As probas de acceso ás tres universidades galegas (Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) e para persoas maiores de 25 e 45 anos) están organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG). Para solicitar praza, o alumnado debe cumprir algúns dos seguintes requisitos de acceso establecidos no artigo 3 do RD 412/2014:
• Ter un título de bacharelato ou equivalente e superar a proba de acceso á universidade.
• Cumprir os requisitos esixidos para o acceso á universidade nos sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de outros Estados cos que España teña subscrito acordos internacionais nesta materia.
• Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, para maiores de 40 anos con experiencia laboral ou profesional ou a proba para maiores de 45 anos.
• Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensino de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, ou títulos equivalentes.
• Ter un título universitario oficial de grao, máster ou un título dos correspondentes á anterior ordenación do ensino universitario (diplomado universitario, arquitecto técnico, licenciado, arquitecto, enxeñeiro) ou títulos equivalentes.
• Ter cursados estudos universitarios parciais estranxeiros ou españois, ou que, ó finalizar os estudos universitarios estranxeiros, non teñan obtido a súa homologación en España e queiran continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade correspondente recoñeza a lo menos 30 créditos ECTS.
• Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á Lei Orgánica 8/2013, non incluídas nos apartados anteriores.
De maneira xeral existen as seguintes vías de acceso á Universidade:
• Proba de acceso á universidade (ABAU): Unha vez terminado o bacharelato, para poder acceder a un grao universitario débese superar a Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade.
https://ciug.gal/gal/abau
• Acceso desde a Formación Profesional: Se se dispón dun título oficial de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, ou títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados no sistema educativo español, pódese acceder a estudar unha titulación de grao na universidade. As solicitudes ordenaranse segundo a nota media do título de técnico superior realizado sobre un máximo de 10. Se se desexa mellorar a nota de admisión aos estudos de grao, pódese facer a proba da parte voluntaria da ABAU.
https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oiu/desca…
• Proba de acceso para maiores de 25 anos: Poden facer esta proba as persoas que sexan maiores de 25 anos de idade no ano en que se celebre a proba e que non teñan ningunha titulación académica que dea acceso á universidade por outra vía.
• Maiores de 45 anos: Os maiores de 45 anos de idade poden estudar titulacións oficiais de grao despois de superar unha proba de acceso adaptada.
• Acceso maiores de 40: mediante validación da experiencia laboral.
O nivel de cualificación profesional esixido ao solicitante será o correspondente ás cualificacións profesionais das familias profesionais e niveis do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP), elaborado polo Instituto Nacional das Cualificacións (INCUAL)
Por parte da Universidade estableceuse a seguinte relación de familias profesionais e niveis con acceso ao Grao en Bioquímica:
Relación de familias profesionais e niveis con acceso ao grao en Bioloxía
• Química: Nivel 3.
• Sanidade: Nivel 3.