMIAMA ARES, CARLOS (Titoría)
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Vila, María José (Secretario/a)
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Vogal)
Validación dun dispositivo 'point of care' para a medición de calcio en granxa
Autoría
I.A.C.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:00
Resumo
hipocalcemia é a patoloxía máis prevalente e que máis perdas económicas provoca nas vacas de leite. Máis do 50% das vacas multíparas presentan hipocalcemia subclínica (HCS) dentro dos primeiros catro días despois do parto. A HCS aumenta o risco doutras patoloxías posparto e está asociada á redución da produción de leite durante a lactación, problemas reprodutivos e complicacións na saúde dos animais. Por iso, a suplementación profiláctica con Ca no posparto é unha práctica común, pero pode ser contraproducente nalgúns animais, polo que sería desexable tratar selectivamente ás vacas que o precisen. Neste sentido, un dos inconvenientes que xorden é non dispor dunha ferramenta precisa, rápida e económica que permita medir os niveis de Ca, e así detectar a HCS 'in situ'. A día de hoxe, aínda non hai un equipo o suficiente sensible, económico e viable para a medición da HCS directamente na granxa. O obxectivo do traballo é comparar dous métodos colorimétricos para a detección de Ca e comprobar a súa viabilidade para desenvolver un dispositivo 'point of care' para a medición de Ca en soro de sangue de vacún en granxa. O primeiro dos métodos usa zincon como indicador e o segundo arsenazo III. Con cada método fixéronse curvas de calibrado e medidas de mostras cuxa concentración de Ca era coñecida. As medidas fixéronse en mostras de soro sanguíneo de vaca. A comparación faise fronte a métodos de referencia establecidos, aos que se tivo acceso no laboratorio clínico do Hospital Veterinario Universitario Rof-Codina. Despois de facer as medidas e comparar ambos métodos, concluiuse que o indicador máis axeitado para o prototipo de dispositivo de medición de Ca é o arsenazo III.
Dirección
NOVO RODRIGUEZ, MARIA DE LA MERCED (Titoría)
MIRANDA CASTAÑON, MARTA INES Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MANEIRO MANEIRO, MARCELINO (Secretario/a)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Vogal)
Detección e cuantificación de ADN mediante intercaladores
Autoría
S.I.C.C.
Grao en Bioquímica
Data da defensa
15.07.2024 09:00
Resumo
A proflavina (PF) é un colorante cunha ampla variedade de usos; dende o seu papel como antiséptico ou antitumoral ata o seu papel como marcador de ácidos nucleicos, é unha molécula capaz de intercalar a dobre cadea do ADN, proceso no cal unha molécula plana se insire entre os pares de bases do ADN. Moitos traballos están baseados no estudo da interacción da PF e o ADN, xa que o maior interese recae no seu papel como fluorocromo económico que permita detectar e, noutros casos, cuantificar o ADN amplificado mediante a Reacción en Cadea da Polimerasa (PCR). A formación dun complexo intercalado menos fluorescente pódese observar mediante o uso de técnicas espectroscópicas de absorción Vis-UV e de fluorescencia. Neste traballo realizáronse estudos de caracterización da PF para determinar como a intercalación da PF no ADN está afectada pola forza iónica do medio e pola carga do catión presente no sal. Para iso determináronse as constantes de afinidade da PF co ADN en presenza de diferentes concentracións de sales de Mg2+ e de Na+. Os resultados obtidos demostraron que devandita constante diminúe ao aumentar a forza iónica da disolución e que o Mg2+ produce unha maior diminución na constante de afinidade co Na+. Finalmente, o ADN amplificado mediante LAMP (Loop Mediated Isothermal Amplification) cuantificouse utilizando proflavina como colorante, comparando estes valores cos obtidos empregando outro intercalador e un colorante comercial.
Dirección
NOVO RODRIGUEZ, MARIA DE LA MERCED (Titoría)
Hernández Faria de Moraes, Stella Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MANEIRO MANEIRO, MARCELINO (Secretario/a)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Vogal)